Activity

San Vitoiro- Os Milagres- Calvelo

Download

Trail photos

Photo ofSan Vitoiro- Os Milagres- Calvelo Photo ofSan Vitoiro- Os Milagres- Calvelo Photo ofSan Vitoiro- Os Milagres- Calvelo

Author

Trail stats

Distance
13.02 mi
Elevation gain
1,043 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,371 ft
Max elevation
2,064 ft
TrailRank 
31
Min elevation
1,624 ft
Trail type
One Way
Coordinates
184
Uploaded
June 25, 2012
Be the first to clap
Share

near Presqueira, Galicia (España)

Viewed 1149 times, downloaded 8 times

Trail photos

Photo ofSan Vitoiro- Os Milagres- Calvelo Photo ofSan Vitoiro- Os Milagres- Calvelo Photo ofSan Vitoiro- Os Milagres- Calvelo

Waypoints

Photo ofPetrglifos de O San Vitoiro Photo ofPetrglifos de O San Vitoiro Photo ofPetrglifos de O San Vitoiro

Petrglifos de O San Vitoiro

Os Petróglifos de San Vitorio sitúanse a carón da capela do mesmo nome. A súa maior parte están situados na laxe que está debaixo do penedo onde posteriormente esculpiron un anxo e puxeron un cruceiro, que se supón que sería para cristianizar a zona. Na segunda foto pódese ver a sombra de ese penedo sobre un dos círculos concéntricos, a falta de un par de días para o solsticio de verán. Polo outro lado da estrada de Molgas a Presquiera, a uns 50 m. dos anteriores atopamos outros círculos (foto 1). Suponse que nesta zona podían existir máis, pero por aquí tivo lugar a extracción de pedra para facer o Santuario dos Milagres no século XVIII.

PictographPhoto Altitude -3 ft
Photo ofCapela do San Vitoiro Photo ofCapela do San Vitoiro

Capela do San Vitoiro

A Capela de San Vitorio é unha pequena construción prerrománica realizada en cantaría, cunha soa nave e cuberta a dúas augas. Na fachada principal disponse a porta de acceso, cuxo lintel posúe unha inscrición, flanqueada por pequenas ventás laterais. O conxunto remátese en cornixa cunha pequena espadana dun van coroada cunha cruz de pedra. No contorno da ermida atópase un cruceiro que se ergue sobre un penedo cos coñecidos petróglifos do San Vitoiro. A Capela sitúase, saíndo de Baños de Molgas cara a Presqueira, no alto do outeiro chamado «O Teso do San Vitoiro».

PictographPhoto Altitude 2,064 ft
Photo ofCruceiro do San Vitoiro Photo ofCruceiro do San Vitoiro Photo ofCruceiro do San Vitoiro

Cruceiro do San Vitoiro

O Cruceiro do San Vitoiro é unha obra de pedra cuxo baseamento é un penedo no que está esculpida a figura do Anxo da Agonia. Sobre este, a cruz, coa imaxe de Cristo no anverso. E probable que se construíra para cristianizar a laxa sobre a que se apoia o conxunto, todo ao carón da capela do mesmo nome, pois nesa laxe se atopan os petróglifos do San Vitoiro. Ademais do anxo, no mesmo penedo-base, podemos ver unha cruz de termo e, posiblemente, o que puidera ser un serpentiforme, malia que moi erosionado.

PictographPhoto Altitude 1,867 ft
Photo ofCruceiro de Bouzas

Cruceiro de Bouzas

Preto da capela de Santiago de Bouzas podemos ver este pequeno cruceiro de granito. Posúe unha plataforma de tres gradas cun pedestal cuadrangular. No lado sur ten un grande oco circular, posiblemente no que estaría un peto. Non ten varal, estando a cruz directamente posta sobre o pedestal, sendo de gran tamaño e coa imaxe de Cristo crucificado en altorrelevo. Ten unha lenda ilexible na parte frontal, e outra coa data de construción, tamén moi esvaída (ANO DE 1687 ou 1887).

PictographPhoto Altitude 1,883 ft
Photo ofCapela de Santiago de Bouzas

Capela de Santiago de Bouzas

A Capela de Santiago de Bouzas posúe planta rectangular con muros de sillaría de 7,00 x 14,00 metros e cuberta de tella a dúas augas. No fronte destaca a espadana, apoiada sobre unha cornixa, cun só van onde se atopa a campá. Como remate, unha cruz adornada con pináculos de pedra rematados en bolas. Preto de esta capela, podemos ver un cruceiro do século XVII de gran valor.

