Activity

Serra do Suido

Download

Trail photos

Photo ofSerra do Suido Photo ofSerra do Suido Photo ofSerra do Suido

Author

Trail stats

Distance
13.85 mi
Elevation gain
2,251 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,673 ft
Max elevation
3,062 ft
TrailRank 
51
Min elevation
1,326 ft
Trail type
One Way
Moving time
6 hours 22 minutes
Time
9 hours 45 minutes
Coordinates
3929
Uploaded
February 5, 2022
Recorded
February 2022
Be the first to clap
Share

near Piñeiro, Galicia (España)

Viewed 43 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofSerra do Suido Photo ofSerra do Suido Photo ofSerra do Suido

Itinerary description

Paseiño polo sur da serra do Suído, onde percorrimos toda clase de terreos. Dende a saída pola aldea de Piñeiro das Areas e as súas leiras, subida polas fragas, percorridos entre o monte baixo e o planalto de turbeira e visita os cotos máis destacados do sur da serra. Aí vai o prólogo do maese Bare...
O Suído é a zona máis chuviosa da Galiza, e tamén da Península Ibérica, achegando-se case aos 3000 L/m2 anuais. Prova disso é a lista de rios importantes que tenhen ali a sua orixe: exclusivos do Suído son o Oitavén polo oeste e mai-la Ávia polo leste. Mais tamén o Tea polo sur, que mália nacer no Faro de Avión non é máis ca un regato até que começa a receber todo-los caudais do Suído namentres desce cara ao Condado, e o Verdugo polo norte, que fai de separación coa Serra do Cando. É por esta cantidade de auga, e tamén pola modificación do habitat orginário por meio da actividade gandeira, que a matogueira domina a serra e complica todo tipo de roteiros polas alturas, cos nossos conhecidos e intratáveis toxos de 2 metros. É assi que se trata probávelmente da serra con máis valor ecológico de toda a Dorsal Galega (destaca a presença do «Pardelhas», non o chamaremos polo seu nome real que din nas aldeas do Suído que o fai aparecer 🐺).
É especialmente valioso o sector máis ao sur da aldea da Granha (que é o que imos visitar), que case que por milagre é que ficou por agora bastante a salvo dos eucalitos, dos parques eólicos, dos incêndios, dos projectos de minas, etc. E isto todo mália que a Xunta se resiste malvadamente a dar-lhe un mínimo nível de protección como espaço natural que estaria máis do que justificado, polo menos a inclusión na Rede Natura.
Lembraredes que na nossa vez anterior tentámos entrar na serra polo antergo Caminho da Verea, que formou parte da rede viária que comunicava na Idade Média as comarcas vinícolas do Condado e do Ribeiro coas cidades importantes: Compostela (capital do reino) e Pontevedra (porto de exportación do vinho do Golfi 🍷 cara a Europa). Este carácter do Suído coma ponto de comunicación do sur de Galiza marcou a história da serra: assi como o transporte através dos passos dos Alpes constitue a orixe histórica de Suíza coma Estado independente, assi a comunidade judea da aldea da Granha obtivo a sua riqueza de trabalhar coma transportistas comerciantes dende o Suído, moitas vezes usando os carreiros do alto da serra para evitar o pagamento das portagens que senhores feudais e mosteiros (a Audasa da época 💰) impunhan nas vias principais de máis abaixo.
Como já vimos da outra vez, hoje en dia o Caminho da Verea está en gran medida oculto baixo a toxeira, sendo a sua herdeira a estrada de Pontevedra à Caniza pola Portela do Foxo e a Portela de Deva (talvez a estrada máis alpina da Galiza, a imaxe da famosa Alpenstraße que percorre o sur de Baviera). É esta estrada a que nos levará até a parróquia de San Joán do Pinheiro (comarca da Paradanta), que ten o seu núcleo dividido en dous bairros: o Pinheiro de Areas e o Pinheiro da Igreja.
Começaremos a nossa andaina no primeiro, mais rapidamente procuraremos entre os eidos o descenso cara a ponte do Pinheiro, que une os dous bairros sobre o rio Caranho. Esta fermosa ponte medieval é umha outra testemunha do Caminho da Verea, que aqui imos usar noutro treito para entrar no cerne da serra.
Pouco arriba da ponte, o rio Caranho recebe as augas do Rego do Pinheiro, que cae dende o alto da serra numha abrupta pendente moi apta para a práctica do barranquismo.
Este canón é un lugar moi óbvio para o caso de querer construír un encoro, e isso é o que fixo a vezinhança do Pinheiro en tempos antergos para assi manter umha reserva de auga de rega que durasse todo o ano: falamos do Poço de Pinheiro, o nosso primeiro objectivo do dia. Non nos banharemos nestas alturas, mas estará ben a visita.
A seguir, dende o encoro rapidamente subiremos cara aos penedos do Castro dos Touros (será que se chaman assi pola costume do gando de subir ao alto no verán para sentir a brisa fresca?); ali acadaremos o primeiro cúmio do dia: o Coto Agudo (897 m). Estaremos já no alto da serra, e no limite coas parróquias de San Miguel de Fofe e Santa Maria do Campo a vista será espectacular sobre o val do Alto Tea, Faro de Avión, Fontefria e Paradanta.
A seguir, vén un planalto que é atravessado polo antigo caminho agora transformado en pista: é a Chan do Libro, onde poderemos observar as turbeiras, ecosistema característico do Suído onde o Kaltxo parará à procura das droseiras. Passaremos brevemente pola parróquia da Granha, mais non vou falar desta volta da história dos judeus granhudos porque non é o foco deste roteiro, ficará para outro. Despois duns quilômetros pola chan, chegaremos até a seguinte visita: o Foxo do Lobo da parróquia do Campo. Já visitaramos umha destas construcións no roteiro polo Monte Maior, vezinho ao Suído. Se aquel foxo era duplo, este é simples mais coa particularidade de ter duas embocaduras, con três muros en total para formar dous funis de entrada. Desta volta pode valer para deixar ao Meco e o Saxo castighados preventivamente, se é que estavan já a argalhar algumha falcatruada. 😂
O que falta a partires deste ponto é a ascensión do Coto de Bidueiros (943 m), mais antes disso, umha vez atravessada a Portela das Travessas entraremos no que un dos conjuntos etnográficos máis importantes do Suído. O outro elemento importante da história da serra é a actividade gandeira, especialmente como área de pastaxe de verán. Como o accesso ao alto da serra era complicado, os pastores preferiron ir construíndo umha série de refúgios para eles e para o gando: os choços do Suído. Mália que se poida pensar que son construcións en princípio simples, o certo é que o seu interesse reside na variedade de técnicas arquitectônicas aplicadas, con coberturas de pedra sustentadas às vezes con trabes, às vezes con arcos e mesmo en forma de cúpula, o cal amosa un certo conhecemento técnico que en princípio pareceria improbável en gentes «de aldea» (e isto amosa o valor da experiência empírica).
Os choços e as contrucións que os acompanhan (cortelhos, currais, sesteiros, parideiras,...) estavan assignadas a cadansua parróquia por acordos inmemoriais (mesmo que estean no território doutra parroquia diferente) e eran mantidos colectivamente pola vezinhança da parróquia correspondente, en forma análoga às comunidades de montes. De feito un dos choços que imos visitar é o que corresponde à aldea de Mera, assi que teremos que levar ao Tiago (o conhecido «Hipi de Mera» 🤣, para que saiba onde ten a casa de verán 🥳).
O mesmo cúmio do Coto de Bidueiros é en si un sesteiro; un recinto acondicionado para que o gando passe as horas de máis calor (as da sesta/soneca) nos altos máis frescos. Finalmente, despois disso só nos falta o descenso, que en princípio faremos rapidamente en canto consigamos encetar o carreiro que dende o cúmio da Pena Aranda (906 m) nos baixa polas parróquias da Laxe e das Estacas até a Portela do Foxo, já na comarca do Suído.

