Senda Litoral das Praias de Arteixo.
near A Baiuca, Galicia (España)
Viewed 157 times, downloaded 1 times
Trail photos
Itinerary description
- Praia de Repibelo (2.4 km)
- Praia Da Salsa (2.8 km)
- Praia Da Ucha (3.5 km)
- Praia de Valcovo (3.9 km)
- Praia Das Combouzas (5.3 km)
- Praia de Barrañán
Fermosa ruta que nos permite coñecer as praias de Arteixo dentro do Golfo Ártabro. Este espazo está considerado LIC ( Lugar de Interese Comunitario)
A conformación da costa de Arteixo é unha sucesión de acantilados, praias, furnas, dunas e illotes.
É unha ruta oficialmente lineal pero nó quixemos facela circular seguindo o track de Eugenio Lombardía que nos permiteu voltar ao inicio algo mais alonxados da costa pero véndoa case sempre. É unha moi boa alternativa se non se quere voltar ao principio polo mesmo lugar.
Fomos vendo igualmente as praias polas que antes pasáramos ao pé, dende puntos máis altos transitando por pistas, camiños rurais e algo de asfalto.
A ruta está sinalizada e non ten perda posible facendo a primeira parte, dende a Praia de Sabón á de Barrañán. A partires de aquí, se se quere facer esta opción circular, é necesario seguir un track.
Waypoints
Praia de Alba
A praia de Alba realmente forma unha sola coa anterior, a de Sabón. É unha praia con tódolos servizos e cun importante sistema dunar.
Monumento ao Voyeur.
Este monumento que chama a atención é obra de Enrique Saavedra. Son uns anteollos de 14,5 m. que se chama oficialmente "Monumento al voyeur" pero que tamén é coñecido como O Vixiador ou O Mirón. Foi instalado no 2006 para conmemorar a construcción do paseo marítimo. O monumento compleméntase cunha escaleira rematada nunha silla a 5m de altura que permite subirse e contemplar o océano
Praia de Repibelo
A praia de Ripibelo tamén chamada praia da Salsa ten forma de enseada e unha area fina. O entorno é agreste e rochoso.
Praia Da Hucha
A praia da Hucha non sabemos en que condicións estará no verán pero agora no inverno é un verdadeiro coído
Praia Valcobo
A praia de Valcobo ten unha forte ondaxe, o que a fai idónea para a práctica do surf. Nós cruzamos a praia pero tamén se pode ir pola arte de arriba se non queres camiñar sobre a area.
Praia de Barrañán
A praia de Barrañán é un espazo natural protexido cun sistema dunar moi importante que ten un grande valor ecolóxico e paisaxístico. Ao pé desta praia comenza e remata a Senda do río Sisalde.
Praia de Sabón
Esta praia está pegada á Central Térmica instalada neste lugar onde tamén se fixo un encoro coñecido como Encoro do Ruxidoiro. Na foto vemos a desembocadura deste encoro.
Comments (2)
You can add a comment or review this trail
Unas fotografias
Se escapo. Unas fotografías que dicen mucho y bien de la ruta. Un saludo