Activity

Salgueirón e Galleiro dende O Valado

Download

Trail photos

Photo ofSalgueirón e Galleiro dende O Valado Photo ofSalgueirón e Galleiro dende O Valado Photo ofSalgueirón e Galleiro dende O Valado

Author

Trail stats

Distance
8.71 mi
Elevation gain
2,500 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,500 ft
Max elevation
2,386 ft
TrailRank 
51
Min elevation
846 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 17 minutes
Coordinates
1560
Uploaded
November 30, 2015
Recorded
November 2015
Be the first to clap
Share

near Nespereira, Galicia (España)

Viewed 1470 times, downloaded 47 times

Trail photos

Photo ofSalgueirón e Galleiro dende O Valado Photo ofSalgueirón e Galleiro dende O Valado Photo ofSalgueirón e Galleiro dende O Valado

Itinerary description

Para chegar en coche ao inicio da ruta collemos na N-550, no cruzamento dos Valos, o desvío á dereita (en sentido O Porriño - Redondela) en dirección a Alvite. A uns dous quilómetros está ben indicado o desvío cara ao Valado, onde hai bo aparcadoiro onda o camposanto.

A camiñada non é dura, por pistas e camiños cómodos, se ben pouco despois do primeiro quilómetro curtamos á dereita e aproveitamos un cortalumes que salva nun quilómetro case douscentos metros de desnivel. A partir de aí, pista cómoda até o ascenso ao Salgueirón, que coincide co sendeiro das Greas en boa parte deste tramo.

Por mor do tempo do que dispuñamos, acurtamos a distancia respecto da nosa anterior excursión a estes montes (http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5524670), de case 19 km a soamente 14 (en realidade, algo menos de 13 km se descontamos o despiste no descenso que relato un par de parágrafos máis adiante), para o que abandonamos o sendeiro das Greas nun desvío á esquerda que se percibe claramente na ruta como un paso que nos leva directos á unha pequena chaira, unha golada entre o Galleiro e o Salgueirón (621 m), dende o que ascendemos directamente este último (dende aquí, uns 600 m de camiño até este cumio).

Desandamos esta última subida para dirixirnos ao cume do Galleiro (744 m) seguindo unha pista moi maltratada polos torrentes de auga. Unha subida de 1,5 km na que se ascenden algo máis de 250 m. Os penedos do cumio son fermosos e o panorama espectacular cun día claro como o que nos cadrou: toda o interior da ría, cabo Home e as Cíes... e cara ao interior distínguense perfectamente o Faro de Avión e o Suído, o Galiñeiro e a Groba, obxectivo este último da nosa próxima saída.

No camiño de volta e tras pasar por outro bo miradoiro sobre o interior da ría, descendemos aproveitando de novo os cortalumes. Pero ao chegar de novo a pista, unha distracción fíxonos seguir a pista erroneamente durante 600 m e tivemos que dar volta para retomar o cortalumes onde o deixaramos (pódense restar, xa que logo, 1,2 km á distancia total), atopándonos así no mesmo tramo de cortalumes polo que iniciamos a ascensión.

Esta é a primeira ruta das que subimos ao Wikiloc na que nos acompañou Draco, que xa ten o seu perfil e consta como compañeiro de ruta. Benvido, amighiño!!

Waypoints

PictographFountain Altitude 1,027 ft

O Valado

O Valado. Aparcadoiro e fonte

PictographIntersection Altitude 1,487 ft
Photo ofDesvío á dereita na ascensión. Coller polo cortalumes Photo ofDesvío á dereita na ascensión. Coller polo cortalumes Photo ofDesvío á dereita na ascensión. Coller polo cortalumes

Desvío á dereita na ascensión. Coller polo cortalumes

Deixamos a pista e ascendemos polo cortalumes. As fotos son dende a pista que pillamos ao deixar o cortalumes e da ascensión ao Salgueirón.

PictographSummit Altitude 2,215 ft
Photo ofSalgueirón Photo ofSalgueirón Photo ofSalgueirón

Salgueirón

Cumio do Salgueirón

PictographSummit Altitude 2,611 ft
Photo ofGalleiro Photo ofGalleiro Photo ofGalleiro

Galleiro

Cumio do Galleiro

PictographPanorama Altitude 2,381 ft

Miradoiro e desvío por cortalumes

Miradoiro no límite dos concellos de Mos, Ponteareas e Pazos de Borbén. Se continuamos de fronte baixamos por un cortalumes e enlazamos co camiño polo que subimos

Comments

    You can or this trail