Activity

Serra do Courel - Ruta do Quilómetro Vertical: De Ferreirós de Abaixo a Pía Paxaro

Download

Trail photos

Photo ofSerra do Courel - Ruta do Quilómetro Vertical: De Ferreirós de Abaixo a Pía Paxaro Photo ofSerra do Courel - Ruta do Quilómetro Vertical: De Ferreirós de Abaixo a Pía Paxaro Photo ofSerra do Courel - Ruta do Quilómetro Vertical: De Ferreirós de Abaixo a Pía Paxaro

Author

Trail stats

Distance
10.5 mi
Elevation gain
3,776 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
3,776 ft
Max elevation
5,301 ft
TrailRank 
32
Min elevation
1,787 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 50 minutes
Time
6 hours 26 minutes
Coordinates
3024
Uploaded
October 10, 2021
Recorded
October 2021
Be the first to clap
Share

near Ferreirós de Abaixo, Galicia (España)

Viewed 72 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofSerra do Courel - Ruta do Quilómetro Vertical: De Ferreirós de Abaixo a Pía Paxaro Photo ofSerra do Courel - Ruta do Quilómetro Vertical: De Ferreirós de Abaixo a Pía Paxaro Photo ofSerra do Courel - Ruta do Quilómetro Vertical: De Ferreirós de Abaixo a Pía Paxaro

Itinerary description

Por fin sacamos unha fin de semana para visitar o Caurel, na parte surleste da provincia de Lugo.

O primeiro día, decidimos ascender o KM vertical, unha ruta moi famosa que dispón de unha ascensión inicial moi pronunciada, cunhas vistas únicas da serra.

Deixamos o coche na carretera LU-651, ao seu paso por Ferreirós de Abaixo, onde apenas había parking para uns 6-8 coches. Isto non foi problema para nós, pois non había case xente. Outra opción podería ser comezar a ruta desde Ferreirós de Arriba, a aforrar un par de kms.

Unha vez pasado Ferreirós de Arriba, comeza o realmente interesante, pois por un pequenísimo camiño á nosa dereita da ruta principal, levántase o inicio da ascensión con pendentes de máis do 25% en moitos casos. Xa no primeiro km de ascensión atopamos un paso de cordas que nos facilita un tramo pequeno, pero que non abrangue dificultade algunha. E de alí, todo para arriba ata chegar ao mirador do Pico do Boi, xa cunhas vistas abraiantes de toda a serra, a máis de 1400m de altura.

Desde ese punto, xa comeza a haber máis cortalumes que facilitan o camiño, aínda que nós decidimos tomar os últimos 400 metros de ascensión a Pía Paxaro polo camiño estreito anterior ao paso polo cortalumes.

No cumio de Pía Paxaro seguimos a observar unha magnífica vista da serra, e cara o lonxe vese moi reducida a vila de Ferreirós de Abaixo, de onde partimos a menos de 600m de altura. Tamén existen antigas construcción que nese momento permanecían pechadas.

Para o descenso, tomamos a ruta polos cortalumes, pois baixar por onde subimos sería demasiado complicado polo nivel de pendente que hai, así que, a pesares de facer mais kms, disfrutamos de unha baixada sinxela cun tempo espectacular para tratarse do mes de Outubro, e voltar a Ferreirós.

👁️ ¡OLHO - RECOMENDACIÓNS! 👁️
- Existen moitas zonas de pendientes superiores ao 25%, polo que esta ruta esixe unha boa condición física.
- Durante a subida non se aprezan lugares onde se poida coller auga. Na baixada sí encontramos algún punto para coller auga, pero ollo, pois hai gando ceibo polo rredor.
- Leva calzado cómodo para camiñar durante máis de 15km polo monte.
- Revisa a previsión meteorolóxica, pois subir esas pendentes con borraschas non pense que sexa o máis axeitado.
- Nós pasamos esa noite no Camping de Seoane do Courel, https://acampamentocaurel.com/, un lugar moi agradable donde pasar a noite.

¿Queres continuar con máis rutas no Courel? Bota unha ollada ao noso segundo día https://www.wikiloc.com/hiking-trails/serra-do-courel-devesa-da-rogueira-de-moreda-a-pico-formigueiro-86022141

Alicia, Alex, David, Karim, Nara, Raquel e Nacho

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 3,290 ft
Photo ofPaso de cordas. Subida pronunciada

Paso de cordas. Subida pronunciada

PictographPanorama Altitude 4,786 ft
Photo ofMirador do Pico de Boi

Mirador do Pico de Boi

PictographSummit Altitude 5,285 ft
Photo ofPico Pía Paxaro

Pico Pía Paxaro

Comments

    You can or this trail