PR-G 15 SUBIDA AO MONTE DA MURALLA
near As Miráns, Galicia (España)
Viewed 42 times, downloaded 1 times
Trail photos
Itinerary description
Nova semana, nova rota.
Esta vez vimos cun sendeiro circular de 15Km bastante duro no tramo que nos leva dende o principio ata o miradoiro do Monte da Muralla, xa que é unha subida importante. Comezamos a rota na aldea da Ermida, en Araño (Rianxo), xunto a un parque infantil, e imos ascendendo por camiños húmidos, ao carón do Rego do Campo Treito. A subida é o típico camiño de fraga galega, onde se facemos a rota en inverno, ímonos mollar polas derivacións do río. Polo medio deste camiño poderemos observar unha desviación fóra da rota que nos levará ao Pozo Bastón, unha pequena cascada acabada en poza.
Seguimos subindo atravesando o monte ata chegar, pasando por varias aldeas, ao pico do Monte da Muralla, onde se pode observar toda a Ría de Arousa, a Ría de Muros e Noia, varios faros da Costa e incluso a cidade de Santiago de Compostela. É unha amplia vista panorámica sen ningunha dúbida.
Na baixada poderemos aproveitar para sacar fotos a este monte, amarelo pola flor do toxo e impresionante para a vista.
Na aldea de A Varela teremos que abrir unha porta para continuar o camiño, que debe de ser para que os animáis non escapen da zona. Máis abaixo, toparémonos con fincas de xente que lle gusta mover os marcos e apropiarse dos camiños, moi típico en Galicia, pero poderemos pasar sen ningún tipo de problema. Se seguimos baixando chegaremos de novo a aldea da Ermida para rematar o PR-G 15.

Waypoints
Waypoint
0 ft
A ERMIDA (ARAÑO) (INICIO E FIN PR-G 15)
A ERMIDA (ARAÑO) (INICIO E FIN PR-G 15)
Waypoint
0 ft
ENTRADA A ARAÑO (RIANXO)
ENTRADA A ARAÑO (RIANXO)
Waypoint
0 ft
ENTRADA A SAN XOÁN DE LAÍÑO (DODRO)
ENTRADA A SAN XOÁN DE LAÍÑO (DODRO)
Waypoint
0 ft
ENTRADA A ARAÑO (RIANXO) 🡿
ENTRADA A ARAÑO (RIANXO) 🡿
Waypoint
0 ft
ENTRADA A FRUÍME (LOUSAME) 🡼
ENTRADA A FRUÍME (LOUSAME) 🡼
Waypoint
0 ft
ENTRADA A ARAÑO (RIANXO)
ENTRADA A ARAÑO (RIANXO)
You can add a comment or review this trail
Comments