Activity

SALCEDO - MAZO - PARADA DE MONTES -CARBALLAL - EIRIZ - BALDOMIR. TRANSITANDO ENTRE OS COUREL DO POÑENTE E O TRADICIONAL

Download

Trail photos

Photo ofSALCEDO - MAZO - PARADA DE MONTES -CARBALLAL - EIRIZ - BALDOMIR. TRANSITANDO ENTRE OS COUREL DO POÑENTE E O TRADICIONAL

Author

Trail stats

Distance
14.69 mi
Elevation gain
2,963 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,451 ft
Max elevation
3,375 ft
TrailRank 
28
Min elevation
3,375 ft
Trail type
One Way
Time
9 hours 7 minutes
Coordinates
2962
Uploaded
November 6, 2019
Recorded
November 2019
Be the first to clap
Share

near Salcedo, Galicia (España)

Viewed 205 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofSALCEDO - MAZO - PARADA DE MONTES -CARBALLAL - EIRIZ - BALDOMIR. TRANSITANDO ENTRE OS COUREL DO POÑENTE E O TRADICIONAL

Itinerary description

Este track corresponde á terceira das catro rutas que realizou un grupo de 34 socios da Sociedade de Montaña Ártabros da Coruña na actividade titulada "O DESCOÑECIDO COUREL DO POÑENTE" desenvolvida na ponte de difuntos de 2019 e da que fun monitor. Algo menos da primeira metade do track é bastante coincidente coa ruta dos da Devesa de Loureiro marcada polo concello de Pobra de Brollón, máis a partires de Mazo Santigoso é practicamente orixinal.

Nesta camiñada imos ir do Courel do Poñente ao Courel tradicional a traveso de valgadas, fragas, aldeas recónditas e costentos tesos. Para elo cruzaremos os altos da Serra da Trapa para unir as concas dos dous afluentes máis importantes do Lor, o Loureiro e Lóuzara. Pasaremos e coñeceremos as máis xenuínas e ben conservadas altas aldeas do Courel como son Mazo Santigoso, Parada de Montes, Carballal e Eiriz. Case ao final albiscaremola xuntanza do Lóuzara co Lor no mesmísimo corazón do Courel.
Saíremos de Salcedo xusto a carón da fonte sita preto do museo antropolóxico. Por camiños tradicionais chegaremos a aldea de Domiz onde comezaremos unha prolongada baixada cara o río Loureiro. Chegaremos os edificios da ferrería de Loureiro que conta cunha espectacular fábrica e cunha chusca egrexia cun característico furado circular pétreo. Cruzaremos o río, por unha pontella. Seguemos polo seu afluente, o rego Cormán para seguir atravesando a devesa de Loureiro que poderemos contemplar dende un mirador. Logo chegaremoa ás Cabanas do Mazo, un conxunto antropolóxico composto de sequeiros e cabanos. Chegamos logo a Mazo Santigoso que conta cunha fermosa e rehabilitada capela e un conxunto da casa ben chusco. Nunha das casa vivía ata hai non moito un gaiteiro que nos lembraba que O Courel é terra de músicos. Uns camiños antigos de chan granítico, no que poderemos ollar as rodeiras dos carros, nos levan a Parada de Montes que é, en se mesmo, unha xoia. Sen as subvencións que tiveron outras aldeas como Seceda, Froxán e aínda Piornedo, Parada conseguiu conservar unha estrutura tradicional propia dos pobos de montaña cun clima invernal severo, dispoñendo de ruelas que semellan estar semi soterradas ao estar cubertas polos palenques, sendo esta a aldea galega con maior densidade destas estruturas. Unha belida fonte avermellada polas súas augas ferruxinosas e un forno comunal completan unha magnífica estampa.
Unha ampla valgada, a do regueiro do Cornán, que asombra pola súa amplitude, vai a conducirnos a parte alta da serra e a aldea de Carballal, onde por tempadas vive Sonia María García, unha novelista coruñesa namorada e defensora do Courel. Alí tamén reside Xan que aos seus 90 anos conduce un tractor amarelo e é un exemplo vivinte daquela xeración dourada de gaiteiros do Courel.
Xa enfronte temos unha golada que nos permitirá cambiar a conca do Loureiro pola do Lóuzara e que aparece nos mapas co nome repetido de “Alto da Golada”. Queda logo unha baixada constante cara a aldea de Eiriz que atravesaremos. Pouco despois escoitaremos o ruxe ruxe do Lóuzara que semella imposíbel de acadar xa que un alto noiro afástanos del. O costento descenso por belidas paraxes, con so trazas descontinuas de camiño e un valado que hai que superar, acheganos á Ponte Sundrios no Lóuzara e abeirando este, ao pouco aparece a xuntanza co Lor. Sucédense os casarellos de Touzón e a Pendella para rematar en Baldomir, onde hai un bar recentemente aberto por unha das emprendedoras desta bisbarra, no que remataremos a camiñada.

