Activity

PR-G 230 : Río Lérez e rego Maneses

Download

Trail photos

Photo ofPR-G 230 : Río Lérez e rego Maneses Photo ofPR-G 230 : Río Lérez e rego Maneses Photo ofPR-G 230 : Río Lérez e rego Maneses

Author

Trail stats

Distance
5.81 mi
Elevation gain
676 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
676 ft
Max elevation
1,133 ft
TrailRank 
55
Min elevation
180 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 11 minutes
Time
4 hours one minute
Coordinates
1549
Uploaded
March 26, 2021
Recorded
March 2021
Be the first to clap
Share

near Fragas, Galicia (España)

Viewed 139 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofPR-G 230 : Río Lérez e rego Maneses Photo ofPR-G 230 : Río Lérez e rego Maneses Photo ofPR-G 230 : Río Lérez e rego Maneses

Itinerary description

Río Lérez - rego Maneses- Praderrei
Camiñamos arredor de 3 horas e media, malia que wikiloc indique 1h 11min.
Telo en conta a hora de facelo.
Se inicia este roteiro, PR- G 230, na Área Recreativa de Lodeiro.
Nada máis chegar vemos a confluencia do rego Meneses no río Lérez, do que é afluente. Fermosísimo lugar.
O camiño pode seguirse buscando as marcas amarelas que , polo xeral, están ben visibles. Ó longo do camiño as veces xorden as marcas do sendeiro azul , e incluso poden estar xuntas as das duas cores, esto pode despistarnos, pero se non nos separamos do río, chegaremos ó final.
Neste camiño hai dous puntos conflictivos : O primeiro aparece os aproximadamente 500 m do inicio , hai que subir á carretera ( PO 231) , cruzala andar 50 m polo arcén e seguir a ruta . O seguinte punto confuso está a uns dous quilómetros do Inicio. Hai que subir hasta a carretera (PO 230) para seguir o rego de Maneses( deixo indicacion nas fotografías). A partir deste punto o Maneses faise máis estreito e agreste, ganando rusticidade e beleza . Neste tramo poidemos ver dous merlos rieiros que botaron a voar en canto nos viron, e un pouco atrás , nunha zona algo despexada, entre a copa das árbores, un ratoneiro na procura de presas.
O rio Maneses está cheo de muiños en ruinas, o que nos fala da riqueza agrícola da que gozou esta zona da provincia de Pontevedra.
A paisaxe da un cambio radical cando levamos 3,8 quilómetros. Deixamos atrás o Maneses e comezamos a subir por empinados tramos de escaleiras e congostras que nos levan ata a Área Arqueolóxica de Campo Lameiro.
A zona de mesas e un bo lugar para pararse a comer e descasar antes de iniciar a baixada camiño de Praderrei.
Hai que pasar unha zona de casas para dirixirnos ó Río Lérez . Este tramo pertenece ó seu curso medio e ofrécenos vista dun Lérez alegre, saltarín, xoven, cheo de pequenísimos saltos entre as desgastadas pedras, pequenas fervenzas e abondosa vexetación de ribeira, e, como non, a pegada humana con antigos muiños abandonados.
O final do percorrido faise sempre á beira do Lerez, por un amplo camiño que nos leva,sen perda, ó lugar onde o comezamos.
Esta é a segunda vez que facemos este camiño que tennos namorados, e é seguro que Voltaremos!

Waypoints

PictographRiver Altitude 372 ft
Photo ofRío Lérez y rego Maneses.

Río Lérez y rego Maneses.

PictographWaypoint Altitude 397 ft
Photo ofCartel explicativo

Cartel explicativo

PictographWaterfall Altitude 392 ft
Photo ofFervenza

Fervenza

Choque das augas dos dous ríos.

PictographWaypoint Altitude 463 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

Sendeiro, nesta parte ben sinalizado.

