Activity

Teixadal de Casaio por La Cabrita e Lagoa do Penedo (non aconsellable por este trazado).

Download

Trail photos

Photo ofTeixadal de Casaio por La Cabrita e Lagoa do Penedo (non aconsellable por este trazado). Photo ofTeixadal de Casaio por La Cabrita e Lagoa do Penedo (non aconsellable por este trazado). Photo ofTeixadal de Casaio por La Cabrita e Lagoa do Penedo (non aconsellable por este trazado).

Author

Trail stats

Distance
7.33 mi
Elevation gain
2,799 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
2,799 ft
Max elevation
6,292 ft
TrailRank 
74 4.5
Min elevation
4,360 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 22 minutes
Time
6 hours 52 minutes
Coordinates
1916
Uploaded
October 21, 2018
Recorded
October 2018
  • Rating

  •   4.5 2 Reviews
Be the first to clap
4 comments
Share

near La Baña, Castilla y León (España)

Viewed 1447 times, downloaded 18 times

Trail photos

Photo ofTeixadal de Casaio por La Cabrita e Lagoa do Penedo (non aconsellable por este trazado). Photo ofTeixadal de Casaio por La Cabrita e Lagoa do Penedo (non aconsellable por este trazado). Photo ofTeixadal de Casaio por La Cabrita e Lagoa do Penedo (non aconsellable por este trazado).

Itinerary description

Ruta a uns lugares máxicos e grandiosos pero que, feita así, non é aconsellable polo que logo explicarei. Comezamos xunto á entrada dunha canteira (que por ser domingo estaba sen actividade), porén poderíase seguir cun coche normal ata un cruce que indico cun waipoint no retorno. Logo de atravesar por unha escombreira da canteira e de seguir un camiño, comeza a baixada cara ao teixadal pola aba do Alto de La Cabrilla. O descenso faise monte abaixo, seguindo uns paus e estantes de pedra, complicados de ver no medio das uces altas. Encontarmos, a media ladeira, un sendeiro aberto recentemente que logo descubrimos que podería levarnos (baixando en zig-zag por máis adiante) case a entrada do Teixadal. Parece indicado seguilo e evitar o resto de dura baixada. Déixoo marcado cun waipoint.
Xa na fraga de teixos, están marcados a choza refuxio dos guerrilleiros antifranquista e un carballo xigantesco (o de milenario habería que comprobalo). Subindo polo Teixadal, pódese contemplar a tenacidade destas árbores que se agarran á vida mesmo cando son derribadas ou partidas polos elementos.
Logo de saír do bosque de taxus, atopamos aínda outra choza e, máis arriba, crúzase o regueiro e aquí parte o carroucho que atoparamos na baixada. Aconsello seguilo e facer a volta por el e subir pola ladeira por onde baixaramos. Isto porque a partir de aquí é un traxecto longo por medio de monte alto, onde non hai sendeiros trazados, moi duro, empinado e mesmo perigoso en certos puntos. A certa altura, xa se pode ascender por terreo de penedos e pedregullo desprendido dos rochedos das cima. Incómo pero polo menos despexado de vexetación. Certamente este percorrido permite chegar ata a lagoa do Penedo (no momento da ruta, seca) pero non compensa a dureza e esforzo desta subida.
Dende a lagoa aínda queda un treito importante de forte subida ata o sendeiro que atravesa case no cima en dirección á Pena Trevinca. Esta subida tamén se fai monte a través, pero son uces baixas. Por ese sendeiro xa se retorna ata a ladeira de La Cabrilla onde comezaramos a baixar na ida.
O dito: o lugar é magnífico pero é preferible gozar del retornado por outros trazados.
Feita seguindo este track: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/teixadal-de-casaio-bosque-de-tejos-y-acebos-lagoa-do-penedo-26-05-13-y-09-04-17-4556044

Waypoints

PictographMine Altitude 5,638 ft
Photo ofInicio Photo ofInicio

Inicio

Entrada a canteira de lousa.

PictographIntersection Altitude 6,031 ft
Photo ofPanorámica dende o comezo da baixada. Photo ofPanorámica dende o comezo da baixada. Photo ofPanorámica dende o comezo da baixada.

Panorámica dende o comezo da baixada.

