Activity

Semeldón, Valle de Piedrafita, Sellaño.Ponga

Download

Trail photos

Photo ofSemeldón, Valle de Piedrafita, Sellaño.Ponga Photo ofSemeldón, Valle de Piedrafita, Sellaño.Ponga

Author

Trail stats

Distance
7.22 mi
Elevation gain
1,795 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,795 ft
Max elevation
1,625 ft
TrailRank 
28
Min elevation
875 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 35 minutes
Coordinates
1028
Uploaded
October 15, 2016
Recorded
October 2016
Be the first to clap
Share

near Sellaño, Asturias (España)

Viewed 69 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofSemeldón, Valle de Piedrafita, Sellaño.Ponga Photo ofSemeldón, Valle de Piedrafita, Sellaño.Ponga

Itinerary description

Texto G.M. Pena Tallada: SINOPSE: A ruta de Sellaño ao Collado Semeldón, dentro do Parque Natural de Ponga está sinalizado como PR – AS – 212, fermoso sendeiro que aproveita unha parte do antigo tren madeireiro que baixaba madeira da zona ata o lugar de Sellaño. Percorre fermosos soutos e carballeiras centenarias, ata o Collado Semeldon, sitio ideal para descansar e gozar da beleza do lugar.



DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina en Sellaño, camiñando uns metros en dirección a Cazo e Sevares para atoparnos, ao pouco tempo, un cartel informativo da ruta á nosa esquerda.

Comezamos a internarnos polo val, pola antiga traza da vía, o camiño entre avelairas, castiñeiros, carballos e faias fan unha auténtica delicia para os nosos ollos. A ruta, recentemente marcada, non ten perda posible. Axiña camiñamos á altura do río Semeldón, o que teremos que cruzar varias veces por diferentes pontes. Primeiro cruzamos pola ponte de Vega de Sotu ou Regueros, de madeira. Continuamos sen ningún problema por camiño moi cómodo que nos permite gozar das impoñentes árbores que nos vamos atopando, a medida que camiñamos, as árbores son máis espectaculares.

Chegamos a unha segunda ponte, tamén de madeira, coñecida como Cureño, onde na súa metade ten unha portiña de madeira. Seguimos pola marxe dereita do río ata unha terceira ponte, a de La Sota del Cándanu, lugar onde volvemos a antiga caixa do tren. Agora imos collendo altura sobre o río tendo, un pouco máis adiante, un cartel que nos indica a Ambingue, camiño que colleremos á volta. Seguimos as indicacións cara a Semeldón cruzando unha nova portiña, que deixamos cerrada, achegándonos á beira do río. O camiño convértese en carreiro, labrado na rocha por tramos, onde extremamos as precaucións para pasar pero sen excesiva dificultade.

Chegamos á derradeira ponte, que curiosamente é de ferro, pola que cruzamos para ir por un sendeiro que sobe polo bosque, deixando o río, a través do val de Inobio, primeiro paralelos ao regato e logo por un espectacular carreiro entre carballos, faias e castiñeiros. Este tramo é o mais costo do día ata saír do bosque onde vemos unha cabana de pastores. Estamos no Collado Semeldón desde o que contemplamos o Monte La Llambria e a antiga estación do tren, en ruínas.

No Collado Semeldón remata a ruta tendo que dar a volta para baixar polo bosque e o val de Inobio, cruzamos de novo a ponte de ferro pasando, logo, o tramo de pedras sobre o río. Continuamos polo bosque dando vista ao lugar de Ambingue tendo vistas do pico Pierzu e incluso Peña Santa de Castilla.

A aldea de Ambingue, colgada sobre o val de Sellaño, posúe fermosas casas de aldea, hórreos e paneras. A ruta sae a estrada podendo ver o lugar de Cazu, cara a onde nos diriximos seguindo as marcas brancas e marelas.

Cazu tamén nos sorprende tanto pola súa privilexiada situación como por unha torre, unha das máis antigas de Asturias, e a súa igrexa do século XVIII, xunto a que temos que pasar para seguir a ruta.

Xa nos queda pouco para chegar a Sellaño, encaixado no val entre verdes prados e rodeado de bosques, baixamos por unha pista de formigón para rematar esta fermosa camiñada.

NOTA: O track publicado sólo comprende a ruta desde Sellaño ata o Collado Semeldón. A partir desta braña o tramo que segue ata a ponte de ferro, solo aconsellable para xente experimentada.

Waypoints

PictographPhoto Altitude 1,467 ft
Photo ofCaso Photo ofCaso

Caso

Caso

Comments

    You can or this trail