Activity

Serra da Raiña Lupa

Download

Trail photos

Photo ofSerra da Raiña Lupa Photo ofSerra da Raiña Lupa Photo ofSerra da Raiña Lupa

Author

Trail stats

Distance
9.43 mi
Elevation gain
1,398 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,398 ft
Max elevation
4,105 ft
TrailRank 
39
Min elevation
2,973 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 53 minutes
Time
7 hours 48 minutes
Coordinates
2169
Uploaded
April 6, 2023
Recorded
April 2023
Be the first to clap
Share

near Fonte Arcada, Galicia (España)

Viewed 88 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofSerra da Raiña Lupa Photo ofSerra da Raiña Lupa Photo ofSerra da Raiña Lupa

Itinerary description

Prólogo, coma sempre, do nosso Bareto: [...]A Serra da Rainha Loba, mália formar parte do conjunto das Serras Meridionais Galaicas, a sua posición geográfica fica vários quilômetro máis ao norte do eixo montanhoso principal Xurés-Pisco-Larouco.[...]
O que imos conhecer desta volta é o sector máis elevado da serra, que é o melhor preservado: un planalto povoado sobre todo por pinheiros e carvalhos cerquinhos do que sobresaen diversos penedos graníticos con formas fantasiosas, moi ao estilo da Picaranha ou Faro de Budinho.
Un entorno moi acaído para servir de acubilho ao personaxe da Rainha Loba. Esta lenda é máis ben cohecida en Galiza sob as suas formas específicas - ou seja, referida a personaxes concretos coma a Rainha Lupa que se interpón aos discípulos do apóstolo (Regina Luparia tal como aparece no texto en latin do Codex Calixtinus). A Rainha Lupa ten o seu castelo no Castro Lupário situado na comarca de Amaía, namentres a Rainha Loba da Límia ten o seu castelo nos penedos desta sua serra.
Porén tanto esta coma a outra son manifestacións particulares da mesma lenda geral: a da rainha dos lobos, tamén chamada «pieira dos lobos» ("pieira" é sinónimo de "pastora"). Simplificando, poderia dizir-se que esta lenda é a contraparte feminina do mito do lobishome; non é porén exactamente assi porque ainda que poucas, si existen lendas referidas a «lobismulheres» (ver por exemplo o relato de Vicente Risco ambientado na Terra de Trives: «O lobo da xente»). A diferença está en que no conto de Risco a protagonista torna-se loba por causa dun meigalho que se pode desfazer, e non como un desígnio inevitável como si acontece co lobishome: ser o sétimo filho seguido da mesma família. Por contra, a adaptación do mesmo malfado ao caso feminino: a sétima filha da mesma família, si que deu lugar a este mito máis adaptado aos roles de gênero tradicionais: a rainha loba ou pieira dos lobos, que non se distingue pola violência senón pola astúcia.
A lenda ten bastante presença na Galiza, pero onde máis se conta é no Minho português, onde igual que no caso do lobishome Blanco Romasanta, conhecen-se casos de pieiras de lobos documentadas con nome e apelidos: https://www.mitologia.pt/a-lenda-da-peeira-ou-pieira-dos-lobos-499864
O poder que a Rainha Loba ten de se comunicar cos lobos e ser obedecida por estes, pode ser usado para o ben ou para o mal: existen histórias nos dous sentidos. De facto, da interpretación da lenda non fica claro que ser Rainha Loba seja algo positivo ou negativo. Esta mesma ambigüidade tamén se repite numha lenda diferente mais levemente relacionada: a da mesma bandida Pepa "a Loba", que se distingue por ser cruel, pero sobre todo con quen o merece: caciques e cregos 😈.[...]
Imos co roteiro: a idea é chegarmos até a aldea de Fonte Arcada, na parróquia limiá de San Martinho de Aguís, que fica já a máis de 900 metros de altitude. Dende ali tomaremos as pistas que ascenden cara ao cúmio da Pena Loba (1253 m). A presença das lobas e lobos está por toda a parte, pois antes passaremos pola fonte da Cunca: onde a vezinhança se juntava para dar início à caça do lobo que remataba no foxo do Cebreiro que visitaremos despois.
Acadar a Pena Loba non suporá problema, e despois do cúmio case non haverá que ascender máis en altitude.
O itinerário proseguirá polo planalto atravessando as parróquias de San Vicente de Lobás e San Miguel de Feás e visitando o Penedo das Fatigas e máis o Penedo da Vela, con boas vistas sobre o val do rio Salas e dende onde se dirigia a batida do lobo. Estaremos entón en terras da parróquia de San Lourenzo de Tosende, e máis especificamente da aldea das Maus que pertenceu ao território do Couto Misto: o micro-Estado independente que existiu entre a Galiza e Portugal até ser desmantelado no Tratado de Lisboa en 1868. No antergo mapa topográfico prévio às negociacións do tratado o Penedo da Vela corresponde ao extremo norte do Couto.
As complicacións sérias concentran-se a partires deste ponto: para acadar o cúmio do Cebreiro (1265 m), máxima altura da serra, temos que percorrer máis ou menos 1 km polo monte sen carreiro, e ademais agavear polo proprio penedo até o curuto. Hai umha devasa que nos pode facilitar algo as cousas: se está roçada, avançaremos rápido; se non, cómpre procurar a rota polo meio do mato (levade roupa anti-toxos e caxatos para abir passo 🪓). Dende o penedo do Cebreiro, confio en que o terreno nos permita acadar o muro occidental do foxo do lobo, e a seguir toma-lo como referência para avançar polo monte case até o burato do foxo. En canto poidamos atravessaremos o funil que forma o foxo até o muro do lado contrário: aqui chega o alívio pois deveria haver un carreirinho que nos permite voltar cara o planalto pola parróquia de Santiago de Covas, na procura da Porta da Veiga; como o nome indica: fermosa portela con miradoiro sobre a veiga da Límia.
Dende este ponto, temos que bordear o Penedo do León e ir procurar o val do Tornadoiro de Aguís na parróquia de Santa Maria de Pexeiros, para descer por el de regresso a Fonte Arcada.
Cómpre levar roupa axeitada para ir adaptándose, pero tendo en conta a alerta por toxos e xestas. 🥀🚨🌵.
Por Álvaro Fernández Braña.
A crónica deste roteiro ten interese polo divertido, variado e novidoso do percorrido. Tras comezar por unha pequena senda polo rego de Fontearcada pronto collemos pista amplia cun ascenso cómodo que nos levou ata o merendeiro da fonte da Cunca... Tras un petisco, ascendimos un último repeito antes do alto de Penaloba, nun pequeno planalto dende onde temos unha amplia vista de toda a veiga de Antela cara o norte e divisamos a serra do Xurés cara o sur. Tamén se alvisca a serra de San Mamede, entre outras.
Continuamos cara o sur e tras descender unha pista comezamos a toparnos cos penedos tan característicos desta serra. Formacións rochosas xa sexan pandullos, bolos, riscos abruptos e moitas outras formas caprichosas. O primeiro que destaca e moito e o penedo das fatigas. Unha torre cónica cun bolo que ameaza con cair en calquera momento na cima. Unha pedra cabaleira en toda regra. Seguimos por terreo rochoso e tras divisar o noso seguinte obxetivo, o alto do Cebreiro, chegamos a outra espectacular torre sobre un precipicio. O penedo da vela sobresae imponente deixándonos ver tras el o val onde se localizaba antigamente o Couto Mixto. A seguir viramos cara o leste monte a través. Camiñando non sen dificultades entre unha devasa e un piñeiral conseguimos acadar a base do coto Cebreiro, un promontorio rochoso que nos chama a asaltalo sen saber por onde. Tras rodealo case por completo decidimos probar por unha fenda dende a parte norte. Moi divertido e case doadamente a recorremos, anque ó superala fai falla chamar pola habilidade para un último desnivel non apto para calquera. Dende o vértice xeodésico que marca o coto a vista é moi satisfactoria e permite ver non moi lonxe os riscos onde se asentaba o castelo da raiña Lupa.
A seguir e tras xantar a boa hora, imos cara unha obra faraónica que noutros tempos construiu unha sociedade agrogandeira necesitada de protexer o seu xeito de vida contra os ataques do lobo....

