Activity

Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva - PRG 165

Download

Trail photos

Photo ofSendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva - PRG 165 Photo ofSendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva - PRG 165 Photo ofSendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva - PRG 165

Author

Trail stats

Distance
11.77 mi
Elevation gain
2,264 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,264 ft
Max elevation
1,649 ft
TrailRank 
76 5
Min elevation
469 ft
Trail type
Loop
Time
6 hours 42 minutes
Coordinates
3543
Uploaded
January 30, 2019
Recorded
November 2018
  • Rating

  •   5 1 review

near Achas, Galicia (España)

Viewed 727 times, downloaded 27 times

Trail photos

Photo ofSendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva - PRG 165 Photo ofSendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva - PRG 165 Photo ofSendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva - PRG 165

Itinerary description

Esta ruta transcorre pola parroquia de Parada de Achas, no Concello da Cañiza, con treitos realmente espectaculares e recantos de enorme fermosura. Malia ter algún tramo de enlace algo insípido, paga realmente a pena descubrir os agasallos para os sentidos que se agachan aquí. Foi preparado pola Asociación de Veciños e a Comunidade de Montes de Parada.

Deixamos o coche ao lado dun bar na praia fluvial da Ponte e seguimos as indicacións, abundantes en case todo o percorrido, aínda que é recomendable ter de man o gps para non despistarse nalgún desvío. A ruta é circular agás no primeiro quilómetro e medio, camiño que percorremos tanto á ida como á volta. Ao chegarmos a ese punto no km 1,5, no lugar das Caldas, temos que escoller en que sentido realizar a ruta: nós optamos por tirar á nosa dereita, en sentido descendente, directamente cara ao río Calvo até achegarnos a unhas poldras polas que non hai que cruzar (nin se podería co caudal que levaba o río cando fixemos a ruta). Mantémonos na beira dereita do río (no sentido da corrente) e pasamos onda o pontillón de madeira de Vilamide e o muíño de Entre as Viñas. Pouco máis adiante a levada de San Paio ou Sampaio (co seu muíño) e a levada de Pintelos vannos achegando a unha zona na que o río forma fermosos rápidos que logo de pequenos saltos rematan na fervenza do Deva, onde o as augas do río volven acougar. Levamos camiñado tres quilómetros e xa damos por xustificada a visita, sen saber todo o que nos espera. Un vídeo deste recanto gravado por nós este mesmo día tédelo en https://www.youtube.com/watch?v=dyUgsIbfNM8.

A seguir adentrámonos na fraga do Deva da que saímos á altura do restaurante Cruceiro da Balsada, enlazando co Camiño Real. Atravesamos o lugar do Feirón, onde pasamos a carón do Pazo do conde de Cervellón (km 5,2) para logo atravesar o barrio da Igrexa. Entre estes dous lugares está indicada a primeira das variantes desta ruta, a derivación aos cotos, que non tomamos. Este é un tramo de pouco máis dun quilómetro pouco vistoso, mais axiña tomamos o camiño dos Defuntos que nos leva á fraga do río Calvo, auténtica marabilla natural da que gozamos durante practicamente dous fermosísimos quilómetros. O senlleiro castiñeiro da portada do tríptico da ruta fica fitándonos neste treito. A vexetación, as árbores, as pedras vestidas de verdes intensos, a auga chamando por nós para que nos desviemos un chisco do camiño e nos asomemos a contemplala nos diversos saltos que ten que ir dando para avanzar... Por certo, polo devandito camiño dos Defuntos baixaban aínda a comezos do século XX os cadaleitos dende os lugares de Formigueiro, Vilariño e Folgoso até Parada de Achas, tal como nos informa un panel na ruta máis adiante.

Déixovos a ligazón a un breve vídeo dun recanto do río Calvo: https://www.youtube.com/watch?v=y3DlegN49-Y.

