Activity

Sendeiros locais de Vigo: Saiáns - Oia - Coruxo - Oia

Download

Trail photos

Photo ofSendeiros locais de Vigo: Saiáns - Oia - Coruxo - Oia Photo ofSendeiros locais de Vigo: Saiáns - Oia - Coruxo - Oia Photo ofSendeiros locais de Vigo: Saiáns - Oia - Coruxo - Oia

Author

Trail stats

Distance
11.13 mi
Elevation gain
2,392 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,392 ft
Max elevation
1,406 ft
TrailRank 
51
Min elevation
416 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 59 minutes
Coordinates
2425
Uploaded
November 27, 2020
Recorded
November 2020
Be the first to clap
Share

near Priegue, Galicia (España)

Viewed 293 times, downloaded 11 times

Trail photos

Photo ofSendeiros locais de Vigo: Saiáns - Oia - Coruxo - Oia Photo ofSendeiros locais de Vigo: Saiáns - Oia - Coruxo - Oia Photo ofSendeiros locais de Vigo: Saiáns - Oia - Coruxo - Oia

Itinerary description

Combinación destas tres rutas, ben sinalizadas polo concello e mais polas comunidades de montes: sendeiros locais de Saiáns, de Oia e de Coruxo, percorréndoos os tres na súa totalidade (agás un treito curto entre o parque forestal de Coruxo e o desvío cara ao Maúxo, soamente quedamos sen ver a mámoa de Chan Grande). Se alguén quere máis quilómetros e gozar dunhas vistas espectaculares, aínda pode asomarse ao Outeiro Grande (dende o waypoint que indica o enlace co sendeiro local de Coruxo, moi perto do Maúxo). Podedes ver este acceso, por exemplo, na ruta https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/muinos-de-gontade-oia-a-valadares-polo-mauxo-coruxo-e-o-cepudo-valadares-49218428, entre os puntos do Maúxo e dos Outeiros.
Deixamos o coche no parque forestal de Oia, punto de inicio perfecto para combinar os tres sendeiros locais. Dende aí, o parque forestal de Saiáns queda a un tiro de pedra, de xeito que vai ser o sendeiro local de Saiáns o primeiro que percorramos (o máis breve dos tres).
Sobre os sendeiros locais de Vigo ten publicado o concello, en colaboración coas comunidades de montes, varios polípticos informativos que se poden pedir na oficina de Turismo de Vigo (no porto, onda o despacho de billetes de barco para O Morrazo e as Cíes), malia que coido que aínda non están publicados os de todos os sendeiros locais (dos tres de hoxe, falta o de Oia). Na web municipal dispondes deses folletos, dos planos das rutas e dos tracks:
https://hoxe.vigo.org/movemonos/mabiente_sendas.php?lang=gal#/.
Nesa mesma web podedes descargar a publicación Montes de Vigo. Sendeiros e áreas recreativas (ou directamente aquí: https://hoxe.vigo.org/pdf/medioambiente/sendas/montesVigo_sendeiros_areasrecr.pdf).

Os datos que inclúo a seguir, agás loxicamente as indicacións dos puntos quilométricos e os comentarios para conectar os distintos sendeiros, están collidas da devandita web. O noso itinerario foi o que segue:

1. Parque forestal de Oia. Fonte. Moi amplo (case 40.000 m2), cunha espléndida “alfombra” verde e frondosas. Estupenda vista panorámica sobre a ría. Aquí comeza o Sendeiro Local de Oia (ten panel informativo), pero nós comezamos indo cara a Saiáns.

2. Parque forestal de Saiáns (600 m do inicio). Fonte. Máis pequeno que o anterior (23.500 m2), ten moita sombra e barbacoas preparadas para evitar posíbel risco de incendio. É o punto de inicio do Sendeiro Local de Saiáns, o primeiro que imos percorrer. Tal como recolle o folleto: comeza neste parque forestal e circula por unha combinación de espazos que expresan o mimo co que a Comunidade de Montes de Saiáns trata o monte. Dende hai máis de 30 anos lévase traballando pola implantación progresiva de frondosas, así como facendo unha recuperación do rico patrimonio existente no privilexiado lugar. Destacar a Área interpretativa dos “Piñeiros do mundo”, así como o bosque de ribeira existente na Fraga Cal de Outeiro xunto cos muíños recuperados. Imprescindíbel contemplar as vistas da Ría de Vigo dende o Castro do Alto da Medoña, onde xa no s. IX a.C había presenza humana.
Datos técnicos: Percorrido circular: 3,1km | Altura: 124-232m | Pendente media: 12,8% / -12,5% | Dicultade: baixa

3. Reforestación “Piñeiros do mundo” (km 1): área interpretativa na que se presentan piñeiros de diversos continentes: Europa do Norte, Europa Mediterránea, Centroamérica, Noteamérica e Oriente. Podemos atopar Pinus canariensis (Canarias), Pinus halepensis Mediterráneo), Pinus durangensis (México), Pinus coulteri (California)...