Waypoints

PictographFountain Altitude 2,991 ft
Photo ofFonte

Fonte

PictographFountain Altitude 4,000 ft
Photo ofFonte

Fonte

Fonte da Cunca

PictographPark Altitude 4,006 ft
Photo ofMerendeiro

Merendeiro

PictographInformation point Altitude 4,006 ft
Photo ofTaboleiro de información sobre a ruta

Taboleiro de información sobre a ruta

PictographPhoto Altitude 4,082 ft
Photo ofTorre de vixiancia

Torre de vixiancia

Vixiancia de incendios

PictographPanorama Altitude 4,097 ft
Photo ofA Limia

A Limia

Veiga de Antela

PictographSummit Altitude 4,096 ft
Photo ofLomba de Pena Loba

Lomba de Pena Loba

PictographPhoto Altitude 4,067 ft
Photo ofPena cabaleira

Pena cabaleira

Penedo das fatigas

PictographPanorama Altitude 4,051 ft
Photo ofCara o Couto Mixto

Cara o Couto Mixto

Vista hacia o Couto Mixto d3nde o Penedo da Vela

PictographSummit Altitude 4,090 ft
Photo ofCoto Cebreiro Photo ofCoto Cebreiro Photo ofCoto Cebreiro

Coto Cebreiro

Subida pouco doada por unha fenda(foto)

PictographRuins Altitude 4,028 ft
Photo ofFoxo do lobo Photo ofFoxo do lobo

Foxo do lobo

Muro do antigo foxo do lobo

PictographRuins Altitude 3,822 ft
Photo ofBurato do foxo do lobo

Burato do foxo do lobo

Trampa final para o lobo

PictographFountain Altitude 2,979 ft
Photo ofFonte

Fonte

Comments

    You can or this trail