Activity

S. Xoán da Cova.(Vedra)

Download

Trail photos

Photo ofS. Xoán da Cova.(Vedra) Photo ofS. Xoán da Cova.(Vedra) Photo ofS. Xoán da Cova.(Vedra)

Author

Trail stats

Distance
7.92 mi
Elevation gain
502 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
305 ft
Max elevation
450 ft
TrailRank 
40
Min elevation
130 ft
Trail type
One Way
Moving time
3 hours 24 minutes
Time
5 hours 44 minutes
Coordinates
2261
Uploaded
January 15, 2023
Recorded
January 2023
Share

near Sarandón, Galicia (España)

Viewed 145 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofS. Xoán da Cova.(Vedra) Photo ofS. Xoán da Cova.(Vedra) Photo ofS. Xoán da Cova.(Vedra)

Itinerary description

NON se debe facer esta ruta se días antes chove moito porque para nós, que a fixemos nesas condicións( choveu bastante en días pasados) supuxo toda unha aventura. Tivemos que apartarnos moitas veces do trazado e buscar alternativas algo máis lonxe do río, ás veces camiñando entre silvas.
En dous regos que hai afluentes do Ulla que teñen pontes para cruzalos, a auga as sobrepasaba moito e tivemos que buscar por onde pasar os regos, nunha ocasión foi fácil por un prado algo máis arriba pero na outra ponte...cruzamos por riba duns troncos que había no rego con moita dificultade e algunhas probaron a auga...
Enfín...dende logo o que non foi a ruta é monótona. A pesares das dificultades e por esta razón, foi ben entretida.
Xantamos en Ponte Ulla na Taberna de Gundián e despois, para ir ata o Miradoiro de Gundián onde rematamos, xa non fomos pola ruta oficial porque eso supoñía voltar á beira do río e xa nos chegara por hoxe a parte fluvial...
Así que fomos pola estrada. (1'5 km. aprox.) e case xa chegando ao final enlazamos co percorrido oficial.
A ruta está ben sinalizada e non ten perda, pero como digo, nós tivemos que apartarnos varias veces do traxecto marcado xa que estaba totalmente inundado.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 133 ft
Photo ofÁrea recreativa de Cubelas

Área recreativa de Cubelas

Nesta área recreativa empezamos a ruta que ao ser lineal tamén se pode empezar no Miradoiro de Gundián, onde rematamos.

PictographWaypoint Altitude 156 ft
Photo ofPonte de Ximonde

Ponte de Ximonde

Contruido en 2012 une o concello de Vedra co da Estrada. É accesible para minusválidos e ten chan antideslizante. Esta ponte sustitueu a outro que levou unha riada no 2001.

PictographWaypoint Altitude 145 ft
Photo ofCentro ictiolóxico.

Centro ictiolóxico.

Un centro ictiolóxico está dedicado á cría e reproducción de salmóns. Aquí contrólase a migración dos salmóns do río ao mar e viceversa. Púxose a funcionar no 1992. Antes, ese edificio era un gran muíño de tres rodicios.

PictographWaypoint Altitude 135 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 145 ft
Photo ofDesvío

Desvío

Tivemos que apartarnos do río en varias ocasións pola enchente que traía.

PictographWaypoint Altitude 140 ft
Photo ofMoita auga

Moita auga

PictographWaypoint Altitude 144 ft
Photo ofPonte de Sarandón

Ponte de Sarandón

Ponte sobre o Ulla que une as parroquias de Sarandón( Vedra) e Riveira ( A Estrada) Calcúlase que se levantou no S. XII e sufreu varias inundacións que o destruiron. No 1835 construeuse outra ponte na parroquia de Pinte Ulla, varios km. máis arriba. A actual ponte de Sarandón foi construida en 1929. O trazado da ruta pasa por debaixo desta ponte. Hoxe foi imposible pasar.

PictographWaypoint Altitude 153 ft
Photo ofDesvío

Desvío

Desvío que tomamos ao estar inundado o carreiro por debaixo da ponte.

PictographWaypoint Altitude 138 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 146 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 162 ft
Photo ofSendeiro inundado

Sendeiro inundado

PictographWaypoint Altitude 164 ft
Photo ofÁrea recreativa de Agronovo.

Área recreativa de Agronovo.

PictographWaypoint Altitude 159 ft
Photo ofPonte da autovía

Ponte da autovía

PictographWaypoint Altitude 176 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 193 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographWaypoint Altitude 257 ft
Photo ofEnlace estrada

Enlace estrada

PictographWaypoint Altitude 213 ft
Photo ofIgrexa de Santa María Magdalena

Igrexa de Santa María Magdalena

Conserva un ábside de estilo románico.

PictographWaypoint Altitude 289 ft
Photo ofEstrada

Estrada

Fomos por estrada ata o Miradoiro de Gundián.

PictographWaypoint Altitude 340 ft
Photo ofMiradoiro de Gundián.

Miradoiro de Gundián.

Con vistas sobre o val do Ulla, a Ponte Gundián de 1958 e o viaducto do tren de de alta velocidad de máis de 100 m. de altura.

Comments

    You can or this trail