Activity

Tetir, circular por Montaña de Enmedio, Morro de la Atalaya, Morro de las Piteras, etc (Puerto del Rosario)

Download

Trail photos

Photo ofTetir, circular por Montaña de Enmedio, Morro de la Atalaya, Morro de las Piteras, etc (Puerto del Rosario) Photo ofTetir, circular por Montaña de Enmedio, Morro de la Atalaya, Morro de las Piteras, etc (Puerto del Rosario) Photo ofTetir, circular por Montaña de Enmedio, Morro de la Atalaya, Morro de las Piteras, etc (Puerto del Rosario)

Author

Trail stats

Distance
8 mi
Elevation gain
1,926 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,926 ft
Max elevation
1,826 ft
TrailRank 
51
Min elevation
400 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 56 minutes
Time
5 hours 12 minutes
Coordinates
2245
Uploaded
January 2, 2022
Recorded
January 2022
Be the first to clap
Share

near Tetir, Canarias (España)

Viewed 124 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofTetir, circular por Montaña de Enmedio, Morro de la Atalaya, Morro de las Piteras, etc (Puerto del Rosario) Photo ofTetir, circular por Montaña de Enmedio, Morro de la Atalaya, Morro de las Piteras, etc (Puerto del Rosario) Photo ofTetir, circular por Montaña de Enmedio, Morro de la Atalaya, Morro de las Piteras, etc (Puerto del Rosario)

Itinerary description

Seguindo, con modificacións, este track: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/circular-por-la-montana-de-jaifa-fuerteventura-37447667
Percorrido interesante, aínda que o modificaría bastante logo de telo feito.
Comeza a carón do restaurante Casabel, onde se pode estacionar. Ao chegar a un punto da ruta que se seguía descubrimos que os cans defenden unha granxa de res e que se trata dunha finca privada polo que decidimos variar o percorrido subindo cara a montaña. ERRO! A ascensión resulta custosa. (Logo exporei a miña proposta para facer esta camiñada máis doada e segura). Na parte alta hai unha terraza natural onde hai uns gravados rupestres dos habitantes orixinarios da illa. Dicir que se atopan nun estado penoso, cheos de pintadas e riscadas. É inaudito que estean sen protección!! Por outro lado mostran a "cultura" imperante: nesta nova xornalística vese en que consiste o "patriotismo" españolista tan en boga: https://noticiasfuerteventura.com/fuerteventura/el-gobierno-restaura-los-grabados-rupestres-de-montana-jaifa
A baixada cara a Degollada de Jaifa é afortunadamente máis doada. Logo de camiñar un treito a carón da estrada FV-225, tórcese cara o Valle de Jaifa e seguindo un camiño bastante pino, e logo carrouchos de cabra, chégase ao alto de Morro de la Atalaya dende onde se domina unha ampla panorámica todo en volta.
Seguindo polo lombo de Morro de las Piteras e Castillejo Grande, chégase ao cume de Castillejo Chico, onde hai un depósito de augas e dende onde se domina visualmente unha ampla zona da capital e da costa.
A baixada volve ser por un camiño ben ladeiroso ata que na aba se atopa outro depósito de abastecemento de auga. Aquí, por non andar a valmonte, dirixímonos cara a estrada citada e, por devasas que descorren á súa beira (e mais pola da FV-20), volvemos ao punto de comezo.
Como queda dito, a ruta vai por camiños abertos pero tamén en treitos a valmonte ou polas bermas de estradas. Tén bastante desnivel nalgúns puntos.
NON RECOMENDO seguir este trazado tal cal. SUXIRO, ou ben seguir as bermas da estrada coma na volta ata a Degollada de Jaifa e aquí facer a subida á Montaña de Enmedio (Jaifa) e volver ou, directamente comezar a ruta na derivación cara esta montaña dende a FV-225 (está indicado cun waypoint). Evitamos así pasar por onda a granxa e provocar aos cans gardiáns, así como un percorrido sen moito interese.

Waypoints

PictographCar park Altitude 748 ft
Photo ofInicio. Aparcadoiro restaurante. Photo ofInicio. Aparcadoiro restaurante. Photo ofInicio. Aparcadoiro restaurante.

Inicio. Aparcadoiro restaurante.

PictographIntersection Altitude 528 ft
Photo ofDereita Photo ofDereita

Dereita

PictographRisk Altitude 530 ft
Photo ofCans. Finca particular!! Photo ofCans. Finca particular!!

Cans. Finca particular!!

É lóxico que os cans ameacen: están facendo o seu labor.

PictographRisk Altitude 599 ft
Photo ofValmontes. NON SUBIR POR AQUÍ!

Valmontes. NON SUBIR POR AQUÍ!

Photo ofGravuras e pintadas Photo ofGravuras e pintadas Photo ofGravuras e pintadas

Gravuras e pintadas

PictographPanorama Altitude 1,083 ft
Photo ofPuerto e Llanos Photo ofPuerto e Llanos Photo ofPuerto e Llanos

Puerto e Llanos

PictographIntersection Altitude 717 ft
Photo ofDereita, estrada. POSIBLE PUNTO DE COMEZO DA RUTA.

Dereita, estrada. POSIBLE PUNTO DE COMEZO DA RUTA.

Aquí poderíase estacionar e subir/baixar á montaña de Jaifa e logo facer o resto da ruta circular.

PictographIntersection Altitude 605 ft
Photo ofEsquerda, camiño

Esquerda, camiño

PictographIntersection Altitude 744 ft
Photo ofCamiño á esquerda Photo ofCamiño á esquerda

Camiño á esquerda

PictographPanorama Altitude 885 ft
Photo ofCurro de cabras e vista cara Puerto del Rosario Photo ofCurro de cabras e vista cara Puerto del Rosario Photo ofCurro de cabras e vista cara Puerto del Rosario

Curro de cabras e vista cara Puerto del Rosario

PictographPanorama Altitude 1,336 ft
Photo ofPanorámica e subida dura Photo ofPanorámica e subida dura Photo ofPanorámica e subida dura

Panorámica e subida dura

PictographSummit Altitude 1,809 ft
Photo ofCume Morro de la Atalaya Photo ofCume Morro de la Atalaya Photo ofCume Morro de la Atalaya

Cume Morro de la Atalaya

PictographRuins Altitude 1,523 ft
Photo ofCurro Photo ofCurro Photo ofCurro

Curro

PictographPanorama Altitude 1,563 ft
Photo ofDepósito de auga Photo ofDepósito de auga Photo ofDepósito de auga

Depósito de auga

PictographIntersection Altitude 1,529 ft
Photo ofBaixada

Baixada

PictographPhoto Altitude 985 ft
Photo ofDepósito de auga 2

Depósito de auga 2

PictographIntersection Altitude 946 ft
Photo ofValmonte

Valmonte

PictographCar park Altitude 735 ft
Photo ofZona onde estacionar para comezo alternativo.

Zona onde estacionar para comezo alternativo.

Comments

    You can or this trail