Waypoints

PictographPanorama Altitude 1,438 ft
Photo ofA Guía de Piñeiro

A Guía de Piñeiro

PictographRisk Altitude 1,396 ft
Photo ofCamiño con escorrenteira de auga

Camiño con escorrenteira de auga

PictographBridge Altitude 1,337 ft
Photo ofPonte medieval Photo ofPonte medieval Photo ofPonte medieval

Ponte medieval

PictographRiver Altitude 1,332 ft
Photo ofRío Caranho

Río Caranho

PictographPhoto Altitude 1,360 ft
Photo ofCaminho empedrado

Caminho empedrado

PictographFlora Altitude 1,640 ft
Photo ofCarballeira e verea

Carballeira e verea

PictographPanorama Altitude 1,709 ft
Photo ofVistas cara a costa

Vistas cara a costa

A Guía de Piñeiro en primeiro plano, coa serra do Galineiro ó fondo

PictographIntersection Altitude 2,087 ft
Photo ofCruzamento

Cruzamento

Á esquerda cara o canón

PictographWaterfall Altitude 2,152 ft
Photo ofFervenza

Fervenza

PictographLake Altitude 2,481 ft
Photo ofPozo do Pinheiro

Pozo do Pinheiro

PictographSummit Altitude 2,893 ft
Photo ofCoto Agudo Photo ofCoto Agudo

Coto Agudo

Tamén chamado Pedra Partida (898m)

PictographWilderness hut Altitude 2,983 ft
Photo ofChouzo da parroquia do campo

Chouzo da parroquia do campo

Refuxio pastoril

PictographRuins Altitude 2,949 ft
Photo ofFoxo do lobo Photo ofFoxo do lobo

Foxo do lobo

Por sorte, ruina

PictographPanorama Altitude 2,924 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

Cara o coto Bidueiros

PictographRuins Altitude 2,833 ft
Photo ofChouzo

Chouzo

PictographRiver Altitude 2,849 ft
Photo ofRegato

Regato

Vadeo polo regato

PictographRuins Altitude 2,899 ft
Photo ofChouzo

Chouzo

PictographPanorama Altitude 2,935 ft
Photo ofCara o oeste... Photo ofCara o oeste...

Cara o oeste...

Illas Cíes, Morrazo, Galinheiro... En primeiro plano, peche dunha sesteira. Na segunda foto, cara o noroeste, a Curota no Barbanza

PictographSummit Altitude 3,056 ft
Photo ofCoto Bidueiros

Coto Bidueiros

946m

PictographSummit Altitude 2,958 ft
Photo ofPena Aranda

Pena Aranda

907m

Comments

    You can or this trail