PictographPhoto Altitude 1,801 ft
Photo ofCapela de San Caetano de Formigoso

Capela de San Caetano de Formigoso

A pequena capela de San Caetano de Formigoso posúe planta rectangular con muros de sillaría de 6,00 x 11,00 metros e cuberta de tella a dúas augas. No fronte destaca o arco de medio punto cegado sobre o que se insire a porta de acceso. Coroándoo, unha pequena espadana cun van onde se atopa a campá, apoiada sobre cornixa, e remate en cruz de pedra adornada con pequenos pináculos rematados en bolas. Ademais, remates de pináculos con bolas e ventás nos laterais. Formigoso, queda a par de Baños de Molgas. Consérvase a tradición de ter existido aquí Casa Grande. O que non é tradición, senón realidade, é que na capela de San Caetano, padroeiro do pequeno lugar, á beira da porta frontal, hai un escudo (foto2) que acaso non teña relación algunha coa problemática señorial que imos historiando. ¿Ou si? É un escudo sen cimeira, pero si empenachado de tres grandes frondas ou plumas e con macollas ó pé anoadas por flor de lis. Unha banda engolada en dragantes divide de enxergo o campo con lobo pasante a cada lado. Abranguen o escudo deica sobrepasar o xefe, dous grandes cobrós. Poden ser armas de Garrido; o P. Crespo (Blasones, XXI, 36) sitúa ós Garrido nas Terras da Limia. Un Xoán Garrido vemos en Lodoselo a mediados do XVII, cuxo neto, Pedro Garrido, ven casar con Ana María de Nóvoa no Val do Medo, da casa de Maceda. Non falta o apelido Garrido neste Val.

PictographPhoto Altitude 1,673 ft
Photo ofIgrexa de San Salvador de Baños de Molgas Photo ofIgrexa de San Salvador de Baños de Molgas Photo ofIgrexa de San Salvador de Baños de Molgas

Igrexa de San Salvador de Baños de Molgas

A Igrexa parroquial de San Salvador de Baños de Molgas é un edificio de grandes dimensións con muros de sillaría, destacando en altura o presbiterio con respecto á nave. Fronte sinxelo con remate de cornixa en arco e pináculos nas esquinas, na parte central figura dun Anxo. Torre de catro corpos lisos, os dous primeiros e o terceiro cun reloxo, o último remata en oito arcos onde se albergan as campás e cúpula con remate de cruz de ferro.

PictographPhoto Altitude 1,650 ft
Photo ofPonte Romana de Baños de Molgas Photo ofPonte Romana de Baños de Molgas Photo ofPonte Romana de Baños de Molgas

Ponte Romana de Baños de Molgas

A Ponte Vella de Molgas é, posiblemente, unha construción romana do século II que daba paso a vía militar do Itinerario XVIII de Caracalla, atravesando o rio Arnoia. Conta cun único arco con 10,76 metros de luz con tendencia circular e bóveda abucinada. No século XIV sufriu unha reforma, pero aínda se pode apreciar na parte baixa do arco o almofadado de época romana. Porén, os peitorís e o lousado son froito dunha reforma máis recente, do século XX.

PictographFountain Altitude 1,647 ft
Photo ofBurga de Baños de Molgas Photo ofBurga de Baños de Molgas Photo ofBurga de Baños de Molgas

Burga de Baños de Molgas

A Burga de Baños de Molgas é unha fonte termal. As súas augas brotan a unha temperatura de entre 28º e 45º. Estas augas foron empregadas polos romanos, que as denominaban «Ad aquas salientes» -augas saltarinas-. O seu uso está especialmente indicado para tratamentos de reuma, a artrite e gota. A actual fonte, construída en cantaría en 1896, posúe un muro triangular a modo de frontón no que se sitúa, a moi baixa altura, o cano, cuxa auga cae nunha pía cuadrangular. Despois da fonte hai dous píos de pedra, protexidas cunha cuberta con estrutura metálica e tellado de vidro, probablemente para poder tomar as augas con calquera condición climatolóxica, e tamen por ser un lavadoiro o segundo dos pios. A fonte, aberta ao público, atópase entre o Balneario de Molgas e a Ponte Romana, a beira do río Arnoia.

