Activity

Sendeiro circular en Coles

Download

Trail photos

Photo ofSendeiro circular en Coles Photo ofSendeiro circular en Coles Photo ofSendeiro circular en Coles

Author

Trail stats

Distance
7.17 mi
Elevation gain
958 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,004 ft
Max elevation
1,212 ft
TrailRank 
55 4
Min elevation
390 ft
Trail type
Loop
Coordinates
460
Uploaded
November 3, 2009
Recorded
November 2009
  • Rating

  •   4 2 Reviews
Be the first to clap
7 comments
Share

near Coles, Galicia (España)

Viewed 4619 times, downloaded 136 times

Trail photos

Photo ofSendeiro circular en Coles Photo ofSendeiro circular en Coles Photo ofSendeiro circular en Coles

Itinerary description

Este sendeiro está case todo sinalizado, agás o treito final que vai desde Belesar de Barra de Miño (non o do encoro) ata Meriz. Tendo un pouco de sentido da orientación pódese facer sen o track do GPS, aínda que aconsello seu uso para dito segmento.
Iniciamos o percorrido na aldea de Meriz, seguindo as marcas brancas e azuis de sendeiro local e as brancas e amarelas de sendeiro de curto percorrido, xa que aquí coinciden os dous. Logo de pasar a igrexa de Meriz e o cruceiro, metémonos por un camiño que nos leva a unha frondosa fraga as beiras do rego Lusín e con dous muíños restaurados.
Deixamos atrás unha gran pedra cabaleira e outros dous muíños a antes de acadar unhas casas, imos por unha corredoira a man esquerda. Camiñamos sobre un muro que fai as veces de sendeiro e pasando unha casa en Seoane, a uns cen metros, baixamos por unha congostra que nos mergulla nun tupido bosque.
Agora hai que ir moi atentos para ver un sinal que nos indica que baixemos a esquerda por un carreiro moi pouco definido e que nos mete no corazón da fraga (se continuásemos rectos polo camiño chegaríamos a Prado, con súa igrexa románica de San Xulián de Rivela).
Imos pola ribeira do rego Lusín, por unha fraga abraiante e acompañados do rumor das augas. Impresionante.
Nos espera a aldea de Outeiro e logo de pasala, baixamos a esquerda seguindo as marcas do sendeiro de longo percorrido que vai desde Ourense ata Os Peares, para poñernos no clube náutico de Rivela, no río Miño e cunha contorna de gran beleza. Saímos desta zona pola pista asfaltada da dereita e a uns cento cincuenta metros pola estrada, collemos a man dereita unha corredoira entre árbores. Pasamos por outra fermosa enseada do río Miño.
Seguindo os sinais, entre congostras, muros e arboredas, deixamos atrás Casanova e Levices para chegar a Belesar de Barra de Miño. Fermosísimo treito.
En Belesar abandonamos as marcas dos sendeiros (que nos levarían a Barra de Miño) e subimos a esquerda a estrada para chegar nuns douscentos metros ao núcleo de Cruceiros.
Ide atentos porque xa non hai sinais de sendeiro. Pasamos un bar e unha construción ameada; deixamos atrás o desvío a Barra de Miño e desde este cruce, a uns douscentos metros, a esquerda, subimos por un camiño que primeiro está asfaltado e logo é de terra. Seguimos de fronte e chegamos a Paradela e desde aquí a Meriz, noso punto de comezo e remate.


Waypoints

PictographWaypoint Altitude 564 ft

BELESAR

01-NOV-09 15:43:54

PictographWaypoint Altitude 529 ft

CAMIÑO EMPEDRADO

01-NOV-09 15:17:12

PictographWaypoint Altitude 396 ft

CLUBE NAUTICO

31-OCT-09 14:14:09

PictographWaypoint Altitude 483 ft

CRUCE GR

31-OCT-09 14:09:39

PictographWaypoint Altitude 1,182 ft

CRUCEIRO 1

31-OCT-09 12:36:16

PictographWaypoint Altitude 523 ft

CRUCEIRO 2

01-NOV-09 15:05:45

PictographWaypoint Altitude 664 ft

CRUCEIROS (ALDEA)

01-NOV-09 16:01:34

PictographWaypoint Altitude 573 ft

FONTE 1

01-NOV-09 15:49:24

PictographWaypoint Altitude 1,080 ft

FONTE 2

01-NOV-09 16:58:48

PictographWaypoint Altitude 1,179 ft

IGREXA MERIZ

31-OCT-09 12:33:58

PictographWaypoint Altitude 565 ft

LEVICES

01-NOV-09 15:26:37

PictographWaypoint Altitude 1,034 ft

MUIÑO 1

31-OCT-09 12:45:38

PictographWaypoint Altitude 1,021 ft

MUIÑO 2

31-OCT-09 12:48:27

PictographWaypoint Altitude 1,012 ft

MUIÑO 3

31-OCT-09 12:53:23

PictographWaypoint Altitude 1,010 ft

MUIÑO 4

31-OCT-09 12:54:27

PictographWaypoint Altitude 1,001 ft

MUIÑO 5

31-OCT-09 12:55:48

PictographWaypoint Altitude 507 ft

MUIÑO 6

31-OCT-09 15:06:42

PictographWaypoint Altitude 494 ft

OUTEIRO

31-OCT-09 15:02:37

PictographWaypoint Altitude 1,076 ft

PARADELA

01-NOV-09 16:57:50

PictographWaypoint Altitude 854 ft

REGO

31-OCT-09 13:07:38

PictographWaypoint Altitude 1,022 ft

REGO LUSIN

31-OCT-09 12:49:54

PictographWaypoint Altitude 515 ft

REGO-LUSIN

31-OCT-09 15:07:47

PictographWaypoint Altitude 393 ft

RIO MIÑO

01-NOV-09 14:46:33

PictographWaypoint Altitude 1,025 ft

ROCHA CABALEIRA

31-OCT-09 12:51:17

PictographWaypoint Altitude 934 ft

SEOANE

31-OCT-09 13:00:32

Comments  (7)

You can or this trail