PictographWaypoint Altitude 478 ft
Photo ofPaso dobre o rego Maneses

Paso dobre o rego Maneses

Paso dobre o rego Maneses

PictographFlora Altitude 471 ft
Photo ofFlora

Flora

Ruscus

PictographWaypoint Altitude 520 ft
Photo ofEscaleiras

Escaleiras

A veces perdemos as marcas amarelas, aparecen as azuis, e logo outra vez as amarelas.

PictographWaterfall Altitude 554 ft
Photo ofFervenza

Fervenza

Nesta cascada vimos un merlo rieiro.

PictographIntersection Altitude 608 ft
Photo ofDesvío

Desvío

Neste lugar hai que atravesar a carretera para seguir o camiño.

PictographFlora Altitude 643 ft
Photo ofFlora

Flora

Abella e flor

PictographFlora Altitude 658 ft
Photo ofFlora

Flora

Musgo e eiruga. Dará en fermosa bolboreta.

PictographBridge Altitude 661 ft
Photo ofPuente

Puente

Pequena axuda para non mollar os pes.

PictographBridge Altitude 691 ft
Photo ofPuente

Puente

Atentos neste punto

PictographWaypoint Altitude 680 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

Segir cara a esquerda e costa arriba.

PictographRiver Altitude 734 ft
Photo ofRego

Rego

Rego de Maneses

PictographWaypoint Altitude 772 ft
Photo ofMuiño

Muiño

Muiño. Aquí asustouse un merlo rieiro ó vernos.

PictographWaypoint Altitude 720 ft
Photo ofEscaleiras

Escaleiras

Escaleiras que nos valonxan do río

PictographRiver Altitude 892 ft
Photo ofRío e muiño

Río e muiño

Auga, auga, auga.

PictographWaypoint Altitude 996 ft
Photo ofSinal

Sinal

Sinal xa cara á Área Arqueolóxica de Campo Lameiro.

PictographWaypoint Altitude 1,013 ft
Photo ofIndicador

Indicador

Se nos sentimos con forza, só hai quecandar 8 quilómetros psra chegar a Cequeril.

PictographWaypoint Altitude 1,013 ft
Photo ofIndicador

Indicador

Pero hoxe mellor seguir o PR -G 230

PictographIntersection Altitude 1,014 ft
Photo ofCamiño

Camiño

Camiño de Cequeril

PictographPicnic Altitude 1,082 ft
Photo ofMerendeiro

Merendeiro

Merendeiro da Área Arqueolóxica de Campo Lameiro.

PictographWaypoint Altitude 1,068 ft
Photo ofCruzamento

Cruzamento

Tomar dirección Praderrei

PictographPhoto Altitude 995 ft
Photo ofFoto

Foto

A contorna.

PictographWaypoint Altitude 848 ft
Photo ofSinal

Sinal

As veces hai que buscar os sinais con perseverancia.

PictographWaypoint Altitude 795 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographPanorama Altitude 795 ft
Photo ofFotografía

Fotografía

O agro.

PictographWaypoint Altitude 554 ft
Photo ofCruzamento

Cruzamento

Xa se escoira a auga.

PictographRiver Altitude 456 ft
Photo ofRío

Río

O Río Lérez

PictographRiver Altitude 435 ft
Photo ofRío

Río

Río Lérez

PictographWaypoint Altitude 438 ft
Photo ofCartel

Cartel

Muiño do vinculeiro

PictographFlora Altitude 444 ft
Photo ofFlora

Flora

Os narcisos silvestres acompañáronnos todo o camiño.

PictographRiver Altitude 468 ft
Photo ofRío

Río

Río Lérez, aquí tranquilo.

PictographWaypoint Altitude 493 ft
Photo ofCartel

Cartel

Atravesar a carretera.

PictographWaypoint Altitude 497 ft
Photo ofCartel

Cartel

Fin do camiño, xusto onde comezamos.

Comments

    You can or this trail