PR-G 39 FRAGA DAS REIGADAS
near Barreiros, Galicia (España)
Viewed 26 times, downloaded 2 times
Trail photos
Itinerary description
Esta vez traemos o PR-G 39 na Pontenova, chamada Fraga das Reigadas.
Comezaremos a andar bastante elevados, na aldea de Zarro de Pedro e baixaremos case en picado ata o Rego do Mazo de Barreiros.
Dende aí continuaremos río abaixo pola fraga ata chegar a súa desembocadura no Rego de Bounote.
A ruta é seguir sempre cara diante. Pode ser confusa porque coincide durante 3/4 de camiño con outra.
Seguindo este rego, poderemos ver árbores como abeleiras, carballos (algún centenario), castiñeiros, etc.
Tras pasar unha ponte dunha pequena estrada, seguiremos cara arriba nunha zona de alta dificultade, polo que deberedes ter coidado.
Agora desviarémonos cara a Fervenza das Reigadas, un pequeno salto de auga ao carón dun muíño restaurado, na que poderemos subir a través dunha escaleira de man ata a parte de arriba da fervenza.
A partir de aquí, seguiremos o Rego de Bounote ata o Rego das Reigadas, xa na antiga aldea de Bogo, lugar fantasma no que existe unha ferrería histórica que podemos visitar se nos cadra aberta.
O último tramo da ruta é subir e baixar estradas, pasando por aldeas, pero aínda nos queda un bonito reto. No Rego das Reigadas hai unha ponte feita a man na que teremos que subir a un pao, e cruzar agarrándonos a outro pao máis elevado. É algo divertido, pero despóis teremos que pasar uns 20 metros de camiño enmarañado. Non obstante, esta ruta ten un desvío pola estrada para non facer este treito. Iso depende do aventureiros que sexades.
Os últimos pasos darémolos cara a tenda de Manolo, un lugar dunha aldea chamada A Ermida.
Se pretendedes facer esta ruta de ida e volta, prepararvos para a subida porque non é nada doada.

Waypoints
Waypoint
646 ft
ENTRADA A BOGO (A PONTENOVA)
ENTRADA A BOGO (A PONTENOVA)
Waypoint
482 ft
ENTRADA A VILABOA (A PONTENOVA)
ENTRADA A VILABOA (A PONTENOVA)
Waypoint
478 ft
ENTRADA A BOGO (A PONTENOVA)
ENTRADA A BOGO (A PONTENOVA)
Waypoint
456 ft
ENTRADA A VILABOA (A PONTENOVA)
ENTRADA A VILABOA (A PONTENOVA)
Risk
453 ft
PUENTE PARA AVENTUREROS
PUENTE PARA AVENTUREROS
Waypoint
453 ft
ENTRADA A BOGO (A PONTENOVA)
ENTRADA A BOGO (A PONTENOVA)
Risk
447 ft
ZONA EN MAL ESTADO
ZONA EN MAL ESTADO
Waypoint
456 ft
ENTRADA A VILABOA (A PONTENOVA)
ENTRADA A VILABOA (A PONTENOVA)
Waypoint
403 ft
A PANTURREIRA (VILABOA)
A PANTURREIRA (VILABOA)
You can add a comment or review this trail
Comments