4.Muíños da Estea (km 1,6). Dende os primeiros asentamentos en Galiza, no Neolítico, existen muíños no rego da Estea en Saiáns: son os muíños naviculares, tanto nos poboados -en pedras móbiles- como fixos nas rochas naturais. Ademais de se empregaren para moer cereais, tamén se utilizaban en prácticas rituais ou para obter pinturas. Dende a Idade Media até mediados do século XX proliferaron os muíños de auga que coñecemos. Hai mostras tanto na Estea como, máis adiante, na Fraga de Cal de Outeiro, aproveitando as augas do rego de Saiáns. Algúns destes muíños foron recuperados pola Comunidade de Montes de Saiáns.

5.Castro do Alto da Medoña (km 2,1). Os primeiros habitantes de Saiáns están datados no século IX a.C., na Idade de Ferro. Residían no poboado localizado no Alto da Medoña, na Estea. O recinto castrexo construíuse con terrazas de 130-160 metros e un foxo de protección duns 20 m de ancho e 12 m de profundidade. Con posterioridade no tempo, ao desaparecer o castro, na contorna do foxo construíuse unha mina de auga que o deformou parcialmente. Hoxe en día quedan o recordo e as fantásticas vistas da boca da Ría de Vigo, coas Illas Cíes presidíndoas.

4.- Fraga de Cal de Outeiro (km 3). Un dos recunchos máis engaloiantes do Concello de Vigo atópase nesta fraga: semella que nos transportamos no tempo. Nela mantéñense a flora e fauna propias dunha ribeira, preservando unha gran biodiversidade. Tamén atopamos os muíños mellor conservados da zona que lembran os quefaceres dos nosos antergos e toda a tradición cultural que neles se vivía. A flora que se pode atopar vai dende árbores como amieiros, salgueiros, carballos, loureiros, abeleiras, pradairos, etc., a plantas como o fento real ou unha variedade de cogomelos propios de tempada. A fauna é moi variada, tanto en mamíferos (teixugo, esquío ou raposa), como en aves (ferreiriños, miñatos, etc.) ou anfibios (ras, píntegas, etc.) e insectos (cabalo do demo, tricópteros, vacalouras, etc.). Evidentemente, a fauna está oculta cando pasamos e hai que respectar o seu hábitat.

Ascendemos para regresar ao parque forestal e retomamos un treito do camiño cara a Oia, para desviarnos á dereita seguindo as marcas agora do Sendeiro Local de Oia (km 4). Seguindo a xa mencionada publicación Montes de Vigo. Sendeiros e áreas recreativas, circula polo tramo alto dos montes xestionados con moita dedicación por parte dos membros da Comunidade de Montes de Oia. Combina os ingredientes propios dun monte periurbano: espazos de uso social, como o parque forestal, moi concorrido, con espazos de intensa xestión forestal co propósito de acadar a sustentabilidade difícil de lograr en comunidades de reducido tamaño. No traxecto, que coincide en parte coa Senda panorámica de Vigo (GR-53), pódese acceder a miradoiros naturais que coroan a Ría de Vigo, particularmente o localizado ao carón da Antena de Salvamento Marítimo. Tamén é de salientar o punto máis alto do sendeiro, na Fonte do Sapo.
Datos técnicos: Percorrido circular: 5,0km | Altura: 218-395m | Pendente media: 8,8% / -9,3% | Dificultade: Media

5. Miradoiro dos Tres Outeiros (km 4,4)

6. Antena de Salvamento Marítimo (km 5,1), moi perto do coñecido como Alto da Bandeira. ascender até aquí doadamente monte a través, para quen prefira evitar a pista (abonda con fixarnos un pouco, posto que se ve a través do bosque de piñeiros dende a parte baixa da pista).

7. Fonte do Sapo (km 5,9). Punto de encontro coas comunidades de montes de Coruxo e de Saiáns, así como coa de Camos, en Nigrán.

Dende aquí, seguimos a pista que nos vai achegar ao Sendeiro Local de Coruxo, penetrando neste directamente cara ao cumio do Maúxo, punto máis elevado da ruta. Quen quixer engadir outro punto de observación panorámica ben fermoso, pode achegarse até o Outeiro Grande (como comentei ao comezo), xa en Nigrán, cunha caseta de cazadores que domina o Val Miñor e cun vértice xeodésico cunhas vistas fabulosas cara a Vigo e o Val do Fragoso.

