Activity

Quintela de Humoso. Ruta do Pai Eterno. Viana do Bolo

Download

Trail photos

Photo ofQuintela de Humoso. Ruta do Pai Eterno. Viana do Bolo Photo ofQuintela de Humoso. Ruta do Pai Eterno. Viana do Bolo Photo ofQuintela de Humoso. Ruta do Pai Eterno. Viana do Bolo

Author

Trail stats

Distance
7.39 mi
Elevation gain
1,634 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,634 ft
Max elevation
3,734 ft
TrailRank 
51
Min elevation
2,475 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 44 minutes
Time
4 hours 4 minutes
Coordinates
2121
Uploaded
July 17, 2022
Recorded
July 2022
Be the first to clap
Share

near Quintela de Humoso, Galicia (España)

Viewed 71 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofQuintela de Humoso. Ruta do Pai Eterno. Viana do Bolo Photo ofQuintela de Humoso. Ruta do Pai Eterno. Viana do Bolo Photo ofQuintela de Humoso. Ruta do Pai Eterno. Viana do Bolo

Itinerary description

Ruta circular, sinalizada, que comeza a carón do santuario do Pai Eterno na aldea de Quintela de Umoso, concello de Viana do Bolo. Descorre, mormente, por camiños limpos de maleza, por entre touzas e soutos. A parte alta é máis descuberta; poden ser uns dous quilómetros e medio. Nas aldeas hai billas onde aprovisionarse de auga e tamén hai no principio...
Como elementos interesantes da camiñada (aínda que isto é subxectivo) anoto as paisaxes, magníficas e lonxincuas, nunha contorna aínda bastante autóctona. Alcánzase a ver a Serra de Queixa e o que parecen ser os montes dou Courel...
Forman parte desta paisaxe os soutos de grandes castiñeiros pluricentenarios e algún carballo enorme na parte máis baixa, xunto ao río Bibei.
Outro contido atractivo son as aldeas e os elementos arquitecturais populares.
As igrexas de Tabazoa e Umoso mostran unhas características rústicas (por dicilo así, e sen ánimo pexorativo) que lles dan aspecto de autenticidade.
O pazo de Umoso é un edificio impresionante que sinala o poderío que tivo esta casa no seu momento. Mágoa de certos elementos anexados e, aínda que non está abandonado de todo, un mor mantemento. A fachada da súa capela atrae a atención. No mesmo barrio do pazo hai outras casonas que, no seu tempo, formaron parte da propiedade.
O santuario do Pai Eterno congregaba en tempos pasados multitude de asistentes no día da romaxe. É un edificio barroco, de importante volume, e no que destaca o sineiro, moi alto e traballado. Estas dimensións fan que sexa observable dende toda a contorna. É un elemento que destaca e domina (para iso foi feito, claro). No recinto existen tamén outras construcións para servizo dos romeiros e tamén unha zona de merenda moi xeitosa, á sombra da arboreda. Como queda dito, tamén hai unha toma de auga.
Ruta moi fermosa e cun certo punto de dureza polo desnivel acumulado. Pode suprimirse (perdendo ese elemento moi interesante) a visita de ida e volta ao "Pai de todos os rebolos", ese carballo enorme a carón do río. Esta parte é bastante costenta. Polo demais, pode ser indicada tanto para días de sol coma incluso para días de mal tempo por ir gran parte abrigada pola arboreda. Totalmente recomendable!

Waypoints

PictographReligious site Altitude 2,964 ft
Photo ofPai Eterno de Umoso Photo ofPai Eterno de Umoso Photo ofPai Eterno de Umoso

Pai Eterno de Umoso

PictographPanorama Altitude 3,043 ft
Photo ofPanorámica. Photo ofPanorámica.

Panorámica.

PictographTree Altitude 3,029 ft
Photo ofSouto Photo ofSouto Photo ofSouto

Souto

PictographPhoto Altitude 3,088 ft
Photo ofVilar de Goia Photo ofVilar de Goia Photo ofVilar de Goia

Vilar de Goia

PictographPanorama Altitude 3,378 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPanorama Altitude 3,630 ft
Photo ofPanorámica cara Viana e a Serra de Queixa Photo ofPanorámica cara Viana e a Serra de Queixa Photo ofPanorámica cara Viana e a Serra de Queixa

Panorámica cara Viana e a Serra de Queixa

PictographFauna Altitude 3,667 ft
Photo ofRabaño con cans Photo ofRabaño con cans Photo ofRabaño con cans

Rabaño con cans

PictographPhoto Altitude 3,632 ft
Photo ofTabazoa Photo ofTabazoa Photo ofTabazoa

Tabazoa

PictographReligious site Altitude 3,603 ft
Photo ofIgrexa de Tabazoa Photo ofIgrexa de Tabazoa Photo ofIgrexa de Tabazoa

Igrexa de Tabazoa

PictographRisk Altitude 3,282 ft
Photo ofEstrada (pequeno anaco)

Estrada (pequeno anaco)

PictographIntersection Altitude 2,908 ft
Photo ofDerivación

Derivación

PictographTree Altitude 2,525 ft
Photo ofCarballos grandes e río Photo ofCarballos grandes e río Photo ofCarballos grandes e río

Carballos grandes e río

PictographMonument Altitude 2,755 ft
Photo ofPazo de Umoso Photo ofPazo de Umoso Photo ofPazo de Umoso

Pazo de Umoso

PictographReligious site Altitude 2,648 ft
Photo ofIgrexa de Umoso Photo ofIgrexa de Umoso Photo ofIgrexa de Umoso

Igrexa de Umoso

PictographPanorama Altitude 2,746 ft
Photo ofPanorámica de Umoso Photo ofPanorámica de Umoso Photo ofPanorámica de Umoso

Panorámica de Umoso

Comments

    You can or this trail