PictographPhoto Altitude 1,972 ft
Photo ofSantuario dos Milagres Photo ofSantuario dos Milagres Photo ofSantuario dos Milagres

Santuario dos Milagres

O Santuario está situado nun pequeno outeiro chamado «Monte Medo» no medio dunha chaira ao pé da Serra de San Mamede cunha altitude de cerca de 1620 m. Esta rexentado pola congregación dos Padres Paules. Ten unha novena entre o final de agosto e o 8 de setembro, sendo un dos máis concorridos de Galiza. Durante estes días o santuario esta ateigado de fieis, e o exterior cheo de feirantes e carpas para comer, tentando compaxinar o ambiente festivo co relixioso. O santuario de estilo barroco-neoclásico, esta rodeado dun muro sobre o que se abren catro portas. No seu exterior atopamos 7 capelas do via crucis de pedra equidistantes, e ao carón do carballo da Virxe, a fonte da Virxe e a fonte da cunca. Envolvendo ao santuario, temos outros edificios e instalacións: Pousada e Restaurante (antes Hospicio), o antigo colexio, cerrado no ano 1991, a vivenda Comunitaria dos Paules, xunto con outras estancias para retiros, exercicios espirituais…. Máis atrás, o que era a casa de labranza da que vivía en tempos a comunidade. Desde 1997 é o Museo Devanceiros, das artes rurais e artesanía da zona. Ademais, existen os restos da lanterna do anterior templo, tamén barroco do século XVII. A fachada semella un retablo pétreo xigante, como avance en pequeno do Obradoiro (Sete anos antes que o de Compostela), coa súa balcoada e altar, prevista para grandes multitudes na praza. Sobre a cornixa destacan catro torres, dúas baixas nos extremos e dúas máis altas no centro onde alberga as campás, todas elas con tres corpos rematados en cúpula. Interior con cubertas dispares: nave central con bóveda de crucería, laterais con bóvedas de treceletes, a nave que se sitúa a os pes con bóveda carpanel e capela maior con bóveda de cañón con lunetos. Declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1982. Non hai dúbida de que o espazo do Santuario estaba incluído dentro do territorio da familia rosendiana, pero a ermida que habería carecía de relevancia. En cambio, e sospeitoso que a ermida no cume da Serra daquela chamada Toro (Celan.Tombo I, 248, ano 927 alia vila subtus monte Toro in caput Limie), debeu de ser erguida polo propio San Rosendo, cristianando costumes aínda pagáns do lugar, onde se pode ver nun perpiaño, hoxe sobre o arco triunfal, un gran ofidio, entre as ruínas, atópase unha lápida de mármore con inscrición en letra gótica. A creación do santuario está relacionada coa aparición da Virxe a unha pastora no S. XV. Isto levou á construción dunha capela. Posteriormente, constrúese o edificio actual, que data do s. XVIII (1768), patrocinado polo Bispo de Ourense, con moitas doazóns de persoas da rexión. Temos constancia documental da existencia da ermida: En 1602, Bartolomé Fidalgo encarga que lle digan dez misas no Medo. En 1632, visita do bispo de Ourense Diego de Zuñiga, que regula o culto. No 1646, no testamento de Martín Gomez, capelán de Santirso, indica que se lle digan catro misas en Nuestra Señora del Medo. En 1627 Felipe IV cede o beneficio de San Xoán de Vide ao cabildo da catedral de Ourense. En permuta, o bispo cede o dominio temporal da cidade ao rei. O Val do Medo, como hoxe se denomina a toda a depresión ao pé ocidental da Serra de San Mamede, recibe tal nome da cuíña central onde se ergue o Santuario de Nª Sª dos Milagres, deica o 1700 coñecido como Nª Sª do Medo. En 1728, o cabildo ourensá elixe a D. Francisco Fernández como administrador da ermida do Medo, ano no que se comeza o actual templo, concluíndo 37 anos despois (1768). O segundo libro da cofradia data de 1731. No ano 1735 aparecen coma cofrades no Santuario dos Milagres, da Casa de Sanguñedo, Betán D. Matheo, Antonio, Benito y Jacobo de Losada y Cadórniga, que serán parentes da Casa dos Casares. No ano 1736 son cofrades no Santuario dos Milagres, Benito Sarmiento, Jacinta Ulloa, Joseph Sarmiento y Ulloa e Jacinto Sarmiento y Ulloa, pais e fillos, señores de Poedo. Don Pedro González de Ulloa no ano 1777, alude ao santuario na súa “Descripción de los Estados de la casa de Monterrey en Galicia” (p.216-217) ao tratar de Baños de Molgas. De aquí se espalla o nome a toda a conca e val de orixe dioival, antigo lago terciario, falla tectónica do cuaternario entre o Val de Lemos e máis alá de Chaves en Portugal. O terceiro Libro de Cofradía da Virxe ábreo cunha sucinta historia do Santuario, o ano 1859, e tamén coma cofrade, o novo administrador do mesmo Don Francisco de Paula Feijoo Feijoo, natural de S.Xurxo de Acevedo do Río, antes ecónomo en Sª Mª de Cexo, Verea. En Vide nace no ano 1825 o Dr. Don Joxé Mª Martínez Pazos, quen comeza os estudos na preceptoría do Santuario dos Milagres e foi abade de Arnuíde, da Sma. Trinidade de Ourense, e de Vide ao mesmo tempo que administrador do Santuario, sendo quen escribíu a primeira historia deste e quen, no ano 1869, entregou a súa administración aos Padres Paúles marchando seguidamente a Santiago coma coengo da catedral. No ano 1752 na relación do Catastro do Marqués de Ensenada declaran os veciños que “la feligresía de S.J.de Vide y lugares son de señorío y es dueña de ella y de la mas jurisdicción…la condesa de Monterrey” o administrador do Santuario D.Tomás Cid (Arq..Hco.Prov. Leg. 84) fai contrato de foro dos terreos arredor do Santuario, desglosados do comunal, co señor Conde de Monterrei, en 24 de febreiro de 1792,” por cuio terreno han de dar…quatro tegas de pan zenteno…en la maiordomía de Baños de Molgas… Ante mi Pedro Fidalgo”. No ano 1923, decretada a Redención general de foros, o Santuario redimíu este foro, quedando todo por propio e libre de cargas.

