Activity

Sendeiro Azul do río Verdugo

Download

Trail photos

Photo ofSendeiro Azul do río Verdugo Photo ofSendeiro Azul do río Verdugo Photo ofSendeiro Azul do río Verdugo

Author

Trail stats

Distance
5.88 mi
Elevation gain
410 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
410 ft
Max elevation
1,112 ft
TrailRank 
64 3.3
Min elevation
931 ft
Trail type
Loop
Coordinates
954
Uploaded
October 10, 2016
Recorded
October 2016
  • Rating

  •   3.3 2 Reviews
Share

near Ponte Caldelas, Galicia (España)

Viewed 4844 times, downloaded 218 times

Trail photos

Photo ofSendeiro Azul do río Verdugo Photo ofSendeiro Azul do río Verdugo Photo ofSendeiro Azul do río Verdugo

Itinerary description

Din os paneis informativos deste roteiro:

"O concello de Ponte Caldelas é o primeiro de Galicia en ter unha Bandeira Azul nunha praia fluvial e un Sendeiro Azul que pon en valor o territorio fluvial que percorre o río Verdugo.

Os Sendeiros Azuis concebironse como recursos útiles para fomentar o uso e a xestión sostible do medio litoral ou fluvial e o seu ambiente, mediante a cooperación e retroalimentación entre o sector turístico e o ambiental. O obxectivo que se persegue con isto é a consolidación do distintivo de calidade "Sendeiro Azul" como un galardón que se recoñeza e valore na mesma medida que a Bandeira Azul para as praias.

O itinerario polo Sendeiro Azul é o seguinte:

1.- Balneario (inicio do sendeiro). O sendeiro comeza cun tramo urbano accesible para persoas con dificultade de mobilidade ou visuais que nos permite gozar dun agradable paseo pola marxe do río Verdugo, ata chegar á praia fluvial onde poderemos tomar un refrescante baño. (Este balneario desapareceu por mor de un incendio no ano 1910).

2.-Praia fluvial d´A Calzada. Partindo da praia camiñaremos por un bosque en galería formado por salgueiros, ameneiros, freixos, carballos, loureiros, fentos, etc. que flanquean o curso do río Verdugo (ou Verduxo).

3.- Desvío da volta do Cornello. Debido a imposibilidade de continuar pola marxe do río, ascenderemos por una pequena ladeira onde nos atoparemos cunha zona de matogueira típica galega (queirugas, xestas, carqueixas, carpazas, toxos, etc.) e outra de cultivo forestal de eucalipto.

4.- Corredoria da Sorreira. Trátase dun camino tradicional coñecido como "corredoira" que, neste caso, se enmarca entre muros de pedra cubertos de musgo a sombra dunha carballeira acompañada de interesantes fentos. Tras camiñar 300 metros chegaremos a unha bifurcación onde poderemos escoller entre desviarnos cara ao río ou continuar polo sentido natural do camiño.

5.- Pasos de Portasouto e da Larpea. Estos pasos axudarannos a cruzar o río e son unhas grandes pedras case somerxidas na canle do Verdugo (coincide neste punto coa Ruta das Almiñas).

6.- Pasos de Porta de Abaixo. Trátase dun treito parcialmente inundable. Nas beiras atoparemos un bosque en galería formado por carballos, ameneiros, freixos, pradairos, etc., que flanquean o curso fluvial."

De aquí retomamos o percorrido de regreso pola volta do Cornello que nos leva a praia d´A Calzada e deseguido ao punto de comezo.

View more external

Waypoints

PictographPicnic Altitude 960 ft
Photo ofArea lecer Photo ofArea lecer

Area lecer

Área recreativa ao carón da praia d´A Calzada.

PictographPhoto Altitude 1,065 ft
Photo ofCamiño Photo ofCamiño Photo ofCamiño

Camiño

Camiño baixando a volta da Sorreira.

PictographPhoto Altitude 1,017 ft
Photo ofCamiño empedrado Photo ofCamiño empedrado

Camiño empedrado

Camiño laxeado preto de Portasouto.

PictographRiver Altitude 968 ft
Photo ofCanle

Canle

Canle de auga no río Verduxo.

PictographReligious site Altitude 963 ft
Photo ofCapela

Capela

Ermida en ruínas as beiras do río Verduxo.

PictographTree Altitude 1,061 ft
Photo ofCarballeira Photo ofCarballeira

Carballeira

Bosque de carballos por debaixo do lugar de Fillaboa.

