Activity

Sendeiro Local de Zamáns (Vigo)

Download

Trail photos

Photo ofSendeiro Local de Zamáns (Vigo) Photo ofSendeiro Local de Zamáns (Vigo) Photo ofSendeiro Local de Zamáns (Vigo)

Author

Trail stats

Distance
4.63 mi
Elevation gain
650 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
650 ft
Max elevation
1,522 ft
TrailRank 
71 4.8
Min elevation
1,005 ft
Trail type
Loop
Coordinates
748
Uploaded
November 7, 2016
Recorded
November 2016
  • Rating

  •   4.8 4 Reviews

near Cela, Galicia (España)

Viewed 4227 times, downloaded 232 times

Trail photos

Photo ofSendeiro Local de Zamáns (Vigo) Photo ofSendeiro Local de Zamáns (Vigo) Photo ofSendeiro Local de Zamáns (Vigo)

Itinerary description

Este sendeiro está promovido polo concelllo de Vigo e a Comunidade de Montes de Zamáns e podemos ler nos paneis informativos do roteiro sobre os puntos de maior interese:

1.- Parque forestal de Zamáns.
Superficie de 30.000 metros cadrados enclavada no monte vecinal en man común de Zamáns e destinada a espazo de lecer da cidadanía. Cedido por 30 anos ao concello de Vigo. O monte veciñal de Zamáns (238 hectáreas) é o de maior superficie en relación coa poboación da parroquia, supón a masa forestal máis do 70%. Sitúase no sur do concello de Vigo, limitando con Gondomar, O Porriño e Mos. Achegándose ao cumio do monte Galiñeiro acada preto dos 700 metros de altitude e no entorno do encoro de Zamáns baixa ata os 300 metros.

2.- Fervenza da Freixa.
No ascenso polos montes de Zamáns pódense atopar algúns dos exemplos das plantacións de piñeiros e castiñeiros. Destaca no medio dunha destas plantacións a existencia dunha fervenza natural no río da Freixa, que recolle as augas procedentes do cumio para levalas ao río Zamáns e que, nos meses de augas, proporciona una estampa engaloiante. Neste traxecto pódese comprobar a conformación granítica dos montes, con formas moi curiosas. Precisamente o granito, e tamén o gneis, fixo destes montes un espazo destacado na explotación de canteiras, tanto para pedra de edificación como para grava e lastros. Un exemplo destacado foi a canteira de cuarcita de Vilaverde, cunha fondura de 38 metros na súa parte máis alta; actualmente abandonada.

3.- Monte Galiñeiro.
Para os habitantes de Zamáns, o Galiñeiro é un referente na medida en que de xeito permanente preside a parroquia, acobilla os seus montes e sorte as súas levadas de auga. Son chamativas as "ghallas" que coronan o cumio e que poñen en evidencia a relevancia xeolóxica do monte Galiñeiro. A súa orixe data de finais da Era Terciaria como resultado dos afundimentos e levantamentos provocados pola Oroxénese Alpina. Trátase dun macizo tectónico no que a pendente máis abrupta é a da cara oeste, mirando cara o Val Miñor. Ao leste, no val do río Louro, atópase a fosa tectónica de 140 Km que atravesa Galicia dende Carballo ata Tui. Polo norte mira cara o Val do Fragoso, que é a perspectiva que todos os vigueses e viguesas pronto recoñecen. O monte Galiñeiro é un espazo natural axeitado para o sendeirismo, a escalada e outros deportes de natureza. Tamén ten unha importante relevancia patrimonial polos restos arqueolóxicos atopados, polos petroglifos e as mámoas existentes, e por contar cunha curiosa fortificación de altura, primeiro castrexa e logo romana.

4.- Encoro de Zamáns.
Foi construido a partir de 1952 e inaugurado en 1960, sendo o primeiro sistema de abastecemento de auga da cidade de Vigo ata que en 1977 se construíu o encoro de Eiras. Cobre unha extensión de 20 hectáreas e conta cunha presa de 29 metros de altura e unha capacidade de 2,2 Hectómetros cúbicos. Nútrese das augas do río Zamáns ou Amial e, en maior medida, das precipitacións. Na actualidade abastece a unha poboación de 40.000 habitantes, o que supón o 14% da auga consumida en Vigo. Nos últimos anos tamén abastece ao Val Miñor.

5.- Muíños do río Zamáns.
Unha das paraxes particulares no percorrido do sendeiro local é o que atravesa a área arqueolóxica de Zamáns. No conxunto pódense atopar cinco muíños hidráulicos con dúas pontellas e un lavadoiro. Outros catro muíños quedaron mergullados polo encoro, ao igual que unha parte do camiño real que unía Tui con Vigo."

View more external

Waypoints

PictographPhoto Altitude 1,355 ft
Photo ofCamiño Casal de Abalde

Camiño Casal de Abalde

Camiño carreteiro no lugar de Casal de Abalde.

PictographPhoto Altitude 1,264 ft
Photo ofCamiño Chan dos Cotos

Camiño Chan dos Cotos

Camiño carreteiro preto do parque forestal de Zamáns.

