Activity

Santo Estevo do Ermo e Miradoiro de Penabor. Ruta circular( Barreiros)

Download

Trail photos

Photo ofSanto Estevo do Ermo e Miradoiro de Penabor. Ruta circular( Barreiros) Photo ofSanto Estevo do Ermo e Miradoiro de Penabor. Ruta circular( Barreiros) Photo ofSanto Estevo do Ermo e Miradoiro de Penabor. Ruta circular( Barreiros)

Author

Trail stats

Distance
3.98 mi
Elevation gain
830 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
830 ft
Max elevation
1,093 ft
TrailRank 
42
Min elevation
248 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 31 minutes
Time
2 hours 4 minutes
Coordinates
1081
Uploaded
May 25, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Barreiros, Galicia (España)

Viewed 334 times, downloaded 4 times

Trail photos

Photo ofSanto Estevo do Ermo e Miradoiro de Penabor. Ruta circular( Barreiros) Photo ofSanto Estevo do Ermo e Miradoiro de Penabor. Ruta circular( Barreiros) Photo ofSanto Estevo do Ermo e Miradoiro de Penabor. Ruta circular( Barreiros)

Itinerary description

Para os que nos gusta camiñar facendo sendeirismo, ir ata a fervenza de Santo Estevo do Ermo e limitarse a ir aí sempre vale a pena xa que a cascada e o seu entorno son espectacularmente fermosos, pero quédase algo curto o percorrido. As veces anteriores que fun limiteime a ir dende a estrada xeral, onde está o indicador á cascada, e dar a volta polo mesmo sitio( aínda non 4 km ) o que segue facendo case todo o mundo
Seguindo outros tracks que hai fixen unha ruta circular subindo tamén ao Miradoiro de Penabor por pistas forestais e carreiros totalmente limpos a día de hoxe polos que se pasa perfectamente.
Pareceume unha opción moi interesante que quero compartir por se a alguén lle apetece completar a visita a Santo Estevo do Ermo sen ir e vover polo mesmo sitio e aproveitando a subida a Penabor que tamén merece a pena polas fabulosas vistas que ten.
Poño a dificultade moderada pola baixada dende Penabor que é moi curta cruzando un monte, pero por un carreiro con pronunciado desnivel. Recomendo levar calzado axeitado( bota de montaña con bon agarre) e precaución sempre, claro.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 534 ft
Photo ofPista

Pista

PictographWaypoint Altitude 354 ft

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 354 ft
Photo ofFonte do Pan Branco

Fonte do Pan Branco

PictographWaypoint Altitude 344 ft
Photo ofCapela

Capela

Chamada capela de Santo Estevo do Ermo ou de Augas Santas, é a máis antiga de Barreiros. Houbo unha primitiva capela no S. XI que estaría situada algo máis arriba da actual, xunto a unha gran rocha. No S. XVIII atopábase en tal estado ruinoso que foi derribada e construída a actual.

PictographWaypoint Altitude 326 ft
Photo ofFonte Augas Santas

Fonte Augas Santas

Esta fonte dá tamén nome á capela. As súas augas son ferruxinosas e ten sempre o mesmo caudal independientemente da estación do ano.

PictographWaypoint Altitude 312 ft
Photo ofFervenza

Fervenza

Esta cascada formada polo regato de Santo Estevo cae dunha altura aprox. de 15 m. Está situada nun fermoso entorno de árbores autóctonos e rochas.

PictographWaypoint Altitude 352 ft
Photo ofMiradoiro

Miradoiro

Esto é un miradoiro que leva o nome de Ferradura porque nas rochas de pedra caliza hai unhas marcas que semellan unhas ferraduras. Segundo a lenda, son as pegadas que deixou o cabalo de Santiago cando fuxía perseguido polos mouros.

PictographWaypoint Altitude 356 ft
Photo ofFonte de Santa Rosa

Fonte de Santa Rosa

Antes recordo que había neste lugar panos de tela e de papel colgados das árbores que daban un aspecto ao entorno de porquería e fealdade. Hoxe non había ningún. Moito mellor así.

PictographWaypoint Altitude 505 ft
Photo ofPista

Pista

Camiño forestal polo que se sube perfectamente.

PictographWaypoint Altitude 608 ft
Photo ofTratamento selvícola

Tratamento selvícola

Un tratamento selvícola é un proceso mediante o que unha masa arbórea que neste caso forma un monte, é coidada e sustituida por outras árbores. Deixaron os piñeiros e plantaron árbores autóctonas.

PictographWaypoint Altitude 728 ft
Photo ofPunto limpo

Punto limpo

PictographWaypoint Altitude 783 ft
Photo ofSubida a Penabor

Subida a Penabor

PictographWaypoint Altitude 1,067 ft
Photo ofMiradoiro Penabor

Miradoiro Penabor

PictographWaypoint Altitude 1,040 ft
Photo ofBaixada

Baixada

PictographWaypoint Altitude 733 ft
Photo ofBaixada

Baixada

PictographWaypoint Altitude 621 ft
Photo ofEstrada

Estrada

Comments

    You can or this trail