Activity

Tamagos, o castro dos Tamagani

Download

Trail photos

Photo ofTamagos, o castro dos Tamagani Photo ofTamagos, o castro dos Tamagani Photo ofTamagos, o castro dos Tamagani

Author

Trail stats

Distance
1.84 mi
Elevation gain
187 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
187 ft
Max elevation
1,594 ft
TrailRank 
39
Min elevation
1,483 ft
Trail type
Loop
Time
56 minutes
Coordinates
272
Uploaded
March 22, 2017
Recorded
March 2017
Be the first to clap
1 comment
Share

near Tamagos, Galicia (España)

Viewed 1001 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofTamagos, o castro dos Tamagani Photo ofTamagos, o castro dos Tamagani Photo ofTamagos, o castro dos Tamagani

Itinerary description

Estamos na parte oriental do val, onde máis tarda o sol en saír polas mañás e, ao tempo, o que millores solpores nos ofrece. Polo tanto, aconsello facer esta ruta polas tardes.
Chegar co coche ao punto de partida vai ser moi doado, porque todo o camiño está marcada como o Camiño de Santiago, a Ruta da Prata. O noso lugar de comezo xa é especial: a fonte da Granxiña. Unha fermosísima fonte de auga clara e potable, onde encher as botellas. Por debaixo, na charca, é moi doado ver batracios de varias especies, non as molestedes moito, por favor. Dende esta mesma posición, se miramos ao Norte-Nordeste, veremos un outeiro ralo, con poucos pinos, o Outeiro de Arnás. Non hai nadiña que investigadores de varias universidades europeas identificaron o lugar como un castellum romano, un campamento dunha sección do exército romano realizado como un pentágono. Se nos atrevemos, non é moito desviarse e subir ao alto, onde están os restos dunha torre, para ver a fermosa panorámica do val do Támega.
Inmediatamente, deixando á fonte á esquerda, dirixirémonos ás casas máis cercanas que vemos, A Granxiña, lugar moi pequeno e moi curioso, pois alí estivo durante moitos séculos (e queda a gran labra para testemuñalo) a Inquisición, posto que non tiña este lugar ningunha outra función que meter medo á xente. O lugar ten unhas propiedades estensas, e posiblemente está asentado enriba dunha vila romana. Seguindo o camiño cara abaixo, ao chegar ao cruce colleremos á esquerda, para subir un pouco cara a igrexa parroquial de Tamagos. Ata chegar, temos un paseo corto e moi agradable entre campos abandonados cheos de vexetación xa alta, que aporta sombra e fresco.
Xusto antes de chegar á igrexa, temos unha das visións máis claras de Tamagos como castro, aínda que desdibuxado polas construccións máis modernas. De feito, unha das probas da antiguidade do lugar é que a igrexa non teña sido o centro da aldea, senón que se atope no exterior (suponse que no interior xa non había espazo para construíla). A visión da igrexa é sorprendente, posto que ten un “campanario” esaxeradamente grande para o que é a fachada da mesma, e ao mesmo tempo, a cada lado da porta, de arco de medio punto, hai dúas cornisas cheas de morlóns, típico adobio románico... Neste lugar apareceu unha ara romana que logo o párroco perdeu, pero queda outra ara empotrada no muro exterior do adro (queda como brincadeira o feito de buscala e identificala). Dando a volta arredor da igrexa, ao final veremos un vellísimo baptisterio ou pía bautismal que hoxe fai de testo de flores...
Xusto pasada a igrexa, en ruta xa cara a aldea, e do outro lado da ponte onde están tamén os lavadeiros, hai outra fonte que bota pouca auga pero moi rica para seguir refrescándose. Saíndo da fonte, subiremos ao máis alto da aldea-castro, onde as solucións arquitectónicas populares se adaptaron ao raro material usado aquí para facer as vivendas. O xisto e as pedras salitrosas son abondosas, non así o granito, e polo tanto, este úsase para reforzar os marcos e as lumieiras das portas máis grandes, como podemos ver dende que entramos na aldea. Son moi típicos, igualmente, os patios compartidos onde era costume facer estrume, pois era o lugar onde toda a facenda pasaba e o lugar máis axeitado para ir amoreando o esterco das cortes. Tamén podemos ver casas que teñen certo aire vilego misturado co mundo rural máis arraigado. Seguindo a liña das rúas, chegamos a unha praciña que antes era aira, onde hai un cruceiro novo. Vemos como non só a arquitectura, senón a disposición urbanística da aldea é de rúas moi estreitas e mazás que rodean patios interiores compartidos por varias vivendas, formas moi pouco habitual no val do Támega. Un pouco máis adiante poderemos ver o cruceiro vello da aldea, con moito interese artístico polo fuste estriado, que o fai moi vello.
Deixando atrás a aldea, daremos un pequeno paseo de volta entre hortas e bacelos, posto que aquí tamén se fai bo viño, e ao pasar diante da adega Abeledos, poderemos degustar un caldo con Denominación de Orixe de Monterrei. Unha vez tomado o viño fresco, quedaranos un bonito e corto paseo de volta ao punto de partida, pasando por riba do outeiriño onde está a citada casa da Inquisición, e voltanto á fonte da Granxiña, á vista de Arnás e Monterrei.

Waypoints

PictographFountain Altitude 1,591 ft
Photo ofFonte da Granxiña

Fonte da Granxiña

Fonte da Granxiña

PictographPhoto Altitude 1,535 ft
Photo ofA Granxiña (casa da Inquisición)

A Granxiña (casa da Inquisición)

A Granxiña (casa da Inquisición)

PictographPhoto Altitude 1,532 ft
Photo ofLabra Inquisición Photo ofLabra Inquisición

Labra Inquisición

Labra Inquisición

PictographPanorama Altitude 1,552 ft
Photo ofTamagos, castro vivo

Tamagos, castro vivo

Tamagos, castro vivo

PictographReligious site Altitude 1,562 ft
Photo ofIgrexa parroquial de Tamagos Photo ofIgrexa parroquial de Tamagos Photo ofIgrexa parroquial de Tamagos

Igrexa parroquial de Tamagos

Igrexa parroquial de Tamagos

PictographPhoto Altitude 1,558 ft
Photo ofBaptisterio

Baptisterio

Baptisterio

PictographFountain Altitude 1,532 ft
Photo ofFonte de Tamagos

Fonte de Tamagos

Fonte de Tamagos

PictographPhoto Altitude 1,581 ft
Photo ofPorta tradicional con descarga de lumieira

Porta tradicional con descarga de lumieira

Porta tradicional con descarga de lumieira

PictographPhoto Altitude 1,575 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographPhoto Altitude 1,591 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographPhoto Altitude 1,585 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographPhoto Altitude 1,588 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographPhoto Altitude 1,565 ft
Photo ofCruceiro novo

Cruceiro novo

Cruceiro novo

PictographPhoto Altitude 1,575 ft
Photo ofCruceiro do Fondo do Pobo

Cruceiro do Fondo do Pobo

Cruceiro do Fondo do Pobo

PictographPhoto Altitude 1,562 ft
Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Photo ofArquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

Arquitectura tradicional

PictographPhoto Altitude 1,506 ft
Photo ofAdega Abeledos

Adega Abeledos

Adega Abeledos

PictographPanorama Altitude 1,549 ft
Photo ofA Granxiña

A Granxiña

A Granxiña

PictographPanorama Altitude 1,555 ft
Photo ofArnás (campamento romano?)

Arnás (campamento romano?)

Arnás (campamento romano?)

Comments  (1)

You can or this trail