Cualedro. Serra do Larouco
near Lucenza, Galicia (España)
Viewed 184 times, downloaded 5 times
Trail photos
Itinerary description
Paseo pola Serra do Larouco galega. O roteiro parte da subestación eléctrica de Lucenza. Atópase polo camiño a Casa da Neve da Serra do Larouco, construción para a obtención de neve durante o inverno. A neveira que contou cunha cuberta xa desaparecida, pertenceu á Casa de Monterrei durante os séculos XVI e XVII.
Chégase axiña á paraxe de Pena Muller, onde se celebra a festa do señor do Larouco, conmemorando o carácter sagrado que a montaña tivo na antigüidade.
O Señor do Larouco é unha deidade cunha gran impronta na comarca, figura que representaba a masculinidade absoluta, con gran parecido ó deus Sucellus, galo-celta, ó nórdico Thor, o grego Hefesto ou ó romano Vulcano.
Na Igrexa Parroquial da localidade veciña de Portugal, Vilar de Perdizes (Montealegre) apareceu o altorrelieve dunha figura antropomórfica na que se exhiben os dous atributos do Deus Larouco, o martelo e o falo. Máis info sobre o deus: www.manuelgago.org/blog/2012/01/25/mirarlle-a-cara-a-un-antigo-deus/
O roteiro segue pola pista do parque eólico, ata o Pico Arando (1179m) pasando polo Penedo do Lobo (1205m) onde hai unha "garita" de observación e remata no Coto Farelo (1396).
A Serra do Larouco é impresionante, cunhas vistas espectaculares. Agás polos muíños de aproveitamento eólico que provocan unha visión horripilante, fan o paseo pesado co son tan desagradable que producen as súas aspas e non deixan disfrutar desta serra tan máxica que se debeu preservar e evitar a degradación que a industria eléctrica fixo dela.

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments