Activity

Senda da Ribeira ( PR-G 103)As Pontes de García Rodríguez

Download

Trail photos

Photo ofSenda da Ribeira ( PR-G 103)As Pontes de García Rodríguez Photo ofSenda da Ribeira ( PR-G 103)As Pontes de García Rodríguez Photo ofSenda da Ribeira ( PR-G 103)As Pontes de García Rodríguez

Author

Trail stats

Distance
4.19 mi
Elevation gain
318 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
318 ft
Max elevation
1,342 ft
TrailRank 
53
Min elevation
1,116 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 44 minutes
Time
2 hours 9 minutes
Coordinates
1151
Uploaded
July 4, 2022
Recorded
July 2022
Share

near As Pontes de García Rodríguez, Galicia (España)

Viewed 168 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofSenda da Ribeira ( PR-G 103)As Pontes de García Rodríguez Photo ofSenda da Ribeira ( PR-G 103)As Pontes de García Rodríguez Photo ofSenda da Ribeira ( PR-G 103)As Pontes de García Rodríguez

Itinerary description

Unha fermosa ruta ás beiras do río Eume, moi fácil, curta e relaxante pero...ten un tramo na marxe dereita sen limpar, case pechado de silvas e herbas que fai ir máis atenta de onde pisas que da paisaxe. Unha pena sendo ademais unha ruta homologada que deberían ter toda limpa.
Está ben sinalizada agás un tramo da marxe dereita que cruza uns prados onde a sinalización desaparece durante uns metros pero intúese facilmente o percorrido ao ver un camiño algo lonxe do río polo que hai que ir.
A ruta empeza e remata na ponte máis antiga da vila: a de García Rodríguez do S. XV e mandada contruir por este cabaleiro no barrio de A Vila, fermoso e antigo.
Neste barrio temos tamén a igrexa de Santa María e diante dela unha fermosa e acolledora praciña onde temos un cruceiro e o Museo Etnográfico Monte Caxato.
A Senda presenta dúas opcións: ir pola marxe esquerda ou pola dereita e dá igual xa que calquera delas ven rematar no mesmo lugar. Nós fomos pola marxe dereita xa que despois hai un tramo que indo deste xeito temos que baixar e se imos pola marxe esquerda temos que subir. É un tramo curto pero a mín non me gusta subir.
Veremos o muíño rehabilitado da Ribeira despois de atravesar o Parque do Eume ou da Fraga, unha inmensa carballeira con mesas, bancos...e ata un pequeno espazo onde penso que se permite o baño.
Despois de ir á beira dunha estrada local por un paseo peatonal que usan os ponteses para os seus paseos, chegamos á presa e encoro da Ribeira dende onde temos fabulosas vistas da vila das Pontes e da fraga de Lostegal.
Dende alí, a ruta dá a volta pola outra marxe do río ap que chegamos despois de atravesar baixando un tramo de fraga.
Voltamos pola outra marxe do río que neste caso sí estaba acondicionada, pasamos polas fermosisímas fervenzas Feiticeiras, polo barrio de Cuíña e chegamos á Ponte da Presa de Alende, pasamos por debaixo dela vendo a fermosa presa e despois polo de Isabel II xa moi cerca do final.
A mín pareceume unha ruta preciosa!!

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,122 ft
Photo ofMural

Mural

Vemos un mural que forma parte do proxecto "As Pontes enPEZAS" . Ese proxecto trata da transformación ambiental, participación cidadá e arte público promovido polo concello de As Pontes. Este mural está instalado no muíño de Severiano, que foi un importante torneiro e muiñeiro das Pontes. No mural tamén están representados outros torneiros emblemáticos da localidade: Lolo Castro e Fernando Vérez. O mural é obra do artista Diego G. Cereijo

PictographWaypoint Altitude 1,117 ft
Photo ofPasarela

Pasarela

PictographWaypoint Altitude 1,132 ft
Photo ofFonte

Fonte

PictographWaypoint Altitude 1,126 ft
Photo ofSinal

Sinal

Aquí temos a opción de ir pola dereita ou pola esquerda do río. Nós escollemos a opción dereita para non ter despois que subir.

