Activity

PR-G 14 Ruta do Loio

Download

Trail photos

Photo ofPR-G 14 Ruta do Loio Photo ofPR-G 14 Ruta do Loio Photo ofPR-G 14 Ruta do Loio

Author

Trail stats

Distance
9.34 mi
Elevation gain
1,798 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,798 ft
Max elevation
1,929 ft
TrailRank 
52 5
Min elevation
1,131 ft
Trail type
Loop
Time
6 hours 14 minutes
Coordinates
1642
Uploaded
January 8, 2022
Recorded
January 2022
  • Rating

  •   5 2 Reviews

near Paradela, Galicia (España)

Viewed 294 times, downloaded 12 times

Trail photos

Photo ofPR-G 14 Ruta do Loio Photo ofPR-G 14 Ruta do Loio Photo ofPR-G 14 Ruta do Loio

Itinerary description

Pouco a pouco un vai aprendendo que hai que elixir rutas recentes para evitar desgustos. A ruta do Loio é un sendeiro que foi homologado hai moitos anos, e claro, un pregúntase polo seu estado de conservación despois de tantos anos. Bicheando pola rede vin comentarios recentes, e indicaban que a ruta estaba en perfecto estado. Alá fomos, e non é que atopásemos unha ruta perfectamente conservada, senón que ademais para nós foi unha autentica xoia.

A ruta do Loio comeza na propia vila de Paradela. Empezámola baixando unhas escaleiras que enlazan nun sendeiro con forte descenso. Este primeiro tramo está moi ben coidado, con pasamáns para evitar caídas ou evitar o medo. En poucos metros e tras atraesar unha pasarela sobre o Loio vemos a fervenza da Rexedoira, salto de auga que forma o río que a ollo debe ter un sete ou oito metros.

Continuamos por unha área de forte descenso, posiblemente estes primeiros 500 metros sexan os que presenten un desnivel máis acusado. O camiño é relativamente ancho, totalmente tapizado polas follas dos carballos e castiñeiros que nos cobren as cabezas. Estamos no inverno, e a fraga cargada de humidade, polo que debemos andar con coidado de non esvarar. Temos que ter especial coidado ao camiñar polas diferentes pontes que nesta ruta cruzan o Loio, a madeira non sempre é a mellor amiga do sendeirista e a posibilidade de esvarón é moi alta.

Ao pouco de pasar a ponte collemos unha pista ancha e cómoda descendente. É unha zona boa de andar, na que atopamos rodeiras de vehículos pois estamos en unha fraga viva, o que nos deixa presente que a explotación forestal lonxe dos monocultivos de eucalipto e piñeiro son rendables. Pouco a pouco seguimos camiñando por pistas e sendeiros ata que atopamos unha pequena derivación cara o muíño de Pías. A sinal indicaba 100 metros, e por aí serían, por un camiño descendente ata o río. O muíño está en ruínas, sen tellado, cuberto de vexetación no seu interior, no que xa faltaba a pedra de moer e o rodicio, pero sí nos permite imaxinarnos o funcionamento, fundamental para unha sociedade agraria de non hai tantos anos.

Retrocedemos e seguimos a marcha por unha paisaxe de soño, cruzamos de novo o Loio pola ponte da Retorta, e entre carballos centenarios chegamos ao muíño da Retorta. Este é un dos emprazamentos máis bonitos de todo o roteiro, unha enorme instalación hidráulica, con catro pedras de moer, o que indica a importancia do muíño no pasado. Está perfectamente restaurado, pechado cando nós pasamos, pero nun entorno idílico, onde a súa mellor versión se contempla dende a ponte de madeira. No camiño, hai unha pequena mesa de madeira que nos pode servir como lugar para avituallarnos.

E seguimos de ponte a ponte. Entre a ponte do muíño da Retorta ata a ponte de Portocarreiro hai uns dous quilómetros. A maior parte do camiño é sendeiro estreito con subidas e baixadas. Temos algunha zona de paisaxe antrópica con prados e vacas pacendo, pero a maior parte do camiño é por unha fraga madura como viñemos recorrendo en toda a xornada. Carballos antiquísimos, castiñeiros centenarios e fendidos formando caracochas, bidueiros e diferentes árbores cubertas por diferentes variedades de musgo que tapizan todo do verde, agás un chan ocre tapado polas follas do inverno.

Nada máis cruzar a ponte achamos as ruinas da vella capela de San Berte de Portocarreiro, da que non vos podo dar ningún dato. Tomamos folgos e subindo unhas escaleiriñas volvemos a recuperar o sendeiro, primeiro ascendente e logo descendente para chegar nun quilómetro á aldea de Loio. Na entrada da aldea sinálase unha pequena derivación ata o antigo mosteiro de Santa María de Loio, nós non fomos debido a que en algún blog leramos que o camiño estaba en mal estado. Alí acharanse escasos restos do que foi o primiero mosteiro en Galicia da Orde dos Cabaleiros de Santiago, orde militar do século XII que velaba pola protección dos peregrinos que camiñaban cara Santiago.

Na aldea de Loio a ruta divídese en dous ramais, collemos o que tira cara a dereita e iniciamos un mini circuito circular que nos devolverá ata este punto. A ruta homologada leva esta direción ata o Miño, si ben, tamén está sinalizada esta variante, moi recomendable. A través de quilómetro e medio de asfalto chegaremos ao final oficial de esta magnifica ruta, na fusión do Loio co Miño no encoro de Belesar.

Pero como vos dixen, nos non rematamos aquí o percorrido, continuamos de volta ata a aldea de Loio agora río arriba. Camiñamos por uns carreiros da plena Ribeira Sacra, socalcos abandoados na súa maior parte, que chegaban ata as augas do río, algún que outro sube e baixa, e unha pequena mesa nun mirador ao río que tamén nos serve para punto de recarga.

Agora sí pouco a pouco imos rematando o circuito, contemplamos a igrexa de Santa María de Loio dende a chamada Corga dos Frades, pequenos camiños que empregaban os cabaleiros para desplazarse. Santa María de Loio, está renovada, e é o único que se conserva da Orde de Santiago.

Pois ben, agora ata Paradela queda desandar o andado. Animádevos a coñecer esta ruta, que non vos vai a deixar indiferente. Ahhh, e xa nos diredes como vos foi!

View more external

Comments  (2)

  • Alexandre S. Jan 9, 2022

    I have followed this trail  View more

    Unha fraga de encanto

  • Djalminha Jan 9, 2022

    I have followed this trail  View more

    Unha gozada de ruta

You can or this trail