PictographPanorama Altitude 5,780 ft
Photo ofPoste Photo ofPoste Photo ofPoste

Poste

PictographPhoto Altitude 5,605 ft
Photo ofEstante

Estante

PictographPhoto Altitude 5,411 ft
Photo ofSendeiro transversal. Photo ofSendeiro transversal. Photo ofSendeiro transversal.

Sendeiro transversal.

Leva á parte alta do Teixadal aínda que nai un sendeiro en zig-zag ata a entrada inferior.

PictographTree Altitude 4,876 ft
Photo ofTeixadal

Teixadal

PictographTree Altitude 4,869 ft
Photo ofTeixadal 1 Photo ofTeixadal 1 Photo ofTeixadal 1

Teixadal 1

PictographIntersection Altitude 4,487 ft
Photo ofCruce (sendeiro transversal pola parte baixa da ladeira). Photo ofCruce (sendeiro transversal pola parte baixa da ladeira).

Cruce (sendeiro transversal pola parte baixa da ladeira).

PictographTree Altitude 4,396 ft
Photo ofTeixadal 2 Photo ofTeixadal 2

Teixadal 2

PictographTree Altitude 4,383 ft
Photo ofTeixadal 3 Photo ofTeixadal 3 Photo ofTeixadal 3

Teixadal 3

PictographTree Altitude 4,393 ft
Photo ofTeixadal 4 Photo ofTeixadal 4

Teixadal 4

Teixo que matén a súa parte alta viva, descansando sobre doutras árbores, logo de ser partida polos elementos.

PictographRuins Altitude 4,419 ft
Photo ofCidade da selva

Cidade da selva

Nome co que os gurrilleiros "maquis" coñecían esta estación de refuxio.

PictographTree Altitude 4,448 ft
Photo ofTeixo

Teixo

PictographTree Altitude 4,509 ft
Photo ofCarballo Photo ofCarballo

Carballo

PictographWaterfall Altitude 4,440 ft
Photo ofFervenza

Fervenza

Pequeno salto de auga.

PictographRuins Altitude 4,680 ft
Photo ofChozo Photo ofChozo Photo ofChozo

Chozo

PictographRisk Altitude 4,880 ft
Photo ofZona fodida

Zona fodida

Toda esta zona, ata a lagoa e MOI DURA.

PictographTree Altitude 5,104 ft
Photo ofBidueiral

Bidueiral

PictographRiver Altitude 5,138 ft
Photo ofCavanco

Cavanco

PictographRisk Altitude 5,197 ft
Photo ofCanal perigosa

Canal perigosa

O modo menos malo de subir é a través do cauce do regato SEMPRE QUE ESTEA SECO!

PictographRisk Altitude 5,383 ft
Photo ofPenedía

Penedía

PictographLake Altitude 5,702 ft
Photo ofLagoa Photo ofLagoa Photo ofLagoa

Lagoa

Seca nesta época.

PictographPhoto Altitude 6,094 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographPanorama Altitude 6,257 ft
Photo ofVal Photo ofVal

Val

Perspectiva sobre o seguinte val, tamén arrasado pola canteira .

PictographPhoto Altitude 5,997 ft
Photo ofFoto

Foto

PictographDead-end street Altitude 5,702 ft
Photo ofAcceso último con turismo

Acceso último con turismo

Ata este punto pódese vir con coche, mellor todoterreo.

PictographMine Altitude 5,679 ft
Photo ofCanteira Photo ofCanteira Photo ofCanteira

Canteira

Vista sen a néboa matinal...

Comments  (4)

  • Photo of mazaira
    mazaira Oct 23, 2018

    I have followed this trail  View more

    Estupenda descripción y de imágenes de esta dura y difícil ruta

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Oct 23, 2018

    Moitas grazas. Un saúdo.

  • Photo of alexandrecanom
    alexandrecanom Nov 23, 2018

    Certamenta a subida é complicada até o pedregal... Imos ter que procurar umha maneira de chegarmos a lagoa do Penedo máis facilmente. Alguén seguro que a sabe, ou teremos que buscá-la outr@s. Saúde!

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Nov 23, 2018

    O que teriamos/tería alguén é que abrir un carreiro. Aquilo é monte e non tén por que haber camiños doados ;-)
    Grazas por comentar. Saúdos.

You can or this trail