Activity

San Paio de Abades ata Sendim.

Download

Trail photos

Photo ofSan Paio de Abades ata Sendim. Photo ofSan Paio de Abades ata Sendim. Photo ofSan Paio de Abades ata Sendim.

Author

Trail stats

Distance
9.83 mi
Elevation gain
1,594 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,594 ft
Max elevation
4,093 ft
TrailRank 
54
Min elevation
2,971 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 24 minutes
Time
5 hours 46 minutes
Coordinates
2745
Uploaded
July 22, 2018
Recorded
July 2018
Be the first to clap
Share

near Abades, Galicia (España)

Viewed 333 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofSan Paio de Abades ata Sendim. Photo ofSan Paio de Abades ata Sendim. Photo ofSan Paio de Abades ata Sendim.

Itinerary description

Moi interesante ruta que comeza na aldea de San Paio, no concello de Baltar. Esta aldea, dunha certa grandura, mostra trazas dun pasado máis puxante aínda que esta algo viva. A ruta sobe logo por unha boa pista, polo medio de extensas carballeiras, ata atravesar na parte alta a fronteira con Portugal. Descorre logo polo territorio luso ata a aldea de Sendim que pasa por ser a máis alta de Portugal con 1150 metros e tamén a máis próxima da Galiza pois está case encima da marxe. Malia que dende lonxe se ven as casas ben telladas, o certo é que mostra un grande despoboamente e mesmo abandono.
O seguinte punto de interese é o Coto de Sendim, en cuxa cima seica houbo un castelo mais hoxe non se observa ningún vestixio del (documéntase en 1509 por Duarte de Armas no Livro das Fortalezas). Trátase dun esgrevio rochedo que ten na cima un vértice xeodésico. Dende aquí podemos contemplar unha magnífica panorámica sobre as terras do Barroso, en Portugal; sobre parte da Limia e tamén sobre o Couto Mixto e todo o val do Salas.
Dende aquí só é descender tamén por pistas ata a aldea de San Martiño dos Peros e logo, por estrada, polas de Medos, Sabucedo dos Peros ata o inicio.
No treito de subida ten moita sombra e tamén nalgún tramo da baixada, pero bastante menos.
O desnivel sálvase sen mor dificultade, quitando un pequeniño repecho para subir ao Coto de Sendim. Nesta parte poderíase alterar sen dificultade o trazado e non subir ao mogote...
Como resumo: é unha ruta dunha gran beleza paisaxística, con diversos puntos de interese nas aldeas que atravesa e cunha xente (pouca) moi cordial e disposta e charlar un rato co camiñante.
Tempo indicado para facela: en días claros. Con tempo ventoso pode ser moi desagradable a parte alta. (Se hai neve xa quedaría ao criterio de quen se arriscase a facela.) Na baixada pode chegar a facer calor aínda que estando a esta altitude...
Como único "pero", a fracción de trazado que descorre por asafalto. (Seguindo: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/san-paio-de-abades-sendim-san-paio-baltar-ourense-25287991)

Waypoints

PictographFountain Altitude 3,126 ft
Photo ofFonte e praza. Photo ofFonte e praza. Photo ofFonte e praza.

Fonte e praza.

PictographRuins Altitude 6,368 ft
Photo ofMuiño

Muiño

PictographPanorama Altitude 7,039 ft
Photo ofPanorámica.

Panorámica.

PictographTree Altitude 7,142 ft
Photo ofAbetos e piñeiros

Abetos e piñeiros

PictographMountain pass Altitude 7,237 ft
Photo ofMarco 139 Photo ofMarco 139 Photo ofMarco 139

Marco 139

PictographMonument Altitude 7,169 ft
Photo ofPosto de garda. Photo ofPosto de garda.

Posto de garda.

Sen uso...

PictographPhoto Altitude 7,071 ft
Photo ofSendim Photo ofSendim Photo ofSendim

Sendim

Chama a atención, e mesmo leva á tenrura, a imaxe da señora velliña, posta ao sol e apoiada na porta. Toda vestida de preto, leva a outros tempos...

PictographPhoto Altitude 7,151 ft
Photo ofSendim Photo ofSendim

Sendim

PictographSummit Altitude 7,426 ft
Photo ofMarco 150 e Vértice Xeodésico. Photo ofMarco 150 e Vértice Xeodésico. Photo ofMarco 150 e Vértice Xeodésico.

Marco 150 e Vértice Xeodésico.

A subida pode dar algún medo pero non resulta excesivamente perigosa (cadaquén que mida as súas posibilidades) e as vistas dende o curuto so espectaculares!

PictographFountain Altitude 3,630 ft
Photo ofSan Martiño dos Peros. Photo ofSan Martiño dos Peros.

San Martiño dos Peros.

PictographFountain Altitude 3,566 ft
Photo ofSan Martiño 2 Photo ofSan Martiño 2 Photo ofSan Martiño 2

San Martiño 2

A fonte do "Movimiento", a campá da antiga escola, as casas sólidas...

PictographFountain Altitude 3,540 ft
Photo ofFontela natural.

Fontela natural.

...aínda que bastante seca (de non usala, seguro)

PictographPhoto Altitude 3,640 ft
Photo ofMedos

Medos

PictographReligious site Altitude 3,566 ft
Photo ofAldea Sabucedo Photo ofAldea Sabucedo Photo ofAldea Sabucedo

Aldea Sabucedo

PictographMonument Altitude 3,208 ft
Photo ofSan Paio Photo ofSan Paio Photo ofSan Paio

San Paio

A (presunta) capela non o é: é un "teleclub"

Comments

    You can or this trail