8. O Maúxo Grande (km 6,5). Un dos miradoiros con mellor panorámica de Vigo e bisbarra, que permite dispor, a 454 m de altura, dunha perspectiva de case que 360º. En particular, pódese observar claramente como os montes do Maúxo separan o Val do Fragoso do Val Miñor.
No seu contorno atópase unha variedade de mato en perigo de extinción e considerado un hábitat de protección prioritaria: a carrasqueira húmida atlántica. Estes matos son comunidades vexetais que medran en chans de escasa profundidade, ácidos e pobres en nutrientes. Están poboadas con toxo arnal (Ulexeuropaeus), toxo gateño (Ulexminor), rañalobos (Genista triacanthos), carrasco macho (Callunavulgaris), carrasco femia (Ericaciliaris), etc. Acubillan especies como a papuxa do mato (Sylvia undata), o esgonzo común (Chalcides chalcides) e araña tigre (Argiopebruennichi).

9. Regueira de Laxiade (km 8,7). Un dos espazos máis coidados dos montes de Coruxo é a Regueira de Laxiade, onde se traballou intensamente dende o momento en que o monte pasou a ser veciñal en 1992. Coa recuperación da masa forestal logrouse o aumento de especies e da poboación destas, como cabaliños do demo, vacalouras, raposos, avelaionas, donicelas, petos, sapiños pintos, cobras e mesmo algunha anguía. Destaca, en todo caso, unha xoia da fauna galega, a píntega rabilonga. Precisamente neste espazo estase traballando un censo de anfibios, un importante indicador da calidade ambiental.
Tamén é onde se realizan anualmente vistas de escolares para coñecer un exemplo de biodiversidade con 21 especies arbóreas diferenciadas. Proseguindo no sendeiro atópase un dos poucos soutos de castiñeiros que pervive no Concello de Vigo.

10. Petróglifo da Pedra Moura (km 10,1). En Fragoselo atópase a Pedra Moura, o maior conxunto de gravados rupestres sobre unha rocha do Concello de Vigo (10,5 x 4,5 m). Mestura gran cantidade de combinacións circulares, cazoletas, coviñas e chéganse a interpretar oito pares de pegadas de zoomorfo. Posúe unha gran representación de círculos concéntricos de 124 cm de diámetro.
Sobre o lugar hai múltiples lendas de mouros, tesouros e serpes, que se atopan no libro Arte rupestre nos montes do Maúxo, publicado polo Museo Quiñones de León.

11. Inicio Sendeiro Local de Coruxo (km 10,5). O punto de partida “oficial” deste sendeiro, co seu panel informativo. O monte veciñal de Coruxo conta cunha superficie de 241,7 ha, do que máis do 80% é superficie arborada. Despois do incendio dos anos 70, o ICONA opta pala plantación de monocultivos de eucaliptos, piñeiros e acacia negra. No ano 1992 pasa a mans veciñais, que deciden a recuperación do bosque autóctono seguindo as trazas dos regatos.
Na actualidade cóntase cunha biodiversidade forestal que se plasma en máis de trinta especies distintas de frondosas. A comunidade de montes tamén aposta polos usos recreativos e deportivos; este é un espazo habitual para a realización de actividades de sendeirismo, BTT, descenso, mesmo con probas do circuíto galego, estatal e internacional. Fragoselo é o lugar de inicio destas actividades.

12. Criadeiro de vacalouras (km 11,7). Unha das accións divulgativas da comunidade de montes de Coruxo xunto cun grupo de colaboradores é crear un espazo de alimentación de larvas de coleópteros, sendo a vacaloura o máis destacado. A iniciativa consiste en aterrar madeira de frondosas en descomposición para proporcionar alimento ás larvas e insectos, e así contribuír no caso da vacaloura a manter unha especie en perigo de extinción.
Este tramo, localizado nun dos tramos máis transitados do sendeiro GR-53, permitirá dispor dunha aula na natureza para que centros educativos e colectivos poidan achegarse a contemplar de preto a cadea alimentaria nun contorno natural.

