Activity

Terras da Broa 03

Download

Trail photos

Photo ofTerras da Broa 03 Photo ofTerras da Broa 03 Photo ofTerras da Broa 03

Author

Trail stats

Distance
7.68 mi
Elevation gain
1,178 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,178 ft
Max elevation
1,894 ft
TrailRank 
32
Min elevation
1,161 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 41 minutes
Coordinates
260
Uploaded
November 21, 2020
Recorded
November 2020
Be the first to clap
Share

near Entrambosríos, Galicia (España)

Viewed 283 times, downloaded 19 times

Trail photos

Photo ofTerras da Broa 03 Photo ofTerras da Broa 03 Photo ofTerras da Broa 03

Itinerary description

Saímos da Capela do Carme en Entrambosríos para dirixirnos cara o campo da festa do mesmo pobo e coller un sendeiro que nos conducirá ata o pobo de Olás, onde atravesaremos un fermoso conxunto de hórreos recentemente restaurado. Seguidamente, colleremos a denominada “Pista de Tres Carreira” e unha vez finalizada a mesma cruzaremos a estrada de Corredoira-Corvillón para coller unha serie de camiños que nos levarán ata a fonte do pobo de Zarracós, onde subiremos en dirección ó barrio da Torre para logo xirar a esquerda polo camiño que vai a Lameiroquente. Despois de atravesar este pobo faremos un pequeno tramo por asfalto ata chegar ó pobo do Casal no que colleremos un camiño que nos levará ó Reguengo polo denominado “Camiño de Chelos”, a continuación xiraremos a esquerda para ir polo “Camiño da Fraga” e chegar directamente á “Fontela da Fraga” (un lugar cheo de maxia).

Despois continuaremos polo roteiro da Broa ata chegar a un cruce que nos levará á recentemente acondicionada Airiña da Lera, dende a que poderemos divisar unhas fantásticas vistas da Canle do Ruca e do Val do Arnoia e columpiarnos no “banban”, logo iremos ata o miradoiro, situado un pouco máis adiante, e poderemos admirar unha completa panorámica dende Forxas das Viñas ata Celanova. Despois de recrear un intre os sentidos, desfaremos os nosos pasos para baixar por un camiño que vai dende Airiña da Lera ata a Pista da Minicentral.

A continuación colleremos a estrada da Corredoira-Corvillón, para atravesar a Ponte da Lera e chegar ó pobo de Rubillós que atravesaremos para coller o curioso roteiro da Canle do Ruca que seguiremos ata o final, non sen ir facendo paradiñas para gozar da beleza do Arnoia. Unha vez rematado, desfaremos os nosos pasos ata chegar ás comportas do canal e así baixar ata as ruínas da Casa das Turbinas, dende alí iremos pola ribeira do Arnoia e chegaremos á área recreativa do “Canto de Ola”, para logo volver atravesar o río pola Ponte da Lera e coller un camiño que nos levará novamente a Entrambosríos, onde despois de pasear as súas estreitas rúas, chegaremos ó punto inicial: A Capela do Carme.

Comments

    You can or this trail