PictographTree Altitude 1,044 ft
Photo ofCarballeira Portasouto

Carballeira Portasouto

Bosque de carballos no lugar de Portasouto.

PictographWaypoint Altitude 985 ft
Photo ofComezo Azul

Comezo Azul

Punto de inicio do sendeiro no centro de Ponte Caldelas.

PictographPhoto Altitude 1,078 ft
Photo ofCorredoira da Sorreira Photo ofCorredoira da Sorreira

Corredoira da Sorreira

Camiño tradicional por debaixo do lugar de Fillaboa.

PictographRuins Altitude 945 ft
Photo ofFabrica da luz Photo ofFabrica da luz

Fabrica da luz

Antiga central hidroeléctrica.

PictographBridge Altitude 988 ft
Photo ofPasarela

Pasarela

Pasarela de madeira sobre o río Verduxo. No centro de Ponte Caldelas.

PictographBridge Altitude 995 ft
Photo ofPasos da Larpea Photo ofPasos da Larpea

Pasos da Larpea

Poldras sobre o río Pequeno.

PictographBridge Altitude 991 ft
Photo ofPasos de Portosouto

Pasos de Portosouto

Poldras sobre o río Verduxo, no lugar de Portasouto.

PictographBridge Altitude 986 ft
Photo ofPasos Porta de Abaixo Photo ofPasos Porta de Abaixo

Pasos Porta de Abaixo

Poldras sobre o río Verduxo.

PictographPhoto Altitude 997 ft
Photo ofPeto animas Photo ofPeto animas

Peto animas

Peto de ánimas ao carón dos pasos de Portasouto.

PictographBridge Altitude 990 ft
Photo ofPonte Photo ofPonte Photo ofPonte

Ponte

Ponte sobre o Verduxo, no centro de Ponte Caldelas.

PictographBeach Altitude 950 ft
Photo ofPraia A Calzada Photo ofPraia A Calzada Photo ofPraia A Calzada

Praia A Calzada

Praia fluvial d´A Calzada. Conta con Bandeira Azul.

PictographRiver Altitude 952 ft
Photo ofRepresa Photo ofRepresa

Represa

Presa no río Verduxo.

PictographRiver Altitude 989 ft
Photo ofRio Verduxo Photo ofRio Verduxo Photo ofRio Verduxo

Rio Verduxo

Nace no concello de Forcarei e desemboca en Pontesampaio.

PictographRiver Altitude 949 ft
Photo ofRio Verduxo Photo ofRio Verduxo Photo ofRio Verduxo

Rio Verduxo

Río que nace no concello de Forcarei e desemboca na ría de Vigo, en Pontesampaio.

PictographPhoto Altitude 955 ft
Photo ofSendeiro pescadores

Sendeiro pescadores

Carreiro pola beira do río Verduxo.

PictographPhoto Altitude 1,045 ft
Photo ofVolta do Cornello

Volta do Cornello

Carreiro que nos afasta das beiras do río Verduxo.

Comments  (6)

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Oct 10, 2016

    O sendeiro conta con sinalización de frechas de cor azul. Pódese facer sen GPS.

  • Photo of Una ruta cada día
    Una ruta cada día Jul 1, 2017

    Boas! Canto pode levar facer este sendeiro, máis ou menos? Grazas!

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Jul 1, 2017

    Unhas tres horas indo tranquilamente.
    Saúdos.

  • Gersioiglesias Feb 3, 2019

    O camiño o fixemos neste mes de febreiro. O río levaba moita agua e non pudimos cruzar polos pasos. O río estaba precioso, dunha cor verde botella. Os sendeiros tamén bonitos, e a vexetación, salvo un tramo co maldito eucalipto, formada por carballos e caducifolias. Realmente paga a pena facelo

  • Gersioiglesias Feb 3, 2019

    I have followed this trail  verified  View more

    O camiño o fixemos neste mes de febreiro. O río levaba moita agua e non pudimos cruzar polos pasos. O río estaba precioso, dunha cor verde botella. Os sendeiros tamén bonitos, e a vexetación, salvo un tramo co maldito eucalipto, formada por carballos e caducifolias. Realmente paga a pena facelo

  • Photo of Fernando Moreiras
    Fernando Moreiras Aug 14, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Ao principio, a ruta pasa sobre unha levada algo estreita e sen apoios; e, no tramo alto, leva a cruzar o Verduxo dúas veces por poldras. Jesús, xa é a segunda vez que vou por unha ruta que marcas coma fácil e logo ten tramos de alta dificultade técnica. Nunha ruta fácil debería poder levar os meus pais xubilados, ho!

You can or this trail