13. Fonte da Fontiña (km 12,2)

14. O Carballoso (km 12,4). Os montes de Coruxo, xunto cos de Saiáns e Oia, contan cunha das maiores concentracións de espazos arqueolóxicos de Galiza. Un dos exemplos é o petróglifo do Carballoso. O acceso non é apto para todas as persoas. Unha vez alí, paga a pena contemplar a beleza do petróglifo composto por círculos concéntricos, así como dous muíños naviculares, onde se moían cereais, e tamén ocre e substancias como o beleño para rituais. Outro dos atractivos é a paisaxe, podéndose contemplar a entrada da ría de Vigo e, como indica o rótulo existente, o castro de Monte Agudo, o castro do Facho de Donón, a vila romana de Sobreira (Canido) e a vila romana e Mirambel.

Uns douscentos metros máis adiante do Carballoso arrinca á nosa esquerda un cortalumes polo que podemos atallar (quen prefira esquecer a pista durante un tempiño) cunha boa subida duns 200 metros, en lugar dos aproximadamente 750 que temos pola senda sinalizada. De aí séguese cara ao outeiro da Raposa ou mesmo se pode continuar polo cortalumes e cortar directamente até o parque forestal de Coruxo. Iso si, a subida ten un desnivel considerábel.

15. Miradoiro do outeiro da Raposa (km 13,8). Unha das últimas actuacións da comunidade de montes de Coruxo tivo lugar no outeiro da Raposa. O obxectivo é eliminar o eucalipto deste espazo e, aproveitando, habilitar un miradoiro natural.
Os habitantes de Coruxo lembran a historia que conta como na época da armada invencíbel de Filipe II, os estaleiros de Bouzas se viron obrigados a esquilmar os bosques de Coruxo e bisbarra para construír algunhas das embarcacións finalmente afundidas na costa inglesa.
Neste espazo pódense contemplar a parroquia de Coruxo e as illas Cíes. Resulta curioso o feito de que a illa de Santo Estevo ou illa Norte pertenceu a Coruxo entre os séculos XII e XV.

Cómpre prestar atención ao desvío do km 14: as marcas no camiño que se desvía á nosa dereita non son ben visíbeis se non estamos pendentes e podemos seguir de fronte sen no decatarmos até chegarmos novamente á regueira de Laxiade.

16. Parque forestal de Coruxo (km 14,9). Superficie de 35.010 m2 encravada no lugar de Chan de Lagoas e destinada a espazo de lecer da cidadanía. Cedido por 30 anos ao Concello de Vigo. O parque conta cun curioso miradoiro situado sobre un penedo e cunha fonte, que o fa moi atractivo para actividades lúdicas.
Na parte superior do parque, ao pasar a fonte, atópase o enclave arqueolóxico de Chan de Lagoas, presidido polo monte de Castro Chouzo.

Saímos do parque onda a fonte e desviámonos pola pista da dereita para volver cara ao Sendeiro Local de Oia. Xustamente no cruzamento no que nos reincorporamos a este sendeiro local atópase o petróglifo de Chan Grande (km 15,5). A partir de aquí é practicamente descenso continuado até o remate da ruta.

17. Piñeiral (km 16,6)

Rematamos a ruta no punto de inicio, no parque forestal de Oia.

Waypoints

PictographPark Altitude 734 ft
Photo ofInicio Oia - parque forestal Photo ofInicio Oia - parque forestal Photo ofInicio Oia - parque forestal

Inicio Oia - parque forestal

Inicio sendeiro local de Oia

PictographFountain Altitude 773 ft
Photo ofFonte do regato da Estea

Fonte do regato da Estea

PictographPark Altitude 754 ft
Photo ofParque forestal Saiáns - inicio sendeiro local Photo ofParque forestal Saiáns - inicio sendeiro local Photo ofParque forestal Saiáns - inicio sendeiro local

Parque forestal Saiáns - inicio sendeiro local

Inicio sendeiro local de Saiáns

PictographTree Altitude 698 ft
Photo ofReforestación 'Piñeiros do mundo' Photo ofReforestación 'Piñeiros do mundo' Photo ofReforestación 'Piñeiros do mundo'

Reforestación 'Piñeiros do mundo'

PictographRiver Altitude 596 ft
Photo ofRego da Estea

Rego da Estea

PictographFountain Altitude 581 ft
Photo ofFonte dos Peregrinos

Fonte dos Peregrinos

PictographWaypoint Altitude 487 ft
Photo ofMuíños da Estea Photo ofMuíños da Estea Photo ofMuíños da Estea

Muíños da Estea

PictographWaypoint Altitude 411 ft
Photo ofFoxo do oeste Photo ofFoxo do oeste

Foxo do oeste

PictographPanorama Altitude 516 ft
Photo ofCroa. Castro da Medoña Photo ofCroa. Castro da Medoña Photo ofCroa. Castro da Medoña

