Activity

Praia de Barayo- Cascada Pozo Fero (Valdés)

Download

Trail photos

Photo ofPraia de Barayo- Cascada Pozo Fero (Valdés) Photo ofPraia de Barayo- Cascada Pozo Fero (Valdés) Photo ofPraia de Barayo- Cascada Pozo Fero (Valdés)

Author

Trail stats

Distance
5.23 mi
Elevation gain
935 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
935 ft
Max elevation
307 ft
TrailRank 
42
Min elevation
-10 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 13 minutes
Time
3 hours 17 minutes
Coordinates
1460
Uploaded
December 8, 2023
Recorded
December 2023
Be the first to clap
Share

near Vigo, Asturias (España)

Viewed 10 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofPraia de Barayo- Cascada Pozo Fero (Valdés) Photo ofPraia de Barayo- Cascada Pozo Fero (Valdés) Photo ofPraia de Barayo- Cascada Pozo Fero (Valdés)

Itinerary description

Ruta circular desde Parking Playa Barayo pasando por:
- Mirador Barayo (1.1 km)
- Puente rio Barayo (1.7 km)
- Cascada Pozo Fero (5.7 km)
Interesante e moi fermosa ruta costeira e fluvial.
Partindo do aparcadoiro que está ao pé da praia de Barayo, intentamos baixar á mesma por unhas rústicas escaleiras despois de percorrer uns 200m.por un carreiro. Cando xa estabamos a piques de rematar a baixada tivemos que volver subir porque debíamos cruzar o río Barayo que desemboca nesta praia e levaba moita auga (hai que cruzalo a pé) Penso que o acceso á praia por este lado só é posible cando as mareas son grandes e está moi baixa.
Fomos polo outro acceso(está indicado) que é moito máis largo pero é precioso, por un camiño rodeado de árbores e despois de chegar a un muíño ruinoso e cruzar unha ponte sobre o río Barayo, entramos na zona de marismas polo medio dun fermoso bosque que debido á moita chuvia destes últimos tempos tiña tramos totalmente anegados que salvamos indo por sendeiros alternativos e xa moi pateados.
Chegar á Praia de Barayo e tela para nós solos foi algo marabilloso. Poidemos adentrarnos nas covas que hai, chamadas As Santinas e que ofrecen todo un espectáculo de cores: amarelo, ocre, marrón, verde... Moi fermoso!!
Este enclave todo é Reserva Natural Parcial e ten dunas, marismas, bosques, acantilados e moitas plantas e fauna que fai que sexa unha Paisaxe Protexida.
Voltamos ata a ponte anterior sobre o río e pillamos un ancho camiño á esquerda ao pé do río entre unha frondosa vexetación e tramos anegados que fomos sorteando (para facer sendeirismo semptre hai que ir coa roupa e sobre todo co calzado axeitado)
Chegamos á Cascada do Pozo Fero que non é moi alta pero a súa caída en dous saltos e a forza que trae a auga (por algo se lle chama "fero") unido a un entorno bucólico fai que esta visita sexa imprescindible se amamos este tipo de paisaxe natural.
En lugar de voltar polo mesmo sitio, subimos ata o outro aparcadoiro moi próximo e xa dende aí, uns metros por estrada e logo por un camiño, chegamos deseguida ao punto de inicio.
Unha ruta fabulosa e moi recomendable!!

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 210 ft
Photo ofPraia de Barayo

Praia de Barayo

A praia de Barayo foi considerada no 2022 como a mellor de España segundo o xornal británico The Times. É una praia salvaxe, illada á que non chegan os vehículos, de area moi fina e en cor oscuro. Rodeada de acantilados, na súa parte leste, ceca das covas, practícase o nudismo. Ten un sistema de dunas e marismas de gran valor.

PictographBridge Altitude 27 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographBridge Altitude 25 ft
Photo ofPuente rio Barayo

Puente rio Barayo

PictographWaypoint Altitude 11 ft
Photo ofCamiño

Camiño

PictographWaypoint Altitude 14 ft
Photo ofAuga

Auga

Debido ás recentes e moitas chuvias, o camiño tiña tramos inundados.

PictographWaypoint Altitude 19 ft
Photo ofCovas

Covas

Covas chamadas Las Sántinas que só se pode acceder a elas cando a marea non está moi chea.

PictographWaypoint Altitude 121 ft
Photo ofPraia de Barayo

Praia de Barayo

PictographWaypoint Altitude 53 ft
Photo ofRío Barayo

Río Barayo

O río Barayo é o límite natural entre os concellos de Navia e Valdés, é un río moi curto que nace no concello de Navia e que forma na súa desembocadura un espectacular estuario.

PictographWaypoint Altitude 107 ft
Photo ofZona inundable

Zona inundable

PictographWaypoint Altitude 87 ft
Photo ofCerro del Castán

Cerro del Castán

PictographWaypoint Altitude 165 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 207 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 132 ft
Photo ofPozo Fero

Pozo Fero

Formada polo río Barayo, a cascada de Pozo Fero é moi descoñecida e sen ningunha sinalización para chegar a ela. Non é alta pero a auga baixa con moita forza e o entorno é precioso!!

PictographWaypoint Altitude 239 ft
Photo ofVistas

Vistas

Entre esa paisaxe descurre o río Barayo. Ao fondo, o Cantábrico

PictographWaterfall Altitude 303 ft
Photo ofAparcadoiro

Aparcadoiro

Outro aparcadoiro de Barayo. Aquí empeza oficialmente a Senda Costeira Naviega.

PictographWaypoint Altitude 285 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographWaypoint Altitude 281 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographWaypoint Altitude 248 ft
Photo ofDereita

Dereita

Comments

    You can or this trail