PR-G 32 CELANOVA - SERRA DO LABOREIRO
near Celanova, Galicia (España)
Viewed 70 times, downloaded 4 times
Trail photos
Itinerary description
O PR-G 32 é unha das rutas que máis tempo leva descatalogada, non obstante, os camiños están en perfectas condicións. O que é bastante pobre é a sinalización, que só se mantén en bo estado ao pasar polos pobos, aínda que de cando en vez, atopamos marcas que nos indican que imos polo trazado correcto.
Esta ruta comeza en Celanova, ao carón do cuartel da Garda Civil. Alí podemos deixar o coche sen problema. Empezamos camiñando cara o oeste por varias rúas e camiños que nos levarán ata o Castro de Castromao, asentamento celta que data do século VI ou V antes de cristo e que estivo habitado ata o século II. Os dous últimos séculos presenta unha evidente romanización.
Saíndo deste poboado cara o suroeste e cruzando unha estrada, atoparemos unha recreación de como se vivía nos castros nestes séculos. Continuamos por una pista longa pasando ao carón de varias pradeiras ata atopar a estrada xeral, pola que continuaremos xirando á dereita durante pouco máis de 2,5Km.
Pasando unha ponte dun regato, subiremos por un camiño asfaltado ata chegar á igrexa do Alcázar de Milmanda, onde teremos unhas bonitas vistas de outra igrexa, a de Santa Eufemia de Milmanda. Ata alí baixaremos por un camiño.
A estrada volve estar presente na ruta, pero esta vez por menos tempo.
Agora subiremos polo seguinte desvío de asfalto á esquerda, e por un camiño longo en ascenso, chegaremos a Bangueses de Arriba.
Bangueses de Abaixo é o último lugar habitado polo que pasaremos. A partir de aí, é todo unha subida en gran pendente pola Serra do Laboreiro, lugar con bonitos paisaxes, e dende onde podemos ver o alto de Penagache, fin da anterior ruta, e entre vacas cachenas e toxos nas beiras dos camiños, remataremos na fronteira con Portugal.
Recomendamos facer esta ruta en días longos, en dúas partes ou levar dous coches, xa que non é un sendeiro circular e pode facérsenos de noite.

Waypoints
Waypoint
2,395 ft
ENTRADA A ACEVEDO DO RÍO (CELANOVA)
ENTRADA A ACEVEDO DO RÍO (CELANOVA)
Waypoint
2,316 ft
ENTRADA A ALBOS (VEREA)
ENTRADA A ALBOS (VEREA)
Waypoint
2,295 ft
ENTRADA A ACEVEDO DO RÍO (CELANOVA)
ENTRADA A ACEVEDO DO RÍO (CELANOVA)
Waypoint
2,288 ft
ENTRADA A ALBOS (VEREA)
ENTRADA A ALBOS (VEREA)
Religious site
2,274 ft
IGREXA DO ALCÁZAR DE MILMANDA (ALCÁZAR DE MILMANDA)
IGREXA DO ALCÁZAR DE MILMANDA (ALCÁZAR DE MILMANDA)
Religious site
2,056 ft
ERMIDA DE SANTA MADALENA (MILMANDA)
ERMIDA DE SANTA MADALENA (MILMANDA)
Summit
4,028 ft
SERRA DO LABOREIRO (BANGUESES) (FIN PR-G 32)

You can add a comment or review this trail
Comments