Activity

Subida ó Montouto

Download

Trail photos

Photo ofSubida ó Montouto Photo ofSubida ó Montouto Photo ofSubida ó Montouto

Author

Trail stats

Distance
10.27 mi
Elevation gain
2,064 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
853 ft
Max elevation
3,086 ft
TrailRank 
43
Min elevation
1,135 ft
Trail type
One Way
Moving time
5 hours 12 minutes
Time
8 hours 44 minutes
Coordinates
2372
Uploaded
February 19, 2022
Recorded
February 2022
Be the first to clap
Share

near Paraños, Galicia (España)

Viewed 33 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofSubida ó Montouto Photo ofSubida ó Montouto Photo ofSubida ó Montouto

Itinerary description

Subida polo río Xabriña ata o alto do Montouto. Prólogo de Bare:
Para este novo roteiro, imos prosseguir a nossa xeira polo sector sur da Dorsal Galega na bisbarra da Paradanta. Sabemos que o Val de Tiela (o do alto Tea) é o que separa as serras do Suído e a do Faro de Avión (já visitada por este grupo), que se estende polo sur até a Portela de Deva (809 m) por onde passa a estrada de Pontevedra à Caniza. O seguinte passo importante através da Dorsal Galega cara ao sur é a Portela da Franqueira (745 m). Assi, temos entre estes dous portos un novo grupo montanhoso que son os Montes de Fontefria, que acadan a sua máxima altitude no Alto do Montouto (947 m).

E a maneira máis fermosa de ascender este cúmio é começar na parróquia de Santa Maria de Paranhos (no lugar de Portocortinhas) para subir polo val do rio Xabrinha. Este treito está sinalizado coma PR-G 119 (Rota do Xabriña).

Sobra dizir que esta parte é un espectáculo, avançando entre mestas fragas, visitando vários muinhos e vendo as fervenças do rio, especialmente cando se passa polo Poço do Demo.

Entre as parróquias do Prado de Canda e a Lamosa, chegaremos a un ponto no que a rota marcada abandona o val para subir cara às aldeas, mais nós seguiremos o curso do rio a montante até atopar a estrada que une estas duas parróquias. A partires deste ponto começa a parte montanheira do percurso. Sen perder de vista o rio, trata-se de ir ganhando altitude rapidamente polas pistas e carreiros que atravessan a aba oeste do Montouto, até conseguir rodear o cúmio polo sur (tendo já boas vistas sobre a Paradanta e o Minho), e entrar na parróquia de San Sebastián das Achas para acadar o pequeno planalto da Chan dos Mouros.

O nome já nos adianta que estamos nun lugar de lenda. O máis característico da Chan dos Mouros é a pequena lagoa (ou charca, máis ben) que se forma no seu centro en épocas de choiva (e que chega a estar congelada no inverno se hai frio abondo).

A hipótese máis espectacular sobre a lagoa é que se trata do cráter de impacto dun meteorito, que, polos indícios atopados, até se poderia dizer que caeu no período Neolítico. Seria, portanto, un acontecemento contemporáneo da época da construción de monumentos megalíticos como as mámoas.

O que si atopamos neste lugar é un empraçamento arqueológico singular, con até três mámoas construídas arredor do suposto cráter, e un recinto circular de pedras fincadas que cerca todo o espaço. Estea ou non relacionado co suposto meteorito, é evidente que se trata dun lugar sagrado. Especialmente interessante é o círculo megalítico, pola rareza deste tipo de monumentos na Galiza.

Ben, despois de jantar na Chan dos Mouros e subir até o cúmio para admirar as vistas, o que falta é descer até o planalto de Fontefria (aproveitando para visitar un outro conjunto de mámoas), contando con que deixaremos algun veículo nas beiras da estrada N120 para artelhar o regresso. En total, 11 km. Moi assequível...

Waypoints

PictographFountain Altitude 1,316 ft
Photo ofFonte

Fonte

Fonte do peto de ánimas

PictographFountain Altitude 1,315 ft
Photo ofFonte na praza

Fonte na praza

PictographMuseum Altitude 1,309 ft
Photo ofLagar da cera

Lagar da cera

PictographFountain Altitude 1,292 ft
Photo ofFonte

Fonte

A do cruceiro

PictographFountain Altitude 1,200 ft
Photo ofFonte da fame

Fonte da fame

PictographRuins Altitude 1,195 ft
Photo ofMuinho

Muinho

Monumental!

PictographBridge Altitude 1,189 ft
Photo ofPontillón

Pontillón

Pontillón e levada

PictographRuins Altitude 1,209 ft
Photo ofMuinho

Muinho

PictographFountain Altitude 1,210 ft
Photo ofFonte

Fonte

A do merendeiro

PictographRiver Altitude 1,247 ft
Photo ofXabriña

Xabriña

Lugar de banho e ruinas de muinhos

PictographRiver Altitude 1,312 ft
Photo ofPozo do Demo

Pozo do Demo

Río encanonado

PictographRiver Altitude 1,522 ft
Photo ofRío Azal

Río Azal

PictographFountain Altitude 1,734 ft
Photo ofFonte

Fonte

A do muiño

PictographBridge Altitude 1,855 ft
Photo ofPontón

Pontón

Subida á Lamosa

PictographPanorama Altitude 2,641 ft
Photo ofA foz do Minho

A foz do Minho

A foz do Minho brillando ó fondo, e o Trega

PictographPhoto Altitude 3,003 ft
Photo of'Cráter'

'Cráter'

Posible cráter de meteoro no Chan dos Mouros. Tamén se aprecia unha das mámoas

Photo ofMámoas

Mámoas

As tres mámoas do Chan dos Mouros. En primeiro plano, apréciase o cono de violación dunha delas. A grande vese o fondo da chaira e a terceira á dereita desa. En último plano, torreta antiincendios de Montouto

PictographSummit Altitude 3,070 ft
Photo ofCoto de Montouto

Coto de Montouto

947m

Photo ofMámoa

Mámoa

Conxunto arqueolóxico de varias mámoas

Comments

    You can or this trail