Activity

PR-G 210 'Ruta da Casa do Patrón'. Lalín.

Download

Trail photos

Photo ofPR-G 210 'Ruta da Casa do Patrón'. Lalín. Photo ofPR-G 210 'Ruta da Casa do Patrón'. Lalín. Photo ofPR-G 210 'Ruta da Casa do Patrón'. Lalín.

Author

Trail stats

Distance
10.41 mi
Elevation gain
974 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
974 ft
Max elevation
1,863 ft
TrailRank 
54
Min elevation
1,468 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 8 minutes
Time
5 hours 18 minutes
Coordinates
3040
Uploaded
August 27, 2023
Recorded
August 2023
Be the first to clap
Share

near Doade, Galicia (España)

Viewed 20 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofPR-G 210 'Ruta da Casa do Patrón'. Lalín. Photo ofPR-G 210 'Ruta da Casa do Patrón'. Lalín. Photo ofPR-G 210 'Ruta da Casa do Patrón'. Lalín.

Itinerary description

A ruta comeza xunto ao museo etnográfico e centro de actividades Casa do Patrón, en Codeseda, Lalín. Este conxunto é unha iniciativa particular e reúne centos de pezas da cultura tradicional e popular galega. Ten actividades para escolares e outros colectivos e persoas e, tamén, un restaurante por encargo. Moi recomendábeis!!
Nos primeiros pasos da camiñada percorremos as rúas da aldea e imos vendo o coidado co que se recuperaron e adecentaron as construcións, así como cartaces informativos. Dirixímonos a seguir cara a castro de Doade e, antes de chegar tamén podemos observar os restos moi arrasados dunha mámoa, a do Agro do Castro.
O Castro foi parcialmente escavado e apareceron interesantes restos: foxos, muralla, edificacións (casa e posíbeis alboios), cerámica, bronces, restos líticos... Hai cartaces informativos que ilustran sobre o lugar e as prospeccións.
Unha vez de volta, dirixímonos cara o río Asneiro por entre unha boa carballeira. Atopamos un par de fontes (sen tratar).
Logo de pasar o río, sóbese cara o Coto do Presigueiros, atravesando sobre a vía do tren antiga e por baixo da do AVE. Xusto antes de chegar á ponte sobre a vía, hai un punto PERIGOSO: unha capa de cemento no camiño pero que está oca por abaixo, debido a corremento da terra. Está cortado o paso de vehículos cun valo pero non hai cartaz que informe do motivo. Se se pasa cara a parte da vía, non parece haber perigo.
O seguinte punto de especial interese é a igrexa de San Xoán de Vilanova. Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais. Ten tamén algúns canzorros, moi erosionados, e no interior o escudo do XXI Conde de Lemos. Non moi lonxe, hai unha edificación de indianos, posibelmente unha escola e un cruceiro.
Continúa o camiño, atravesando Vilanova e seguindo cara o Castro de Vilanova, este sen escavar.
Agora toca descender ata o nivel do Asneiro, atravesando polo camiño a aldea de San Tomé. Aquí hai un pazo bastante ben conservado aínda que non se lle ven elementos espectaculares, quitando a cheminea. Xunto ao río podemos ir ver un carballo de gran porte e parece que excelente saúde.
Nova costa arriba, pasando pola aldea de Carracedo e baixando de novo para atravesar o río Lebozán. Máis adiante, onde se xuntan o Lebozán verte a súa auga non Asneiro, hai unha xeitosa área de lecer ben acondicionada con grella en caseto cuberto e diversas mesas.
Xa só queda camiñar uns dous quilómetros ata o final da ruta, pasando por outra área de lecer, a dos Muíños.
A mor parte da ruta descorre por entre frondosas carballeiras. Son escasos e breves os treitos de pavimento duro. Os camiños están limpos e está ben sinalizada. É recomendábel, porén, deixarse guiar polo GPS, por se os descoidos... As subidas e baixadas son bastante levadeiras e o desnivel total xa se ve que non é excesivo. Todo depende das condicións de cada persoa, claro!
Ruta entretida, agradable, e accesíbel. Recomendábel!

