PR-G 27 RUTA DE QUEGUAS
near Venceás, Galicia (España)
Viewed 31 times, downloaded 1 times
Trail photos
Itinerary description
Hoxe falaremos do PR-G 27.
Trátase da Rota de Queguas, situada na Serra do Laboreiro, no Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.
O Camiño non é longo, pero sí que é duro. Recomendamos levar convosco comida e auga para o camiño, e roupa de reposto, xa que estamos nun lugar alto e temos que previr as inclemencias do tempo.
A rota comeza nun aparcadoiro na estrada de Venceáns a Queguas, e baixa ata un camiño húmido que nos leva a Queguas. Alí poderemos ver unha aldea típica do Xurés, co gando paseando pola rúa principal, con casas de dous pisos con establos nos baixos. Ascendendo pola serra pasaremos por unha ermida de importante beleza: A Ermida da Ascensión.
Máis arriba, despóis de cruzarnos con regos que nacen na serra, chegaremos a unha antiga aldea, xa en ruinas, onde un cartel explícanos a forma de vida das persoas que residían alí.
O Camiño continúa ascendendo ata a Casa da Moura, un dolme en perfecto estado de conservación.
As vistas dende este lugar son impresionantes. Rochas xigantes e paisaxes de alta montaña é o que poderemos observar.
Agora toca baixar de novo ata Queguas, acompañados da flora baixa típica da zona, e algún que outro camiño anegado.

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments