Activity

Sendeiro Local de Saiáns (Vigo)

Download

Trail photos

Photo ofSendeiro Local de Saiáns (Vigo) Photo ofSendeiro Local de Saiáns (Vigo) Photo ofSendeiro Local de Saiáns (Vigo)

Author

Trail stats

Distance
2.07 mi
Elevation gain
479 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
479 ft
Max elevation
756 ft
TrailRank 
58 5
Min elevation
404 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 13 minutes
Coordinates
389
Uploaded
October 25, 2016
Recorded
October 2016
  • Rating

  •   5 2 Reviews
Be the first to clap
5 comments
Share

near Priegue, Galicia (España)

Viewed 2642 times, downloaded 68 times

Trail photos

Photo ofSendeiro Local de Saiáns (Vigo) Photo ofSendeiro Local de Saiáns (Vigo) Photo ofSendeiro Local de Saiáns (Vigo)

Itinerary description

Este roteiro foi trazado de forma conxunta polo concello de Vigo e máis a Comunidade de Montes de Saiáns e di a información proporcionada sobre os puntos de maior interese:

1.- Parque forestal de Saiáns.
Superficie de 23500 m2 enclavada no monte veciñal en man común de San Xurxo de Saiáns e destinada a espazo de lecer da cidadanía. Cedido por 30 anos ao concello de Vigo. O monte vecinal de Saiáns (46 hectáreas) sitúase na parte sur do macizo montañoso que se extende entre Vigo e Nigrán, facendo de límite do termo municipal. A súa cota máis elevada chega aos 400 metros no extremo oriental. A Comunidade de Montes leva traballando nos últimos anos nun plan de millora de especies, substituindo as de crecementos decadentes ou as invasoras (por exemplo acacia) por autóctonas (p. e. carballo nas fragas e piñeiral en zonas máis altas).

2.- Muíños da Estea.
Dende os primeiros asentamentos en Galicia, no Neolítico, existen muíños no rego da Estea en Saiáns: son os muíños naviculares, tanto nos poboados -en pedras móbiles- como fixos nas rochas naturais. Aparte de empregarse para moer cereais, tamén se empregaban en prácticas rituais ou en obter pinturas. Dende a idade media ata mediados do século XX proliferaron os muíños de auga que coñecemos. Hai mostras tanto en Estea como, máis adiante, na Fraga de Cal de Outeiro aproveitando as augas do rego de Saiáns.

3.- Castro Alto da Medoña.
Os primeiros habitantes de Saiáns están datados no século IX a.C., na idade de Ferro. Residían no poboado localizado no Alto da Medoña, na Estea. O recinto castrexo construiuse con terrazas de 130-160 metros e un foxo de protección duns 20 metros de ancho e 12 metros de profundidade. Con posterioridade no tempo, ao desaparecer o castro, no entorno do foxo construiuse unha mina de auga que o deformou parcialmente. Hoxe en día quedan o recordo e as fantásticas vistas da boca da Ría de Vigo, coas Illas Cíes presidindoas.

4.- Fraga Cal de Outeiro.
Un dos recunchos máis engaloiantes do concello de Vigo atópase nesta fraga, semella que nos transportáramos no tempo. Nela mantense a flora e fauna propia dunha ribeira, preservando unha gran biodiverdidade. Tamén atopamos os muíños mellor conservados da zona que lembran os quefaceres dos nosos antergos e toda a tradición cultural que neles se vivía. A flora que se pode atopar vai dende árbores como amieiros, salgueiros, carballos, loureiros, abeleiras, pradairos, etc, a prantas como o fento real ou unha variedade de cogumelos propios de tempada. A fauna, como cabe agardar, é moi variada tanto en mamíferos (teixugo, esquío ou raposa) como en aves (ferreiriños, miñatos, etc) ou anfibios (rás, píntegas, etc) e insectos (libeliña, tricópteros, vacalouras, etc).

View more external

Waypoints

PictographPhoto Altitude 641 ft
Photo ofCamiño 1

Camiño 1

Camiño que une o parque forestal con Estea.

PictographPhoto Altitude 665 ft
Photo ofCamiño 2

Camiño 2

Camiño preto do parque forestal de Saiáns.

PictographPhoto Altitude 488 ft
Photo ofCanteira

Canteira

Antiga canteira no castro do Alto da Medoña.

