PR-G 16 CIRCULAR DE NEDA
near Neda, Galicia (España)
Viewed 32 times, downloaded 2 times
Trail photos
Itinerary description
O Circular de Neda é un sendeiro descatalogado por exceso de asfalto no camiño, e pola falta de mantemento nalgunhas zonas, pero iso non nos impedirá disfrutar da Rota.
O PR-G 16 comeza na casa das palmeiras de Neda, e sube por unha estrada ben pronunciada ata A Fábrica do Monte, onde empezaremos a ver entre as árbores as primeiras vistas da Ría de Ferrol. Continuando o camiño chegaremos a unha baixada estreita de campos labrados. A nós tocounos pasar en plena tala de árbores e o camiño non se distinguía ben, pero pasamos sen problemas. Ao chegar abaixo teremos o primeiro contacto co Río Belelle, onde veremos uns muiños restaurados. Continuando pola estrada toparémonos co pazo de Isabel II, antiga fábrica textil que empregaba a forza das augas do Río Belelle para facer funcionar a maquinaria. Seguindo recto pola pista pasaremos por uns muiños nos que antigamente se facía o pan para os nobres. Máis adiante chegaremos á fervenza do Río Belelle, unha das máis altas de Galicia. Impresionante pola forza da caída. Neste punto teremos que retroceder ata a Central Hidroeléctrica, onde comezaremos a subir por un sendeiro que chega ao miradoiro da fervenza. Máis adiante pasaremos polas aldeas tradicionais do Concello de Neda como Santo André de Viladonelle, onde visitaremos a súa igrexa. Faremos exactamente o mesmo en San Pedro de Anca, onde ascenderemos ata un cortalumes para volver a baixar nunha senda empinada. Pasando a aldea de Cruz do Pouso teremos algúns problemas co camiño, xa que está completamente descoidado e non se pode pasar pola vexetación. No track desviámonos moi pouco para poder chegar de novo ao punto máis próximo da rota. Subiremos ao Miradoiro de Ancos, onde veremos a Ría de Ferrol dende a súa parte máis estreita. Dende aí baixaremos polo monte ata o casco antigo de Neda, onde remataremos este PR-G 16.

Waypoints
Waypoint
0 ft
NEDA (NEDA) (INICIO E FIN PR-G 16)
NEDA (NEDA) (INICIO E FIN PR-G 16)
Risk
0 ft
DESVÍO RUTA ORIXINAL
DESVÍO RUTA ORIXINAL
Risk
0 ft
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
Monument
0 ft
PAZO DE ISABEL II (ANCA)
PAZO DE ISABEL II (ANCA)
Waterfall
0 ft
FERVENZA DO RÍO BELELLE (SILLOBRE - VILADONELLE)

Archaeological site
0 ft
CASTRO DE VILADONELLE (VILADONELLE)
CASTRO DE VILADONELLE (VILADONELLE)
Waypoint
0 ft
O PINGADO (VILADONELLE)
O PINGADO (VILADONELLE)
Waypoint
0 ft
A LOBEIRA (ANCA)
A LOBEIRA (ANCA)
Waypoint
0 ft
A CHISQUEIRA (ANCA)
A CHISQUEIRA (ANCA)
Religious site
0 ft
IGREXA DE SAN PEDRO (ANCA)
IGREXA DE SAN PEDRO (ANCA)
Waypoint
0 ft
A CORREDOIRA (ANCA)
A CORREDOIRA (ANCA)
Waypoint
0 ft
A CRUZ DO POUSO (SANTA MARÍA)
A CRUZ DO POUSO (SANTA MARÍA)
Risk
0 ft
DESVÍO RUTA ORIXINAL
DESVÍO RUTA ORIXINAL
Risk
0 ft
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
Archaeological site
0 ft
CASTRO DOS CASTROS (SANTA MARÍA)
CASTRO DOS CASTROS (SANTA MARÍA)
Waypoint
0 ft
AS AUGAS (SANTA MARÍA)
AS AUGAS (SANTA MARÍA)
You can add a comment or review this trail
Comments