PictographWaypoint Altitude 1,341 ft
Photo ofCanteira de Vilaverde

Canteira de Vilaverde

Antiga canteira de cuarcita.

PictographWaypoint Altitude 1,275 ft
Photo ofComezo Zamans

Comezo Zamans

Punto de inicio de roteiro no parque forestal de Zamáns.

PictographLake Altitude 1,024 ft
Photo ofEncoro de Zamans Photo ofEncoro de Zamans Photo ofEncoro de Zamans

Encoro de Zamans

Encoro que abastece de auga a cidade de Vigo.

PictographRiver Altitude 1,435 ft
Photo ofFervenza da Freixa Photo ofFervenza da Freixa

Fervenza da Freixa

Pequena fervenza no regato de Amial.

PictographFountain Altitude 1,038 ft
Photo ofFonte

Fonte

Fonte de auga potable.

PictographTree Altitude 1,018 ft
Photo ofFraga Photo ofFraga Photo ofFraga

Fraga

Bosque nas beiras do encoro de Zamáns.

PictographReligious site Altitude 1,167 ft
Photo ofIgrexa Zamans

Igrexa Zamans

Igrexa parroquial de Zamáns.

PictographFountain Altitude 1,233 ft
Photo ofMina auga

Mina auga

Xacemento de auga.

PictographPhoto Altitude 1,056 ft
Photo ofMuiño do Bento Photo ofMuiño do Bento

Muiño do Bento

Muíño no rio Zamáns.

PictographPhoto Altitude 1,044 ft
Photo ofMuiño Novo Photo ofMuiño Novo

Muiño Novo

Muíño hidráulico no río Zamáns.

PictographPhoto Altitude 1,018 ft
Photo ofMuiño Soloeido de Abaixo Photo ofMuiño Soloeido de Abaixo

Muiño Soloeido de Abaixo

Muíño no río Zamáns.

PictographPhoto Altitude 1,026 ft
Photo ofMuiño Soloeido de Arriba Photo ofMuiño Soloeido de Arriba Photo ofMuiño Soloeido de Arriba

Muiño Soloeido de Arriba

Muíño hidráulico no río Zamáns.

PictographWaypoint Altitude 1,038 ft

Muiño Soloeido do Quenllo

PictographPicnic Altitude 1,307 ft
Photo ofParque forestal Zamans Photo ofParque forestal Zamans Photo ofParque forestal Zamans

Parque forestal Zamans

Parque forestal na parroquia de Zamáns, Vigo.

PictographTree Altitude 1,384 ft
Photo ofPiñeiral

Piñeiral

Bosque de piñeiros.

PictographBridge Altitude 1,011 ft
Photo ofPonton Photo ofPonton Photo ofPonton

Ponton

Pontella sobre o río Zamáns.

PictographPhoto Altitude 1,159 ft
Photo ofPraciña de Zamans

Praciña de Zamans

Pequena praza pública no centro da parroquia de Zamáns.

PictographRiver Altitude 1,376 ft
Photo ofRego

Rego

Pequeno regato.

PictographRiver Altitude 1,004 ft
Photo ofRio Zamans Photo ofRio Zamans

Rio Zamans

Río que se encora para dar auga potable a cidade de Vigo.

PictographTree Altitude 1,507 ft
Photo ofSouto Photo ofSouto Photo ofSouto

Souto

Bosque de castiñeiras.

PictographPhoto Altitude 1,100 ft
Photo ofVistas Galiñeiro

Vistas Galiñeiro

Vistas ao cumio do monte Galiñeiro.

Comments  (10)

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Nov 8, 2016

    Para facelo no fai falla GPS ao estar perfectamente sinalizado e podedes comezalo no parque forestal ou un chisco antes, na praza pública de Zamáns.

  • Photo of Mohican
    Mohican Oct 9, 2017

    I have followed this trail  View more

    Bonita y trankila ruta.
    Gracias por compartir tus rutas, te tengo en mis favoritos.

    Un saludo.

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Oct 9, 2017

    Gracias, "Mohican".

    Saludos.

  • Photo of pedro de vigo
    pedro de vigo Apr 26, 2018

    GRACIAS POR TUS RUTAS ;)

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Apr 26, 2018

    De nada, Pedro. Que disfrutes de la naturaleza.

  • Photo of Avigo986
    Avigo986 Jun 15, 2019

    Buena ruta para media jornada, bien indicada y precioso entorno.

  • Photo of Avigo986
    Avigo986 Jul 12, 2019

    I have followed this trail  View more

    Buena ruta para media jornada, bien indicada y precioso entorno.

  • Photo of Teixugo de Navia
    Teixugo de Navia Sep 28, 2019

    Fácil de seguir, buenas indicaciones, recorrido muy cómodo, solo con el último tramo de bajada al lago con terreno complicado. Muy recomendable. Gracias

  • Photo of Fernando Moreiras
    Fernando Moreiras Feb 13, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Sinalizado á perfección e con moitos recantos fermosos. Para repetir!

  • Photo of miguemicocolute
    miguemicocolute Jan 1, 2024

    I have followed this trail  verified  View more

    Una ruta muy agradable con mucho encanto paisajistico y muy bien señalizada.

You can or this trail