Activity

Senda do río Almofrei

Download

Trail photos

Photo ofSenda do río Almofrei Photo ofSenda do río Almofrei Photo ofSenda do río Almofrei

Author

Trail stats

Distance
6.85 mi
Elevation gain
689 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
689 ft
Max elevation
468 ft
TrailRank 
44
Min elevation
68 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 4 minutes
Coordinates
2067
Uploaded
June 8, 2020
Recorded
May 2019
Be the first to clap
Share

near Tombo, Galicia (España)

Viewed 448 times, downloaded 8 times

Trail photos

Photo ofSenda do río Almofrei Photo ofSenda do río Almofrei Photo ofSenda do río Almofrei

Itinerary description

Ruta realizada no mes de maio, xa sen un caudal excesivo no río e co intención de non termos problemas para cruzar o río polos pasos de Portamuíños. No mes de xaneiro do ano anterior os pasos practicamente nin se vían, totalmente somerxidos na auga, feito que nos obrigou a improvisar e ir avanzando pola mesma beira do río até que nos sorprendeu a fermosura dos saltos da zona das Fervenzas co tremendo caudal co que baixaba o Almofrei (ver variante: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/variante-senda-rio-almofrei-portamuinos-cos-pasos-desbordados-de-auga-50785253).

Comezamos a andaina en Ponte Bora (Concello de Pontevedra), perto da estación de ITV, pouco antes de que o Almofrei chegue ao Lérez (é o seu principal afluente), onda o desvío da N-541 (Pontevedra-Ourense) cara a Marcón (PO-542). Os restos dun panel informativo sinalan o inicio da ruta. Dous quilómetros á beira do río lévannos até os pasos de Portamuíños: se no primeiro intento estaban cubertos de auga, impracticábeis, e mesmo tardamos en dar con eles, desta vez eran ben visíbeis, pero a corrente levara por diante un par de pasos, co que nos vimos obrigados a descalzarnos e remangar os pantalóns para pasar á outra beira. Contando con esa continxencia, levamos toallas e escollemos un día de temperatura agradábel.

En pouco tempo imos pasando polas Leiras de Abaixo, a ponte das Leiras, As Leiras... o lugar de Ameixales (xa no km 4 da ruta) coa fonte da Canliña á saída da aldea. No km 5,5 da ruta podedes ver que nos desviamos para dirixirnos a unha zona elevada na que se supón que dariamos cun bo miradoiro, mais as vistas están cegadas polas árbores e o miradoiro que puidese haber en tempos xa non debe ser tal, así podemos evitar ese desvío e aforrar uns 800 metros.

Despois de termos atravesado algunha zona de bosque interesante, achegámonos as partes máis espectaculares da andaina, xa na zona das Fervenzas: diversos saltos no Almofrei refréscannos a vista. Aquí o río marca a división entre Bora e Almofrei, ou o que é o mesmo neste caso, entre Pontevedra e Cotobade agora (Cerdedo-Cotobade). Entre as dúas zonas de saltos ás que nos asomamos, o muíño das Fervenzas. Na segunda zona de saltos hai colocada unha corda de seguridade que nos permite movernos máis doadamente onda o maior dos saltos, que forma unha gran poza mesmo na curva do río.

O regreso realizámolo á beira do río, pola marxe esquerda (dous quilómetros ben chulos con bastante vexetación) até os pasos de Portamuíños e outros dous ao inicio da ruta), cunha breve parada no muíño da Bouza.

Waypoints

PictographRiver Altitude 98 ft
Photo ofPasos de Portamuíños Photo ofPasos de Portamuíños Photo ofPasos de Portamuíños

Pasos de Portamuíños

PictographWaypoint Altitude 210 ft
Photo ofLeiras de Abaixo

Leiras de Abaixo

PictographBridge Altitude 199 ft
Photo ofPonte das Leiras Photo ofPonte das Leiras

Ponte das Leiras

PictographWaypoint Altitude 269 ft
Photo ofAs Leiras Photo ofAs Leiras

As Leiras

PictographWaypoint Altitude 374 ft

Ameixales

PictographFountain Altitude 390 ft
Photo ofFonte da Canliña Photo ofFonte da Canliña

Fonte da Canliña

PictographWaypoint Altitude 244 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographWaterfall Altitude 245 ft
Photo ofSalto (río Almofrei) Photo ofSalto (río Almofrei) Photo ofSalto (río Almofrei)

Salto (río Almofrei)

PictographWaterfall Altitude 234 ft
Photo ofSaltos (río Almofrei) Photo ofSaltos (río Almofrei) Photo ofSaltos (río Almofrei)

Saltos (río Almofrei)

PictographWaypoint Altitude 155 ft
Photo ofMuíño da Bouza

Muíño da Bouza

Comments

    You can or this trail