Activity

Sargadelos( Cervo) Ruta circular.

Download

Trail photos

Photo ofSargadelos( Cervo) Ruta circular. Photo ofSargadelos( Cervo) Ruta circular. Photo ofSargadelos( Cervo) Ruta circular.

Author

Trail stats

Distance
4.45 mi
Elevation gain
423 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
423 ft
Max elevation
383 ft
TrailRank 
53
Min elevation
122 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 9 minutes
Time
3 hours 8 minutes
Coordinates
1273
Uploaded
October 6, 2023
Recorded
October 2023
Be the first to clap
Share

near Sargadelos, Galicia (España)

Viewed 35 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofSargadelos( Cervo) Ruta circular. Photo ofSargadelos( Cervo) Ruta circular. Photo ofSargadelos( Cervo) Ruta circular.

Itinerary description

Unha fácil e fermosa ruta que nos permitirá coñecer os lugares máis emblemáticos desta parroquia: Conxunto Histórico- Artístico de Sargalelos coas Antigas Fábricas, Casa da Administación, Cabaleirizas, Pazo...así como o seu entorno co Paseo dos Namorados, acSenda Botánica, a Fonte da Tella...
O río Xunco será moi protagonista nesta ruta xa que camiñaremos ao pé del gran parte do percorrido en Sargadelos, polo Camiño Real onde veremos muíños e un fermoso entorno de árbores autóctonas.
Pasaremos pola capital do concello admirando a Praza do Souto e as inmensas casonas de pedra que a rodean como por exemplo o edificio inmenso que alberga o restaurante "El Almacén" moi coñecido en toda esta zona e fóra dela tamén.
Seguiremos ao pé do río Xunco outro pouco máis( teño que dicir que fixen varias veces esta ruta e nunca tan baixo o vin de caudal)
Alonxámonos do río pillando unha estrada local que nos vai levar deseguida á que vai para a nova Fábrica de Sargadelos e aquí en lugar de seguir pola beirarúa que hai pouco inauguraron, collemos á esquerda, por detrás da fábrica por un camiño que nos vai levar á igrexa de Santiago e dende aí deseguida outra vez ao punto de inicio

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 414 ft
Photo ofNovos aparcadoiros.

Novos aparcadoiros.

PictographWaypoint Altitude 265 ft
Photo ofFonte da Tella

Fonte da Tella

A Fonte da Tella de 2 canos é moi popular entre os veciños da zona que veñen aquí a abastecerse de auga.

PictographWaypoint Altitude 260 ft
Photo ofPaseo dos Namorados

Paseo dos Namorados

O Paseo dos Namorados é un pequeno percorrido ás beiras do río Xunco moi fermoso con moita vexetación e o marmurio da auga. Unha lenda di que se percorres este paseo cunha persoa sen estar namorado, cando remates o mesmo vas quedar prendado/a desa persoa. Así que haberá que ter en conta de quen vas acompañado ou acompañada...jeje...

PictographWaypoint Altitude 282 ft
Photo ofCascada da presa

Cascada da presa

Ao final do paseo hai unha cascada artificial que baixa da presa do río creada en 1791 para reter a auga e aproveitala para a industria.

PictographWaypoint Altitude 297 ft
Photo ofEstrada. Damos a volta

Estrada. Damos a volta

PictographWaypoint Altitude 367 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographWaypoint Altitude 320 ft
Photo ofSenda Botánica

Senda Botánica

Creada no 2005 no Monte Escarabelada.

PictographWaypoint Altitude 287 ft
Photo ofAntigas Cabaleirizas

Antigas Cabaleirizas

O edificio que albergou as Cabaleirizas foi rehabilitado e é actualmente o Centro de Emprendemento e Artesanía de Sargadelos que abriu as súas portas no 2018.

PictographWaypoint Altitude 274 ft
Photo ofCasa da Administración

Casa da Administración

Edificio que data da década de 1840. Luis de la Riva ( compostelá que arrendou no 1845 a administración da fábrica aos Ibañez iniciando a época dourada da compañía, 1000 familias chegaron a traballar na fábrica en 1849) ordenou a súa construcción co obxectivo de rexistrar tódolos movementos económicos e productivos das Reais Fábricas. Na actualidade alberga o Museo Histórico de Sargadelos onde se pode contemplar a evolución da producción das Reais Fábricas de Sargadelos.