A uns 9 km do inicio saímos da fraga onda a segunda derivación, no lugar do Formigueiro: a variante do coto da Vella, que nos leva a lugares máis elevados do Paradanta (o coto da Vella é un espectacular miradoiro, principalmente cara ao sur, sobre o Paradanta e o val do Miño, a máis de 900 m de altitude). Nós continuamos agora en paralelo ao camiño polo que percorremos a fraga, pero a máis altura e por unha pista que vai cruzando regos como o de Porto de Bois (pouco máis adiante deste rego reaparece o camiño dos Defuntos como posible punto de retorno) ou o de Porta Cedeira, punto de confluencia do camiño da Raíña, denominado deste xeito por telo utilizado dona Urraca para ir ao castelo do Sobroso (antigamente “Soberoso” pola abundancia de sobreiras) ou mesmo ao castelo de Salvaterra de Miño. Este camiño entraba en Galiza dende Castela e pasaba, por exemplo, polos mosteiros de Oseira, Melón e A Franqueira.

Continúa o camiño cara ao muíño do Arendo (km 12,5) onde collemos a desviación cara á ermida da Pena de Francia, lugar de romaría cun fermoso castiñeiro centenario e boa zona de merendeiro (onde aproveitamos para tomar o noso bocata). O desvío até a ermida é duns 800 metros (ida e volta incluídas). Pouco máis adiante atopamos o pequeno río Oulo e atravesamos un fermoso sobreiral polo que nos achegamos novamente ao río Deva.

Ao pasar a pequena central hidroeléctrica de Cabo (km 15,6) hai unha ponte que nos levaría directamente ao lugar da Ibia, pero preferimos descubrir (e que ben fixemos sen o saber) o fermoso recanto que nos regala o Deva seguindo o río xusto antes de chegar ao muíño da Ibia. Seica debería haber unhas poldras para cruzar o río: ou non as vimos ou estaban cubertas pola auga, pero cun chisco de paciencia sempre se atopa unha zona de paso (a non ser que o caudal sexa moito, pero cando pasamos non era pequeno). No peor dos casos soamente habería que recuar uns trescentos metros, así que ben paga a pena asomarse.

A partir de aquí atravesamos o lugar da Ibia, cruzamos outra ponte sobre o Deva e chegamos de volta ao lugar das Caldas, dende onde regresamos ao punto de partida.

Tríptico informativo: http://www.caniza.org/recursos/archivos/Folleto%20Sendero.pdf.

Páxina de Facebook: https://www.facebook.com/As-Fragas-e-Levadas-do-Calvo-e-Deva-547419678606459/.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 812 ft
Photo ofAs Caldas Photo ofAs Caldas

As Caldas

As Caldas

PictographRiver Altitude 562 ft
Photo ofPoldras. Río Deva

Poldras. Río Deva

Poldras ou pasos no río Deva

PictographBridge Altitude 554 ft
Photo ofPontillón de Vilamide Photo ofPontillón de Vilamide

Pontillón de Vilamide

Pontillón de Vilamide. Río Calvo

PictographWaypoint Altitude 554 ft
Photo ofMuiño de entre as viñas Photo ofMuiño de entre as viñas

Muiño de entre as viñas

PictographWaypoint Altitude 560 ft
Photo ofLevada de Sampaio Photo ofLevada de Sampaio

Levada de Sampaio

Levada de Sampaio

PictographWaypoint Altitude 563 ft
Photo ofMuíño de Sampaio

Muíño de Sampaio

Muíño de Sampaio

PictographWaypoint Altitude 565 ft

Levada de Pintelos

Levada de Pintelos

PictographRiver Altitude 556 ft
Photo ofRápidos no río Deva Photo ofRápidos no río Deva

Rápidos no río Deva

Rápidos no río Deva

PictographWaterfall Altitude 507 ft
Photo ofFervenza do Deva Photo ofFervenza do Deva Photo ofFervenza do Deva

Fervenza do Deva

Fervenza do Deva

PictographTree Altitude 497 ft
Photo ofFraga do Deva Photo ofFraga do Deva

Fraga do Deva

Fraga do Deva

PictographWaypoint Altitude 684 ft
Photo ofCamiño Real

Camiño Real

Camiño Real

PictographWaypoint Altitude 1,013 ft
Photo ofO Feirón. Pazo do conde de Cervellón