Croa. Castro da Medoña

PictographWaypoint Altitude 516 ft
Photo ofMina de auga Photo ofMina de auga Photo ofMina de auga

Mina de auga

PictographFountain Altitude 473 ft
Photo ofFonte da Medoña

Fonte da Medoña

PictographFountain Altitude 460 ft
Photo ofFonte da Rabilonga Photo ofFonte da Rabilonga

Fonte da Rabilonga

PictographTree Altitude 553 ft
Photo ofFraga Cal de Outeiro Photo ofFraga Cal de Outeiro

Fraga Cal de Outeiro

PictographWaypoint Altitude 568 ft
Photo ofMuíños de Cal de Outeiro e fonte Photo ofMuíños de Cal de Outeiro e fonte Photo ofMuíños de Cal de Outeiro e fonte

Muíños de Cal de Outeiro e fonte

PictographWaypoint Altitude 642 ft
Photo ofPresa

Presa

PictographWaypoint Altitude 921 ft
Photo ofEnlace sendeiro local de Oia

Enlace sendeiro local de Oia

PictographPanorama Altitude 1,109 ft
Photo ofMiradoiro dos tres Outeiros Photo ofMiradoiro dos tres Outeiros

Miradoiro dos tres Outeiros

PictographIntersection Altitude 1,282 ft
Photo ofCorte monte a través cara ao radar

Corte monte a través cara ao radar

posibilidade de cortar monte a través

PictographWaypoint Altitude 1,405 ft
Photo ofRadar

Radar

PictographWaypoint Altitude 1,495 ft
Photo ofFonte do Sapo. Enlace ao Outeiro Grande e ao sendeiro local de Coruxo Photo ofFonte do Sapo. Enlace ao Outeiro Grande e ao sendeiro local de Coruxo

Fonte do Sapo. Enlace ao Outeiro Grande e ao sendeiro local de Coruxo

Enlace ao Outeiro Grande e ao sendeiro local de Coruxo

PictographIntersection Altitude 1,523 ft
Photo ofEnlace sendeiro local de Coruxo

Enlace sendeiro local de Coruxo

PictographSummit Altitude 1,670 ft
Photo ofMaúxo Grande. Miradoiro Photo ofMaúxo Grande. Miradoiro Photo ofMaúxo Grande. Miradoiro

Maúxo Grande. Miradoiro

PictographWaypoint Altitude 1,168 ft
Photo ofRegueira de Laxiade

Regueira de Laxiade

Photo ofPetróglifo da Pedra Moura Photo ofPetróglifo da Pedra Moura

Petróglifo da Pedra Moura

Photo ofInicio sendeiro local Coruxo

Inicio sendeiro local Coruxo

PictographWaypoint Altitude 886 ft
Photo ofCriadeiro de vacalouras Photo ofCriadeiro de vacalouras

Criadeiro de vacalouras

PictographFountain Altitude 870 ft
Photo ofFonte da Fontiña

Fonte da Fontiña

PictographPanorama Altitude 875 ft
Photo ofO Carballoso Photo ofO Carballoso Photo ofO Carballoso

O Carballoso

PictographIntersection Altitude 887 ft
Photo ofPosíbel corte por cortalumes

Posíbel corte por cortalumes

PictographWaypoint Altitude 992 ft
Photo ofFin corte. Continúa...

Fin corte. Continúa...

No caso de cortar polo cortalumes, aquí enlaza de novo coa ruta

PictographPanorama Altitude 1,056 ft
Photo ofOuteiro da Raposa Photo ofOuteiro da Raposa Photo ofOuteiro da Raposa

Outeiro da Raposa

PictographIntersection Altitude 1,061 ft
Photo ofDesvío ollo!

Desvío ollo!

Desvío non moi ben indicado, hai que prestar atención

PictographPark Altitude 1,417 ft
Photo ofParque forestal Coruxo Photo ofParque forestal Coruxo Photo ofParque forestal Coruxo

Parque forestal Coruxo

PictographIntersection Altitude 1,409 ft
Photo ofDesvío ao sendeiro local de Oia

Desvío ao sendeiro local de Oia

Enlace co sendeiro local de Oia

PictographIntersection Altitude 1,399 ft
Photo ofEnlace co sendeiro local de Oia

Enlace co sendeiro local de Oia

PictographTree Altitude 1,086 ft
Photo ofPiñeiral Photo ofPiñeiral

Piñeiral

PictographRiver Altitude 1,207 ft
Photo ofRego

Rego

PictographPhoto Altitude 1,045 ft
Photo ofFoto

Foto

Vista Illas Cíes

Comments

    You can or this trail