Activity

PRG 238 Ruta dos Petroglifos de Teo (Teo 2019-05-25)

Download

Trail photos

Photo ofPRG 238 Ruta dos Petroglifos de Teo (Teo 2019-05-25) Photo ofPRG 238 Ruta dos Petroglifos de Teo (Teo 2019-05-25) Photo ofPRG 238 Ruta dos Petroglifos de Teo (Teo 2019-05-25)

Author

Trail stats

Distance
7.38 mi
Elevation gain
663 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
663 ft
Max elevation
1,241 ft
TrailRank 
74 4.7
Min elevation
620 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 12 minutes
Coordinates
1519
Uploaded
May 25, 2019
Recorded
May 2019
  • Rating

  •   4.7 1 review
Be the first to clap
2 comments
Share

near Cornide, Galicia (España)

Viewed 789 times, downloaded 33 times

Trail photos

Photo ofPRG 238 Ruta dos Petroglifos de Teo (Teo 2019-05-25) Photo ofPRG 238 Ruta dos Petroglifos de Teo (Teo 2019-05-25) Photo ofPRG 238 Ruta dos Petroglifos de Teo (Teo 2019-05-25)

Itinerary description

Interesante ruta recien homologada pola Federacion Galega de Montaña, que nos mostra parte do patrimonio historico que posúe Teo.
Paisajisticamente non ofrece demasiado, pero faise entretida e curiosa. Á vez que facil.
Dende a Ramallosa (Teo) pola DP-0205 ata Cornide.
Dende Santiago pola N-550 ata a DP-0205, e logo continuar ata Cornide.
Puntos de interese: Cornide, muíño de Cornide, petróglifos de Cornide, petróglifos do Outeiro do Corno, petróglifos do Fondao, dá Pena Bicuda de Loureiro, de Outeiro Piquiño, do Trono dá Raíña, dá Pena Bicuda de Regoufe e petróglifos do Meau.
Este sitio arqueolóxico representa unha dás áreas de maior importancia en Galicia, e sen igual na Comarca de Compostela, pola gran densidade de xacementos de mámoas e petróglifos existentes e polas características dalgúns deste gravados. Son moi relevantes vos petróglifos do Río de Angueira ou de Monte de Cornide, cun conxunto de escenas de monta, unha delas sobre un cervo; ou petróglifo de Outeiro do Corno I, de gran importancia e recoñecemento na comunidade galega, que amosa na súa parte central un motivo cuadrangular segmentado acompañado dunha daga; e tamén vos petróglifos de Pedra Bicuda de Loureiro que representan numerosos gravados xeométricos de gran porte (combinacións circulares e espirais) e figurativos (cervos e cánidos).

Pese a ter algún pequeno tramo de asfalto, a inmensa mayoria é de terra. Moi ben sinalizado e mantido. Pódese facer en bicicleta completamente.
No verán ter en conta que non dispón de auga en ningún punto e a parte alta da ruta está totalmente despexada.

valoración MIDE

SEVERIDADE DO MEDIO NATURAL 2
ORIENTACIÓN NO ITINERARIO 2
DIFICULTADE NO DESPRAZAMENTO 2
CANTIDADE DE ESFORZO NECESARIO 3

HORARIO: 3.45H
DESNIVEL SUBIDA 202
DESNIVEL BAJADA 202
DISTANCIA: 11.9
TIPO DE PERCORRIDO: CIRCULAR

Waypoints

PictographReligious site Altitude 713 ft
Photo ofCapela Dos Milagros Photo ofCapela Dos Milagros Photo ofCapela Dos Milagros

Capela Dos Milagros

PictographWaypoint Altitude 709 ft

Cornide

PictographWaypoint Altitude 1,189 ft

Cruce ízda

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Indica

PictographWaypoint Altitude 1,185 ft

Indicaciones

PictographWaypoint Altitude 1,191 ft

Info

PictographRiver Altitude 623 ft
Photo ofMuino Photo ofMuino Photo ofMuino

Muino

PictographRiver Altitude 693 ft
Photo ofMuiño2 Photo ofMuiño2 Photo ofMuiño2

Muiño2

PictographRiver Altitude 659 ft
Photo ofmuiño Photo ofmuiño Photo ofmuiño

muiño

Photo ofP bicuda d loureiro Photo ofP bicuda d loureiro Photo ofP bicuda d loureiro

P bicuda d loureiro

Petróglifos da Pena Bicuda de Loureiro De gran importancia, este conxunta mostra combinacións circulares, espirais e motivos zoomórficos, así como posibles representacións de armas ou serpes.