PictographWaypoint Altitude 752 ft
Photo ofComezo Saians

Comezo Saians

Punto de inicio do roteiro no parque forestal de Saiáns.

PictographSummit Altitude 549 ft
Photo ofCroa

Croa

Punto máis elevado do castro da Medoña.

PictographFountain Altitude 462 ft
Photo ofFonte da Medoña

Fonte da Medoña

Fonte de auga potable.

PictographFountain Altitude 564 ft
Photo ofFonte dos Muiños Photo ofFonte dos Muiños

Fonte dos Muiños

Fonte de auga potable na fraga de Cal de Outeiro.

Photo ofFoxo leste

Foxo leste

Foxo defensivo do castro do Alto da Medoña.

Photo ofFoxo oeste Photo ofFoxo oeste Photo ofFoxo oeste

Foxo oeste

Foxo defensivo no castro do Alto da Medoña.

PictographTree Altitude 534 ft
Photo ofFraga Cal de Outeiro Photo ofFraga Cal de Outeiro Photo ofFraga Cal de Outeiro

Fraga Cal de Outeiro

Fraga na parroquia de Saiáns, Vigo.

PictographWaypoint Altitude 462 ft
Photo ofInvernadoiro

Invernadoiro

Invernadoiro da Comunidade de Montes de Saiáns.

PictographPhoto Altitude 513 ft
Photo ofMina auga

Mina auga

Antiga mina de auga no castro do Alto da Medoña.

PictographPhoto Altitude 538 ft
Photo ofMuiño da Escola

Muiño da Escola

Muíño hidráulico na fraga de Cal de Outeiro.

PictographPhoto Altitude 448 ft
Photo ofMuiño de Cambés

Muiño de Cambés

Muíño de auga na Estea, en ruínas.

PictographPhoto Altitude 585 ft
Photo ofMuiño do Monte Photo ofMuiño do Monte

Muiño do Monte

Muíño de auga na fraga de Cal de Outeiro.

PictographPhoto Altitude 534 ft
Photo ofMuiño do Pintor Photo ofMuiño do Pintor

Muiño do Pintor

Muíño hidráulico na fraga de Cal de Outeiro.

PictographPhoto Altitude 474 ft
Photo ofMuiño Grande Photo ofMuiño Grande

Muiño Grande

Muíño de auga na Estea.

PictographPhoto Altitude 557 ft
Photo ofMuiño Novo Photo ofMuiño Novo Photo ofMuiño Novo

Muiño Novo

Muíño hidráulico na fraga de Cal de Outeiro, Saiáns.

Photo ofMuiños naviculares Photo ofMuiños naviculares Photo ofMuiños naviculares

Muiños naviculares

Muíños do Neolítico tallados na pedra.

PictographPicnic Altitude 754 ft
Photo ofParque forestal Saians Photo ofParque forestal Saians

Parque forestal Saians

Parque na parroquia de Saiáns, Vigo.

PictographTree Altitude 575 ft
Photo ofPiñeiral

Piñeiral

Bosque de piñeiros.

PictographRiver Altitude 604 ft
Photo ofPresa Photo ofPresa

Presa

Represa no rego de Saiáns.

PictographRiver Altitude 542 ft
Photo ofRego de Estea

Rego de Estea

Rego que baixa dende o parque forestal de Saiáns.

PictographRiver Altitude 485 ft
Photo ofRepresa

Represa

Presa de auga en Estea.

PictographLake Altitude 461 ft
Photo ofRepresas Photo ofRepresas

Represas

Presas de auga ao carón do viveiro da Comunidade de Montes de Saiáns.

Comments  (5)

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Oct 25, 2016

    O percorrido está perfectamente sinalizado, xa que logo, non fai falla GPS.

  • Photo of aleph1981
    aleph1981 Aug 13, 2018

    I have followed this trail  verified  View more

    Ruta muy fácil de seguir ideal para hacer con niños.

  • uxiogonzalez Nov 3, 2018

    Excepcional sendeiro da C. Montes de Saiáns

  • uxiogonzalez Nov 3, 2018

    I have followed this trail  View more

    Excepcional

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Nov 3, 2018

    Gracias, Uxío.
    Saúdos.

You can or this trail