PR-G 18 FERVENZA DO TOXA - MOSTEIRO DE CARBOEIRO
near Pazos de Bordén, Galicia (España)
Viewed 55 times, downloaded 4 times
Trail photos
Itinerary description
Hoxe falaremos dunha das rotas máis famosas de Galicia. O PR-G 18.
Descatalogada pola Federación Galega de Montañismo, probablemente polo exceso de zonas asfaltadas na metade do camiño, segue sendo unha rota que non podes perder. Comezamos no Miradoiro da Fervenza do Toxa e pouco a pouco descenderemos ata chegar a ésta. Esta fervenza está considerada a máis alta de Galicia, con 60 metros de altura en varios saltos, onde o maior alcanza os 30 metros. Baixo a fervenza, créase unha poza de grandes dimensións onde no verán, a xente pasa o día refrescándose. Conforme imos baixando, imonos atopando con varias fervenzas máis pequenas, e un bosque de fraga con abundantes árbores autóctonas coma os carballos, bidueiros, salgueiros, etc.
Máis abaixo, cruzaremos unha ponte de metal sobre o Río Deza, pasando do Concello de Silleda ao de Vila de Cruces. Polo camiño, veremos varias aldeas como a de Reboredo, en Merza. Saíndo a estrada principal, chegaremos á Área Recreativa da Carixa, amplo espazo para descansar, con bares e piscinas ao carón do Río Deza. Continuando o camiño, e cruzando o monte, baixaremos ata a Ponte do Demo, fronteira para pasar de novo a Silleda. Conta unha lenda que di que esta ponte foi construída polo demo, por orde dos monxes, garantizando que as crecidas do Río Deza non o tiraran abaixo, a cambio de quedarse coas almas das persoas que o cruzaran entre as horas litúrxicas de Maitíns e vésperas.
Pasando esta ponte, subiremos ata o final do percorrido. O Mosteiro de Carboeiro, construcción do Século X.

Waypoints
Panorama
0 ft
MIRADOIRO DA FERVENZA (PAZOS) (INICIO PR-G 18)

Waypoint
0 ft
A MOA (MERZA)
A MOA (MERZA)
Waypoint
0 ft
CARRÁS (MERZA)
CARRÁS (MERZA)
Waypoint
0 ft
REBOREDO (MERZA)
REBOREDO (MERZA)
Waypoint
0 ft
PARADELA (MERZA)
PARADELA (MERZA)
Waypoint
0 ft
ENTRADA A FONTAO (VILA DE CRUCES)
ENTRADA A FONTAO (VILA DE CRUCES)
Bridge
0 ft
PONTE DO DEMO (CARBOEIRO)
PONTE DO DEMO (CARBOEIRO)
You can add a comment or review this trail
Comments