PR-G 14 RUTA DO LOIO
near Paradela, Galicia (España)
Viewed 36 times, downloaded 1 times
Trail photos
Itinerary description
Para facer o PR-G 14, quedámonos en Lugo pero achegámonos á Ribeira Sacra, concretamente a Paradela. Esta rota ten tres accesos, un pola carreteira xeral, outro polo centro de saúde, e outro pola Fervenza da Ruxidoira. Nós imos quedarnos con este último, xa que é o máis atractivo e oficial. Comezamos a rota na entrada de Paradela, e xa de primeiras atoparemos esta bonita fervenza da que falábamos hai uns intres. Continuando un camiño amplio típico de fraga galega, chegaremos a un desvío (esta rota conta con 5 desvíos) que nos levará ata a fonte dun manantial dun rego que desemboca directamente no Río Loio, cauce que acompañaremos durante todo o camiño. Damos volta, e xusto cando cheguemos ao principio do desvío de novo, atoparemos o segundo, que nos baixará ata o Río Loio. O Muiño das Pías, xa medio abandonado nos mostra o fin para o que era empregado. A forza da auga nese lugar é impresionante. Damos media volta e continuamos o camiño. Observaremos un carballo milenario impresionante antes de que outro muiño se tope no noso camiño. Esta vez é unha construcción totalmente restaurada e funcional. Trátase do Muiño da Retorta. Pasado isto, ascenderemos polo monte, por pradeiras e bosques típicos da Ribeira Sacra, con vistas ao outro lado do Loio nalgúns puntos. Continuando polo sendeiro chegamos ao terceiro desvío, que nos levará ata unha bonita ponte, rematando nun muíño enorme pero xa en ruinas. A cuarta bifurcación é unha das máis impresionantes, xa que se seguimos a senda visitaremos o antigo mosteiro de Santa María de Loio, construído nun relieve digno de cabras montesas. Sarcófagos, e unha sepultura son os únicos vestixios que quedan dun lugar construído entre rochas, aproveitando todas elas como paredes dun mosteiro do século IX. O último desvío está moi preto deste último, é o máis pequeno de todos, só para visitar o pobo de Loio, pequeniño e moi atractivo. A rota remata no encoro de Belesar, na desembocadura do río Loio no Miño, onde se atopaba a antiga aldea de Loio, cuberta xa polas augas do encoro.
Waypoints
Waypoint
0 ft
ENTRADA A SUAR (PARADELA) 🡹
ENTRADA A SUAR (PARADELA) 🡹
Fountain
0 ft
FONTE MANANTIAL (SUAR)
FONTE MANANTIAL (SUAR)
Waypoint
0 ft
FRONTEIRA ENTRE SUAR E PARADELA (PARADELA) 🡺
FRONTEIRA SUAR - PARADELA (PARADELA) 🡺
Waypoint
0 ft
ENTRADA A PARADELA (PARADELA) 🡻
ENTRADA A PARADELA (PARADELA) 🡻
Waypoint
0 ft
ENTRADA A SUAR (PARADELA) 🡹
ENTRADA A SUAR (PARADELA) 🡹
Waypoint
0 ft
ENTRADA A CASTRO (PARADELA) 🡸
ENTRADA A CASTRO (PARADELA) 🡸
Waypoint
0 ft
ENTRADA ÁS CORTES (PARADELA) 🡾
ENTRADA ÁS CORTES (PARADELA) 🡾
Ruins
0 ft
RUINAS MOSTEIRO SANTA MARÍA DE LOIO (AS CORTES)
RUINAS MOSTEIRO SANTA MARÍA DE LOIO (AS CORTES)
Waypoint
0 ft
FRONTEIRA ENTRE AS CORTES E LOIO (PARADELA)
FRONTEIRA AS CORTES - LOIO (PARADELA)
You can add a comment or review this trail
Comments