O video que se pode contemplar na URL abaixo indicada é boa mostra da actividade realizada.
https://www.youtube.com/watch?v=cyamtbAfs2o&t=17s
Contén imaxes das rutas realizadas na actividade titulada O DESCOÑECIDO COUREL DO POÑENTE :
1.- A Cova das Chovas.
2.- San Vitorio- Veneira de Roques - Busto- A Teixeira
3.- Salcedo- Mazo - Parada dos Montes- Carballal- Eiriz - Baldomir (esta)
4- Salcedo - Paramedela- Barxa de Lor.
Este video foi realizado polo socio Juan Pedro.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,436 ft

A Pendella

PictographWaypoint Altitude 2,460 ft

Albariza 2

06-DIC-18 13:12:30

PictographWaypoint Altitude 2,518 ft

Albariza3

06-DIC-18 13:01:01

PictographWaypoint Altitude 1,945 ft

As Cabanas Do Mazo (Ruinas)

PictographWaypoint Altitude 1,462 ft

Bar Costa Baldomir

08-DIC-18 12:28:13

PictographWaypoint Altitude 1,562 ft

Comeza pista de cemento

08-DIC-18 11:57:15

PictographWaypoint Altitude 1,643 ft

Cruce Valla

07-DIC-18 10:37:26

PictographWaypoint Altitude 2,009 ft

DOMIZ

PictographWaypoint Altitude 2,175 ft

Eiriz

06-DIC-18 15:54:43

PictographWaypoint Altitude 1,509 ft

FERRARIA DE LOUREIRO

PictographWaypoint Altitude 2,414 ft

Fonte e Forno

06-DIC-18 12:35:12

PictographWaypoint Altitude 2,383 ft

Fonte ferruxinosa

PictographWaypoint Altitude 2,162 ft

Lavadeiro

06-DIC-18 15:56:13

PictographWaypoint Altitude 2,039 ft

Mazo Santigoso

PictographWaypoint Altitude 1,651 ft

Mirador da Devesa de Loureiro

PictographWaypoint Altitude 2,961 ft

O Carballal

PictographWaypoint Altitude 2,329 ft

Parada Dos Montes

PictographWaypoint Altitude 1,384 ft

Ponte Baldomir

PictographWaypoint Altitude 1,494 ft

Ponte sobre o Río de Loureiro

PictographWaypoint Altitude 1,465 ft

Ponte Sundrios

08-DIC-18 12:07:00

PictographWaypoint Altitude 1,979 ft

Ponteciña

06-DIC-18 11:46:23

PictographWaypoint Altitude 1,873 ft

Pontella do Caleiro

PictographWaypoint Altitude 1,994 ft

Pontellavella

06-DIC-18 11:48:20

PictographWaypoint Altitude 1,531 ft

Presa da Central do Loureiro

Comments

    You can or this trail