PR-G 33 BANDE - SERRA DO LABOREIRO
near Bande, Galicia (España)
Viewed 33 times, downloaded 2 times
Trail photos
Itinerary description
🚶♂️Hoxe traemos ruta. Trátase do PR-G 33 "BANDE - SERRA DO LABOREIRO".
É unha ruta lineal de 16,6Km que comeza na Praza do Concello de Bande subindo as escaleiras deste para alcanzar á rúa de arriba, pasando ao carón do Colexio Xoaquín Lourenzo Xocas.
Atopámonos na parroquia de Bande, na Vila do mesmo nome, e non tardaremos en sair dela para pasar pola aldea de Martiñán, onde, pasando ésta, veremos o seu Peto de Ánimas, construído en 1789.
Continuamos baixando cara a estrada para meternos á esquerda e chegar a un camiño en mal estado, pero pasable. Alí atoparémonos cunha pequena ponte que cruza a Corga de Bande. Cruzando éste, seguiremos un camiño, xa en mellor estado ata a aldea de Sarreaus, unha aldea de 56 habitantes curriña polas súas casas baixas e xuntiñas típicas deste tipo de zonas.
Saíndo de Sarreaus, veremos outro peto de ánimas, restaurado fai pouco despóis de que un camión o levara por diante.
Agora colleremos outro camiño ata a aldea de Seoane de tan só 13 habitantes. Seoane é un topónimo que procede do latín, e quere dicir San Xoán.
Pasando esta aldea, teremos que andar un treito pola estrada asfaltada e, sairemos de Bande para entrar na parroquia de Corvelle, tamén no concello de Bande.
Nada máis entrar, veremos A Ponte Nova, unha ponte de case 3 séculos de antigüidade que conecta as aldeas de Corvelle e Pereira.
En Pereira entraremos agora, primeiro mirando a Capela de Santa María Madanela de estilo Barroco.
Pereira é unha gran aldea que conta con diversos barrios e diversas fontes.
O forno comunal é unha construcción que destaca na aldea, utilizado fai tempo para facer pan, foi un escondite de mendigos e contrabandistas. Agora fai funcións de Centro Cultural.
O último que veremos, será unha casa singular no barrio de Pereira, que destaca polo seu patín de madeira na entrada.
Seguindo a estrada e varias fontes, chegaremos á parroquia de Parada, xa no Concello de Lobeira. O que nos queda da ruta é subir por 12Km unha pista por toda a Serra do Laboreiro, pasando por bosques de Abetos e polas parroquias de Parada e Corvelle, ata entrar na Fraga, tamén en Lobeira, e rematar na fronteira con Portugal.

Waypoints
Risk
2,554 ft
DESVÍO RUTA ORIXINAL
DESVÍO RUTA ORIXINAL
Risk
2,541 ft
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
RETOMAMOS RUTA ORIXINAL
Waypoint
2,559 ft
FRONTEIRA ENTRE BANDE E CORVELLE (BANDE)
FRONTEIRA BANDE - CORVELLE (BANDE)
Waypoint
2,529 ft
ENTRADA A CORVELLE (BANDE)
ENTRADA A CORVELLE (BANDE)
Religious site
2,673 ft
CAPELA DE SANTA MARÍA MADANELA (CORVELLE)

Photo
2,677 ft
FORNO COMUNAL DE PEREIRA (CORVELLE)
FORNO COMUNAL DE PEREIRA (CORVELLE)
Photo
2,672 ft
CASA NA MOREIRA DE PEREIRA (CORVELLE)
CASA NA MOREIRA DE PEREIRA (CORVELLE)
Summit
4,095 ft
SERRA DO LABOREIRO (A FRAGA) (FIN PR-G 33)

You can add a comment or review this trail
Comments