Activity

Sosas de Laciana, lagoas de Valbuena, alto de Valbuena, alto de Secuecho. (Distancia non real)

Download

Trail photos

Photo ofSosas de Laciana, lagoas de Valbuena, alto de Valbuena, alto de Secuecho. (Distancia non real) Photo ofSosas de Laciana, lagoas de Valbuena, alto de Valbuena, alto de Secuecho. (Distancia non real) Photo ofSosas de Laciana, lagoas de Valbuena, alto de Valbuena, alto de Secuecho. (Distancia non real)

Author

Trail stats

Distance
24.27 mi
Elevation gain
2,864 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,864 ft
Max elevation
5,989 ft
TrailRank 
51
Min elevation
3,424 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 48 minutes
Time
8 hours 14 minutes
Coordinates
3085
Uploaded
July 29, 2021
Recorded
July 2021
Be the first to clap
1 comment
Share

near Sosas de Laciana, Castilla y León (España)

Viewed 101 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofSosas de Laciana, lagoas de Valbuena, alto de Valbuena, alto de Secuecho. (Distancia non real) Photo ofSosas de Laciana, lagoas de Valbuena, alto de Valbuena, alto de Secuecho. (Distancia non real) Photo ofSosas de Laciana, lagoas de Valbuena, alto de Valbuena, alto de Secuecho. (Distancia non real)

Itinerary description

Ruta camiñada a partir desta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/lagunas-de-valbuena-desde-sosas-de-laciana-61546463 aínda que con modificación. Como se deduce do track, ten un fallo clamoroso por fallo da localización GPS. (Evidentemente non hai unha teletransportación ata La Cueta). O percorrido certo é seguindo a ruta de ida nese treito. Polo demais, é correcto. A distancia total real é duns 19 quilómetros. (Houbo un usuario que se ofreceu a mandarme o track corrixido pero non me chegou. Agradeceríallo, ou a calquera que o fixer).
A andada comeza á entrada de Sosas (polo que se podería acurtar en case dous quilómetros lineais comezando no final da aldea). Segue unha pista que decorre polo fondo do val do río Oracheiro. Ao principio é un val erosivo e logo convértese nun de fondo máis plano, coma glaciario. Contra o quilómetro 6 cóllese unha pista cara a esquerda que sobe pola ladeira. Sucesivamente vaise atopando unha lagoa (que nesta época está seca) e logo outras dúas con auga.
Por consello dun gandeiro, continuamos a subida ata o lombo da Serra Delgada, que fai honra a ese nome, pois é un aguzado cordal entre os vales de Sosas e o do río S. Miguel. As vistas son, certamente, grandiosas. Paga a pena subir ata aquí.
A seguir do alto Secuecho baixamos a valmontes. É un descenso moi pronunciado. Aquí non hai camiño pero a vexetación non é moi pecha e pódese descender sen problema (cadaquén debe avaliar se lle paga a pena!) No regacho Glacheiru, na outra ladeira, podemos ver unhas fermosas fervenzas. Xa no fondo do val, só queda retornar ao comezo da ruta pola pista. Nesta zona hai varias brañas ou casetas de estiaxe. Algunhas están sendo rehabilitadas coma se se tratase de chalés.
Como queda apuntado esta esta ruta ofrece unhas vistas extraordinarias e de gran beleza. Ten moito desnivel. A pequena travesía polo alto da serra e a baixada van polo monte, o resto son pistas limpas.
Como nota cultural: a toponimia desta zona (malia que castelanizada) evidencia a pertenza á antiga Gallaecia. Tamén a onomástica, como vimos nunha necrolóxica en Sosas.
En resumo: ruta moi gratificante aínda que non acaída para persoas sen preparación e forma física para camiñadas por montaña.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 3,473 ft
Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa

Igrexa

PictographReligious site Altitude 3,591 ft
Photo ofCapela Photo ofCapela Photo ofCapela

Capela

PictographFountain Altitude 3,691 ft
Photo ofLavadoiro e fonte Photo ofLavadoiro e fonte

Lavadoiro e fonte

PictographMonument Altitude 3,642 ft
Photo ofCapela (S. Xohán) e potro de ferrar. Photo ofCapela (S. Xohán) e potro de ferrar. Photo ofCapela (S. Xohán) e potro de ferrar.

Capela (S. Xohán) e potro de ferrar.

PictographPanorama Altitude 4,194 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographIntersection Altitude 4,825 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographIntersection Altitude 4,795 ft
Photo ofCurros e esquerda Photo ofCurros e esquerda

Curros e esquerda

PictographPanorama Altitude 5,129 ft
Photo ofPanorámica val de Sosas Photo ofPanorámica val de Sosas Photo ofPanorámica val de Sosas

Panorámica val de Sosas

PictographLake Altitude 5,222 ft
Photo ofLagoa seca

Lagoa seca

PictographPhoto Altitude 5,391 ft
Photo ofCurro Photo ofCurro

Curro

PictographLake Altitude 5,465 ft
Photo ofLagoa de Valbuena 2 Photo ofLagoa de Valbuena 2 Photo ofLagoa de Valbuena 2

Lagoa de Valbuena 2

PictographLake Altitude 5,594 ft
Photo ofLagoa de Valbuena 3 Photo ofLagoa de Valbuena 3 Photo ofLagoa de Valbuena 3

Lagoa de Valbuena 3

PictographPanorama Altitude 5,853 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

Vese unha entulleira mineira no Pico del Feisolín

PictographPanorama Altitude 5,842 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPanorama Altitude 5,985 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographWaterfall Altitude 4,936 ft
Photo ofFervenza Photo ofFervenza Photo ofFervenza

Fervenza

Comments  (1)

  • Photo of vicenvicen
    vicenvicen Aug 9, 2021

    Pues, corrige el track , borra el punto que va a la Cueta

You can or this trail