Photo ofpetroglifo de cornide Photo ofpetroglifo de cornide Photo ofpetroglifo de cornide

petroglifo de cornide

Petróglifos de Cornide ou do Río Angueira 1 e 2 Son dúas estacións moi próximas entre si. A estación 1 destaca por composicións e combinacións circulares. A estación 2 ten motivos principalmente zoomórficos e de monta e al menos unha delas sobre un cervo.

Photo ofPetroglifo de meau Photo ofPetroglifo de meau Photo ofPetroglifo de meau

Petroglifo de meau

Petróglifos do Meau Facilmente observables no lateral do penedo, representan círculos concéntricos. Dáse a coincidencia de que dende este miradoiro, no solsticio de inverno, pódese apreciar que o sol sae xusto detrás do Trono da Raíña (Outeiro do Ledo) e que os raios alumean os petróglifos do Meau por estaren orientados nun plano inclinado cara ao nacente.

Photo ofPetroglifos de outeiro piquiño 1 y 2 Photo ofPetroglifos de outeiro piquiño 1 y 2 Photo ofPetroglifos de outeiro piquiño 1 y 2

Petroglifos de outeiro piquiño 1 y 2

Petróglifos de Outeiro Piquiño 1 e 2 As dúas estacións de Outeiro Piquiño están moi próximas pero foron identificadas en momentos moi distintos. Representan círculos simples e coviñas e círculos concéntricos.

Photo ofPetroglifo de pena bicude d regoufe Photo ofPetroglifo de pena bicude d regoufe Photo ofPetroglifo de pena bicude d regoufe

Petroglifo de pena bicude d regoufe

Petróglifos da Pena Bicuda de Regoufe No ano 1953 dáse referencia no “Noticiario Arqueólogico Hispánico” destes petróglifos por parte do estudoso e investigador Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza.

Petroglifo de trono da raíña

Petróglifo do Trono da Raíña Lugar de excepcionais vistas. Petróglifo con círculos concéntricos.

Photo ofPetróglifos Outeiro do Corno 2 e 3 Photo ofPetróglifos Outeiro do Corno 2 e 3 Photo ofPetróglifos Outeiro do Corno 2 e 3

Petróglifos Outeiro do Corno 2 e 3

Petróglifos Outeiro do Corno 2 e 3 Estación 2. Situados na parte alta do monte xunto ao camiño, está moi erosionada e mostra liñas horizontais e verticais, así coma algúns círculos concéntricos. Estación 3. Con inscricións cuadrangulares divididas.

Photo ofPetroglifo cruciforme Photo ofPetroglifo cruciforme Photo ofPetroglifo cruciforme

Petroglifo cruciforme

Petróglifo Histórico Cruciforme Trátase dun sinal en forma de cruz, que podería representar o linde das parroquias limítrofes.

Photo ofPetroglifo de outeíro d como 1 Photo ofPetroglifo de outeíro d como 1 Photo ofPetroglifo de outeíro d como 1

Petroglifo de outeíro d como 1

Petróglifos Outeiro do Corno 1 Este é un dos gravados máis interesantes de Teo. Este tipo de debuxo coñecese na Península Ibérica como “Tipo Peña Tú” por un petróglifo que se atopa en Llanes (Asturias). Esta representación teense dálle nome á variante galega como “Tipo Outeiro do Corno”.

Comments  (2)

  • Photo of Pilar Alfonsín
    Pilar Alfonsín Sep 11, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    He seguido tu track y tu info. Gracias por compartir. Ruta fácil, agradable y de interés

  • Photo of manumkds
    manumkds Sep 11, 2021

    Cierto Pilar, es una ruta sin complicaciones y muy entretenida, creo que lo ideal sería hacerla de noche y con el grupo que no me acuerdo cómo se llama que hace jornadas explicando lo que vemos. Gracias por tu comentario😜👏☺️

You can or this trail