PR-G 20 CIRCULAR DE CUNTIS
near Cuntis, Galicia (España)
Viewed 32 times, downloaded 1 times
Trail photos
Itinerary description
Hoxe imos falar dunha rota de sendeirismo, que xa non é de sendeirismo, senon de excursionismo. ¿Por qué dicimos isto? Polas trabas que ten.
O track que presentamos non é o da rota orixinal, senon que é un que modificamos nós para atoparnos coas mínimas trabas posibles, respetando as zonas máis significativas.
Falando xa do PR-G 20, comezaremos na igrexa de Cuntis, e iremos dirección Este para pasar polo parque de Maráns. A partir de aquí ascenderemos polos montes da parroquia de Cuntis, e nun desvío poderemos visitar a Fervenza do Hérvedo. Seguimos subindo pouco a pouco o monte, ata chegar a dúas aldeas (Fuxacos e Mesego). Ata aquí, da a sensación de que a rota será fácil, pero aínda non sabemos o que nos espera.
Seguimos avanzando, e en Folgoso teremos que desviarnos do camiño porque está pechado por unha señora. A continuación pasaremos por un camiño con moi boas vistas, que remata nun cortalumes cunha baixada cun desnivel espectacular. Entrando no Concello de A Estrada, chegarán os primeiros problemas.
Na aldea de A Goleta, teremos que saltar unha cerca de arame. Isto teremos que facelo sí ou sí, se queremos continuar a rota, xa que non hai outra forma de pasar. Este arame está pechando un camiño para que non se escape o gando, pero non é unha finca. Este camiño, levaranos entre silvas, ata unha antiga ponte de pedra sobre o Río Umia. A partir de aí voltaremos a subir pola montaña por camiños mellores, aínda que descoidados, onde teremos boas vistas cando os eucaliptos nos deixen. Este camiño rematará nunha estrada asfaltada, que seguiremos e abandonaremos na aldea de Vilar de Mato. Unha vez visitada a aldea, voltaremos outra vez á estrada, que nos levará ata outra aldea por un camiño que na súa primeira parte está bastante descoidado polos restos da tala das árbores. Pouco despóis pasaremos por outro punto de interese. A igrexa de Santa María de Cequeril. A partir de aquí cruzaremos por outra senda diferente á rota, xa que o camiño orixinal está completamente pechado polas silvas. Cruzando varios montes, aldeas e cortalumes, chegaremos de novo á igrexa de Cuntis polo seu Casco Vello.
DEIXAR CLARO QUE SEGUINDO O TRACK NON TEREDES NINGÚN PROBLEMA.

Waypoints
Religious site
0 ft
IGREXA DE SANTA MARÍA (CUNTIS) (INICIO E FIN PR-G 20)

Thermal waters
0 ft
O HOSPITALILLO (CUNTIS)
O HOSPITALILLO (CUNTIS)
Waypoint
0 ft
O PAZO (CUNTIS)
O PAZO (CUNTIS)
Waypoint
0 ft
FUXACOS (CUNTIS)
FUXACOS (CUNTIS)
Risk
0 ft
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
Risk
0 ft
DESVÍO RUTA ORIXINAL
DESVÍO RUTA ORIXINAL
Risk
0 ft
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
Risk
0 ft
SALTAR VALADO
SALTAR VALADO
Risk
0 ft
SILVEIRAS
SILVEIRAS
Archaeological site
0 ft
CALZADA ROMANA DE VILAR DE MATO (CEQUERIL)
CALZADA ROMANA DE VILAR DE MATO (CEQUERIL)
Waypoint
0 ft
VILAR DE MATO (CEQUERIL)
VILAR DE MATO (CEQUERIL)
Risk
0 ft
DESVÍO RUTA ORIXINAL
DESVÍO RUTA ORIXINAL
Risk
0 ft
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
Waypoint
0 ft
FONTENLA (LAXE)
FONTENLA (LAXE)
Risk
0 ft
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
Risk
0 ft
DESVÍO RUTA ORIXINAL
DESVÍO RUTA ORIXINAL
Risk
0 ft
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
Waypoint
0 ft
ROGADÍO (CUNTIS)
ROGADÍO (CUNTIS)
Fountain
0 ft
FONTE DOS CATRO CANOS (CUNTIS)
FONTE DOS CATRO CANOS (CUNTIS)
You can add a comment or review this trail
Comments