Activity

Polo río Tamuxe: de Burgueira a Loureza (do Pozo do Arco á fervenza da Bugalleira)

Download

Trail photos

Photo ofPolo río Tamuxe: de Burgueira a Loureza (do Pozo do Arco á fervenza da Bugalleira) Photo ofPolo río Tamuxe: de Burgueira a Loureza (do Pozo do Arco á fervenza da Bugalleira) Photo ofPolo río Tamuxe: de Burgueira a Loureza (do Pozo do Arco á fervenza da Bugalleira)

Author

Trail stats

Distance
6.87 mi
Elevation gain
863 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
863 ft
Max elevation
953 ft
TrailRank 
51
Min elevation
319 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 5 minutes
Time
4 hours 5 minutes
Coordinates
1707
Uploaded
November 19, 2023
Recorded
November 2023
Be the first to clap
Share

near Burgueira, Galicia (España)

Viewed 19 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofPolo río Tamuxe: de Burgueira a Loureza (do Pozo do Arco á fervenza da Bugalleira) Photo ofPolo río Tamuxe: de Burgueira a Loureza (do Pozo do Arco á fervenza da Bugalleira) Photo ofPolo río Tamuxe: de Burgueira a Loureza (do Pozo do Arco á fervenza da Bugalleira)

Itinerary description

Animámonos a volver ao Tamuxe logo dunhas semanas de bastante chuvia, auga que converte este treito do río nun fermoso espectáculo, baixando moi encaixado entre rochas e penedos e formando saltos ben potentes e pozas espectaculares. A ruta transcurre polas parroquias de Burgueira e Loureza, pertencentes ao Concello de Oia.
Deixamos o coche perto do lugar de Bonaval, nunha zona con plantacións extensas de kiwi. Axiña pasamos pola presa de Vilachán e en menos de 1,5 km dende o inicio xa estamos na zona coñecida como o Pozo do Arco, onde o río alimentaba muíños, descende en saltos e logo se estreita para pasar ben encaixado por baixo dunha curiosa ponte de madeira.
Nós descendemos pola marxe esquerda do río. No km 2,5 atopamos una alternativa sinalizada que debe ser bastante recente: deixamos a pista e collemos esa senda, máis próxima ao río e que pode resultar complicada se o chan está mollado dado que ten bastante pedra solta e boa pendente. É un desvío de case un quilómetro que rebaixa a distancia da ruta en quilómetro medio ademáis de evitar un tramo de pista bastante insulso.
No km 4,2 estamos nuevamente ao nivel do río e asomámonos para gozar dun salto e dunha boa poza cunha tonalidade espectacular. Aproveitamos para percorrer un treito desta beira do río e logo, no canto de seguir a ruta tradicional, complicámonos algo a vida para permanecermos o máis próximo posible ao río. Entre o km 4,2 e 5,2 fixemos un tramo con algún paso arriscado á beira do río, con pedras moi molladas e escorregadizas. A non ser que o caudal do río sexa baixo, non é aconsellábel meterse por aquí salvo para as persoas máis aventureiras (ou con calor, de xeito que non importe mollarse). No km 4,9 demos cunha levada que nos facilitou seguir adiante até confluír coa ruta habitual.
Pouco máis adiante, aos 5,7 km do inicio, chegamos a un dos recunchos máis espectaculares desta ruta, a fervenza e as pozas da Bugalleira, que ben merecen una parada demorada.
Volvemos sobre os nosos pasos pola estrada, cruzamos a pola ponte e collemos o desvío á dereita. Aquí confiámonos e tratamos de seguir perto do río: é mellor seguir a pista e non achegarse ao río, tivemos que inventar un pequeño treito monte arriba para volver á ruta e seguir a levada, nun tramo con algunas sobreiras preciosas.
Entre os km 7 e 9, aproximadamente, camiñamos polos tramos de pista menos interesantes. Pasamos a carón dunha ponte no km 8,6 e convén andar atentos no desvío no km 9. Nós saltámolo porque semellaba estar pechado de vexetación, pero o camino directo de volta á ponte do Pozo do Arco vai por aí. Ao non collelo, tivemos una breve ascensión de propina antes de pasar pola outra marxe do pozo e retornar ao punto de partida.

Waypoints

PictographWaterfall Altitude 868 ft
Photo ofPrésa Burgueira

Présa Burgueira

PictographPicnic Altitude 844 ft
Photo ofMerendeiro Photo ofMerendeiro Photo ofMerendeiro

Merendeiro

PictographRiver Altitude 670 ft
Photo ofRego

Rego

PictographWaterfall Altitude 512 ft
Photo ofFervenza e poza Photo ofFervenza e poza Photo ofFervenza e poza

Fervenza e poza

PictographWaypoint Altitude 413 ft
Photo ofLevada Photo ofLevada

Levada

PictographWaterfall Altitude 344 ft
Photo ofPozas e fervenza da Bugalleira Photo ofPozas e fervenza da Bugalleira Photo ofPozas e fervenza da Bugalleira

Pozas e fervenza da Bugalleira

PictographWaypoint Altitude 477 ft
Photo ofCorte monte a través e levada

Corte monte a través e levada

PictographTree Altitude 543 ft
Photo ofSobreira Photo ofSobreira

Sobreira

PictographWaterfall Altitude 834 ft
Photo ofPozo do Arco Photo ofPozo do Arco Photo ofPozo do Arco

Pozo do Arco

Comments

    You can or this trail