PictographWaypoint Altitude 255 ft
Photo ofPonte sobre o Xunco

Ponte sobre o Xunco

PictographWaypoint Altitude 281 ft
Photo ofInicio Camiño Real

Inicio Camiño Real

O Diccionario da Lingua Española define Camiño Real como: "El construido a expensas del Estado, más ancho que los otros, capaz para carruajes y que ponía en comunicación entre sí poblaciones de cierta importancia" Efectivamente esta "estrada" foi construída en 1849 para unir Sargadelos co porto de S. Cibrao. Foi a primeira estrada de peaxe de España e a través dela chegaban ata o mar os productos manufacturados e tamén llegaban certas materias primas necesarias para a fábrica.

PictographWaypoint Altitude 234 ft
Photo ofMuíño de Pernán

Muíño de Pernán

O muíño do Pernán era un muíño moi grande e pegada a el estaba a inmensa casa do muiñeiro onde asomándose aínda podemos ver a chimenea e o fregadeiro da casa.

PictographWaypoint Altitude 223 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 171 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 154 ft
Photo ofO Almacén

O Almacén

O Restaurante-Pousada, "O Almacén" é moi coñecido na comarca xa que leva moitos anos funcionando.

PictographWaypoint Altitude 160 ft
Photo ofPraza do Souto

Praza do Souto

A Praza do Souto é pequena pero ten encanto e está rodeada de grandes casonas de pedra. Eso si, de souto só ten o nome que lle quedou de cando efectivamente era un fermoso souto que eu aínda lembro

PictographWaypoint Altitude 149 ft
Photo ofMuíño de Benito

Muíño de Benito

O Muíño de Benito está moi ben conservado e aínda podemos ver a canle que levaba a auga para moer

PictographWaypoint Altitude 146 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographWaypoint Altitude 217 ft
Photo ofCruce

Cruce

PictographWaypoint Altitude 215 ft
Photo ofUn Pazo

Un Pazo

PictographWaypoint Altitude 265 ft
Photo ofNova Fábrica de Sargadelos

Nova Fábrica de Sargadelos

Foi declarada BIC (Ben de Interese Cultural) no 2014 co obxectivo de "protexer, conservar e poñer en valor este proxecto singular e pioneiro da cración artística da man de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane." As obras deste complexo iniciáronse en 1968 e remataron na década dos 70. Está situado no lugar chamado O Rato, na parroquia de Sargadelos. Actualmente, a Fábrica pertence ao Grupo Sargadelos, unha sociedade limitada que ten como principal accionista a empresa Cerámicas do Castro S.L. dende1949. Actualmente, a sociedade Sargadelos ten dúas plantas de produción cuns 245 empregados. Unha está situada no Castro de Samoedo, no concello de Sada (A Coruña), e outra en Sargadelos, no concello de Cervo.

PictographWaypoint Altitude 254 ft
Photo ofPía dos Desenganos

Pía dos Desenganos

A Pía dos Desenganos é a antiga piscina de Sargadelos e alberga obras artísticas. A instalación intenta simular un espazo cheo de auga, do que emerxe un nadador para mostrar que "o ollo humano ve o que quere ver, por iso é importante afacerse a non fiarse das percepcións persoais, que son sesgadas na maioría das ocasións", indican fontes da empresa. Por iso intentan sacar do seu medio natural unha figura dun polbo que foxe do mural, para meditar sobre a propia vida á vez que un bañista se ofusca coa saúde, un paraugas horadado permite o escape dos malos fumes e a recepción de boas vibracións, unha gaiola pecha a saída aos pensamentos indómitos, un candado para pechar a auga, unha erudita dormitando, unha tina con auga por se alguén se quere afogar, unha deidade arrepentida.........etc

PictographWaypoint Altitude 263 ft
Photo ofHorto Alieníxena

Horto Alieníxena

PictographWaypoint Altitude 271 ft
Photo ofEsquerda, polo camiño

Esquerda, polo camiño

PictographWaypoint Altitude 333 ft
Photo ofCarreiro

Carreiro

PictographWaypoint Altitude 364 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographWaypoint Altitude 315 ft
Photo ofIgrexa de Santiago de Sargadelos

Igrexa de Santiago de Sargadelos

Levantada a mediados do S. XIX é de estilo neoclásico puro e foi encargada polo Marqués de Sargadelos para ennoblecer as Reais Fábricas.

PictographWaypoint Altitude 300 ft
Photo ofÁ dereita

Á dereita

PictographWaypoint Altitude 270 ft
Photo ofÁ esquerda

Á esquerda

PictographWaypoint Altitude 291 ft
Photo ofPazo do Marqués de Sargadelos

Pazo do Marqués de Sargadelos

O Pazo do Marqués de Sargadelos é de estilo Neoclásico e data de finais do S. XVIII. Era a residencia de verán do marqués. Non se pode visitar xa que é de titularidade privada.

Comments

    You can or this trail