O Feirón. Pazo do conde de Cervellón

O Feirón. Pazo do conde de Cervellón

PictographIntersection Altitude 1,089 ft
Photo ofDerivación variante dos Cotos

Derivación variante dos Cotos

Derivación variante dos Cotos

PictographWaypoint Altitude 1,056 ft

A Igrexa

PictographWaypoint Altitude 1,159 ft

Camiño dos Defuntos

Camiño dos Defuntos

PictographTree Altitude 1,056 ft
Photo ofFraga do río Calvo

Fraga do río Calvo

Fraga do río Calvo

PictographInformation point Altitude 1,065 ft
Photo ofPanel informativo

Panel informativo

Panel informativo. Fraga Río Calvo

PictographTree Altitude 1,201 ft
Photo ofFraga do río Calvo Photo ofFraga do río Calvo Photo ofFraga do río Calvo

Fraga do río Calvo

Fraga río Calvo

PictographWaypoint Altitude 1,230 ft
Photo ofLevada Nova Photo ofLevada Nova

Levada Nova

Levada Nova

PictographRiver Altitude 1,242 ft
Photo ofSaltos no río Calvo Photo ofSaltos no río Calvo Photo ofSaltos no río Calvo

Saltos no río Calvo

Saltos no río Calvo

PictographWaypoint Altitude 1,299 ft

Camiño da Fenteira

Camiño da Fenteira

PictographBridge Altitude 1,518 ft
Photo ofMuiño do Pousadoiro. Ponte Photo ofMuiño do Pousadoiro. Ponte Photo ofMuiño do Pousadoiro. Ponte

Muiño do Pousadoiro. Ponte

Muiño do Pousadoiro. Ponte

PictographIntersection Altitude 1,634 ft
Photo ofDesvío variante coto da Vella

Desvío variante coto da Vella

Desvío variante coto da Vella

PictographRiver Altitude 1,478 ft
Photo ofRegueiro do Porto de Bois

Regueiro do Porto de Bois

Regueiro do Porto de Bois

PictographIntersection Altitude 1,421 ft
Photo ofDesvío camiño dos Defuntos

Desvío camiño dos Defuntos

Desvío camiño dos Defuntos

PictographInformation point Altitude 1,194 ft
Photo ofPanel camiño da Raíña. Rego de Portacedeira

Panel camiño da Raíña. Rego de Portacedeira

Panel camiño da Raíña. Rego de Portacedeira

PictographWaypoint Altitude 1,221 ft
Photo ofMuiño do Arendo

Muiño do Arendo

Muiño do Arendo

PictographPicnic Altitude 1,301 ft
Photo ofErmida Pena de Francia Photo ofErmida Pena de Francia

Ermida Pena de Francia

Ermida Pena de Francia

PictographRiver Altitude 969 ft
Photo ofRío Oulo Photo ofRío Oulo

Río Oulo

Río Oulo

PictographTree Altitude 1,019 ft
Photo ofSobreiral

Sobreiral

Sobreiral

PictographRiver Altitude 775 ft
Photo ofRío Deva

Río Deva

Río Deva

PictographRiver Altitude 758 ft
Photo ofCentral hidroléctrica do Cabo Photo ofCentral hidroléctrica do Cabo

Central hidroléctrica do Cabo

Central hidroléctrica do Cabo

PictographRiver Altitude 788 ft
Photo ofMuíño. Río Deva Photo ofMuíño. Río Deva Photo ofMuíño. Río Deva

Muíño. Río Deva

Muíño. Río Deva

PictographWaypoint Altitude 793 ft
Photo ofMuíño da Ibia

Muíño da Ibia

Muíño da Ibia

PictographWaypoint Altitude 891 ft

A Ibia

A Ibia

PictographBridge Altitude 733 ft
Photo ofPonte río Deva

Ponte río Deva

Ponte río Deva

PictographWaypoint Altitude 769 ft
Photo ofA Ponte Photo ofA Ponte Photo ofA Ponte

A Ponte

A Ponte

Comments  (2)

  • Photo of jotrico
    jotrico Apr 13, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    La hemos hecho varias veces pero nunca deja de asombrar tanta hermosura.

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Apr 13, 2021

    Así é, lugares aos que sempre paga a pena volver, que se manteñan así moitos anos. Graciñas polo comentario e pola valoración, jotrico!

You can or this trail