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,833 ft
Photo ofAparcadoiro Casa do Patrón. Codeseda Photo ofAparcadoiro Casa do Patrón. Codeseda Photo ofAparcadoiro Casa do Patrón. Codeseda

Aparcadoiro Casa do Patrón. Codeseda

PictographMuseum Altitude 1,672 ft
Photo ofCodeseda Photo ofCodeseda Photo ofCodeseda

Codeseda

Photo ofMámoa Agro do Castro Photo ofMámoa Agro do Castro Photo ofMámoa Agro do Castro

Mámoa Agro do Castro

Photo ofCastro de Doade 1 Photo ofCastro de Doade 1 Photo ofCastro de Doade 1

Castro de Doade 1

Photo ofCastro de Doade 2 Photo ofCastro de Doade 2 Photo ofCastro de Doade 2

Castro de Doade 2

Photo ofCastro 3 Photo ofCastro 3 Photo ofCastro 3

Castro 3

Photo ofMuralla Photo ofMuralla Photo ofMuralla

Muralla

PictographFountain Altitude 1,682 ft
Photo ofPía da Cal Photo ofPía da Cal Photo ofPía da Cal

Pía da Cal

PictographIntersection Altitude 1,650 ft
Photo ofDerivación a fonte Photo ofDerivación a fonte

Derivación a fonte

PictographTree Altitude 1,594 ft
Photo ofCarballeira Photo ofCarballeira

Carballeira

PictographRiver Altitude 1,535 ft
Photo ofRío Asneiro Photo ofRío Asneiro Photo ofRío Asneiro

Río Asneiro

PictographBridge Altitude 1,547 ft
Photo ofViaduto ave Photo ofViaduto ave Photo ofViaduto ave

Viaduto ave

PictographInformation point Altitude 1,559 ft
Photo ofCartaces

Cartaces

PictographRisk Altitude 1,637 ft
Photo ofPista oca!! PERIGO Photo ofPista oca!! PERIGO Photo ofPista oca!! PERIGO

Pista oca!! PERIGO

PictographBridge Altitude 1,650 ft
Photo of2 vías Photo of2 vías Photo of2 vías

2 vías

PictographTunnel Altitude 1,728 ft
Photo ofAcueduto

Acueduto

PictographTunnel Altitude 1,623 ft
Photo ofMina de auga

Mina de auga

PictographReligious site Altitude 1,655 ft
Photo ofIgrexa de Vilanova Photo ofIgrexa de Vilanova Photo ofIgrexa de Vilanova

Igrexa de Vilanova

PictographMonument Altitude 1,679 ft
Photo ofCruceiro e escola? de indianos Photo ofCruceiro e escola? de indianos Photo ofCruceiro e escola? de indianos

Cruceiro e escola? de indianos

PictographPhoto Altitude 1,741 ft
Photo ofVilanova

Vilanova

PictographInformation point Altitude 1,836 ft
Photo ofCartaces. Esquerda Photo ofCartaces. Esquerda

Cartaces. Esquerda

Photo ofCastro de Vilanova Photo ofCastro de Vilanova

Castro de Vilanova

PictographFlora Altitude 1,776 ft
Photo ofCorredoira e souto Photo ofCorredoira e souto Photo ofCorredoira e souto

Corredoira e souto

PictographMonument Altitude 1,700 ft
Photo ofSanto Tomé Photo ofSanto Tomé Photo ofSanto Tomé

Santo Tomé

PictographBridge Altitude 1,469 ft
Photo ofPontella Photo ofPontella Photo ofPontella

Pontella

PictographTree Altitude 1,489 ft
Photo ofCarballo de Soutolongo Photo ofCarballo de Soutolongo Photo ofCarballo de Soutolongo

Carballo de Soutolongo

PictographRuins Altitude 1,485 ft
Photo ofMuíño Photo ofMuíño

Muíño

PictographIntersection Altitude 1,512 ft
Photo ofRuta cabalar Photo ofRuta cabalar

Ruta cabalar

PictographRisk Altitude 1,612 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographMonument Altitude 1,618 ft
Photo ofCarracedo Photo ofCarracedo Photo ofCarracedo

Carracedo

PictographTree Altitude 1,608 ft
Photo ofBosque Photo ofBosque Photo ofBosque

Bosque

PictographRisk Altitude 1,652 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographRuins Altitude 1,511 ft
Photo ofMuíño Photo ofMuíño Photo ofMuíño

Muíño

PictographPicnic Altitude 1,512 ft
Photo ofÁrea de lecer do Regueiro Photo ofÁrea de lecer do Regueiro Photo ofÁrea de lecer do Regueiro

Área de lecer do Regueiro

PictographRiver Altitude 1,512 ft
Photo ofPreseira Photo ofPreseira

Preseira

PictographPicnic Altitude 1,524 ft
Photo ofÁrea de lecer Photo ofÁrea de lecer Photo ofÁrea de lecer

Área de lecer

Comments

    You can or this trail