PictographWaypoint Altitude 1,134 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographWaypoint Altitude 1,129 ft
Photo ofPonte da presa de Alende

Ponte da presa de Alende

Vemos a Ponte da Presa de Alende construida no 1992. Ten diversas estructuras metálicas en cor vermella que lembran a ponte de S. Francisco.

PictographWaypoint Altitude 1,129 ft
Photo ofCarreiro?

Carreiro?

PictographWaypoint Altitude 1,168 ft
Photo ofParque do Eume

Parque do Eume

PictographWaypoint Altitude 1,150 ft
Photo ofParque do Eume

Parque do Eume

PictographWaypoint Altitude 1,143 ft
Photo ofEstatua.

Estatua.

A uns metros da ruta oficial vemos esta estatua de bronce. Corresponde a Juan Mª Rivera Corral que naceu en As Pontes e fundou en 1906 Estrella Galicia, un imperio empresarial a día de hoxe. Foi colocada en 1906 ao mesmo tempo que tamén se inauguraba un paseo co seu nome.

PictographWaypoint Altitude 1,150 ft
Photo ofMuíño de A Ribeira

Muíño de A Ribeira

O restaurado Muíño da Ribeira que según di unha placa que ten, "...foi cedido pola familia de D. José Ferro Rodeiro para uso e desfrute de aos veciños das Pontes. Xullo de 2009"

PictographWaypoint Altitude 1,190 ft
Photo ofPaseo peonil

Paseo peonil

PictographWaypoint Altitude 1,211 ft
Photo ofÁrea recreativa da Ribeira Nova

Área recreativa da Ribeira Nova

PictographWaypoint Altitude 1,305 ft
Photo ofEncoro

Encoro

Este encoro foi construido no 1961, conta cunha presa de gravedade realizada de 54 m de altura, lonxitude de coroación 280 m, regulación por comportas e que embalsa uns 33 hm³. A lonxitude do encoro é de entre 5 km y 7 km augas arriba. Actualmente ouso principal deste encoro é explotación hidroeléctrica pola empresa Endesa Generación SA, outros usos son o abastecemento de auga a á vila de As Pontes e á central térmica, ademáis de uso recreativo para baño, pesca e escola de piragüismo.

PictographWaypoint Altitude 1,232 ft
Photo ofBaixada

Baixada

PictographWaypoint Altitude 1,202 ft
Photo ofPasarela

Pasarela

PictographWaypoint Altitude 1,185 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 1,188 ft
Photo ofPaso estreito

Paso estreito

PictographWaypoint Altitude 1,165 ft
Photo ofFervenzas

Fervenzas

PictographWaypoint Altitude 1,198 ft
Photo ofCuíña

Cuíña

PictographWaypoint Altitude 1,139 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 1,129 ft
Photo ofPresa

Presa

PictographWaypoint Altitude 1,131 ft
Photo ofPonte de Isabel II

Ponte de Isabel II

Ponte popularmente coñecida como "a ponte nova", construída en 1862 para dar paso á antiga estrada de Castela. Sitúase sobre el río Eume nunha das entradas da villa pontesa. Destaca polo emprego de bos sillares de cantería en todo o conxunto.

PictographWaypoint Altitude 1,132 ft
Photo ofIgrexa de Santa María

Igrexa de Santa María

PictographWaypoint Altitude 1,123 ft
Photo ofA Vila

A Vila

PictographWaypoint Altitude 1,125 ft
Photo ofPonte de G. Rodríguez ou Ponte dos Ferros

Ponte de G. Rodríguez ou Ponte dos Ferros

Chamada tamén Ponte Vella ou Ponte dos Ferros mandada construir por García Rodríguez no S. XV

Comments

    You can or this trail