PictographPhoto Altitude 1,654 ft
Photo ofPonte de Vide Photo ofPonte de Vide Photo ofPonte de Vide

Ponte de Vide

PictographPhoto Altitude 1,814 ft
Photo ofIgrexa de San Xoán de Vide Photo ofIgrexa de San Xoán de Vide Photo ofIgrexa de San Xoán de Vide

Igrexa de San Xoán de Vide

A Igrexa de San Xoán de Vide posúe de planta rectangular con muros de sillaría, destacando en altura o presbiterio. O fronte é sinxelo, coa porta de acceso e sobre ela unha pequena ventá circular, con cornixa en arco e sobre ela espadana dun corpo, e remate con pirámide coroada con cruz de ferro.

PictographWaypoint Altitude 1,680 ft

Ponte de Froufe

PictographPhoto Altitude 1,919 ft
Photo ofCapela do San Antonio de Froufe Photo ofCapela do San Antonio de Froufe

Capela do San Antonio de Froufe

Pequena capela de planta rectangular con muros de sillaría de 6,00 x 12,00 metros, con cuberta de tella a dúas augas. Fronte con porta de acceso e ventás laterais e enriba pequena ventá circular. Sobre ela, cornixa rematada con pináculos de pedra, e pequena espadana dun van co campanil con remate en cruz de pedra. Nos laterais pequena ventá.

PictographPhoto Altitude 1,818 ft
Photo ofCapela de San Pedro de Francos

Capela de San Pedro de Francos

Pequena capela de planta rectangular con muros de sillaría de 6,00 x 7,00 metros, con restos de caleado, e cuberta de tella a dúas augas. Fronte con porta de acceso e ventás laterais, sobre ela cornixa onde se alza unha pequena espadana dun van co campanil, e remate en cruz de pedra. Nos laterais pequena ventá.

PictographPhoto Altitude 1,831 ft
Photo ofCapela do Perpetuo Socorro de Xocín Photo ofCapela do Perpetuo Socorro de Xocín

Capela do Perpetuo Socorro de Xocín

Pequena capela de planta rectangular con muros de cachotería de 5,00 x 8,00 metros e cuberta de tella a dúas augas. Fronte con porta de acceso e ventá lateral ela. Sobre ela cornixa e pequena espadana dun van cun pequeno campanil, rematada cunha cruz de ferro.

PictographPhoto Altitude 1,854 ft
Photo ofCapela de Santa Marta de Calvelo Photo ofCapela de Santa Marta de Calvelo

Capela de Santa Marta de Calvelo

Pequena capela de planta rectangular con muros de sillaría de 4,00 x 9,00 metros e cuberta de tella a dúas augas. Fronte con porta de acceso e ventás laterais, con pequena espadana cun van onde se atopa a campá, apoiada sobre cornixa, e remate en cruz de pedra adornada con pináculos rematados en bolas.

PictographWaypoint Altitude 1,736 ft

Ponte de Calvelo

Comments

    You can or this trail