Activity

TOUZON CASTRO DA TORRE

Download

Trail photos

Photo ofTOUZON CASTRO DA TORRE Photo ofTOUZON CASTRO DA TORRE Photo ofTOUZON CASTRO DA TORRE

Author

Trail stats

Distance
8.98 mi
Elevation gain
2,484 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,484 ft
Max elevation
2,556 ft
TrailRank 
32
Min elevation
1,408 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 49 minutes
Coordinates
1438
Uploaded
November 1, 2021
Recorded
October 2021
Be the first to clap
Share

near Valdomir, Galicia (España)

Viewed 40 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofTOUZON CASTRO DA TORRE Photo ofTOUZON CASTRO DA TORRE Photo ofTOUZON CASTRO DA TORRE

Itinerary description

Nos seguimos a ruta homologada no ano 2017 pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 220 de Baldomir a Castro da Torre) pero a recortamos un pouco, en vez de empezar en Baldomir, continuamos un pouco máis por pista de cemento estreita ata Touzon (ollo se fas así por ser un sitio por momentos estreito para o coche e para aparcar hai pouco sitio pero dous coches poden coller), así evitamos sobre 1800 metros en total de ida e volta e tamén eliminamos sobre 2500 metros de ir e volver a Folgoso do Courel.
A zona en que se cruza uns metros a carretera e collemos un camiño para ascender ao Castro da torre (km 6,4 do track) está moi pechado de vexetación e ten un ascenso complicado por unha rocas, pódese pasar pero estás avisado e senón queres coller ese tramos podes seguir un pouco máis pola carretera e fas ida e volta para ascender ao castro por onde nos baixamos (km 6,9 do track).

Información facilitada polo Concello de Folgoso do Courel.

No ano 2020 realizouse unha pequena modificación no trazado polo derrumbe dunha ladeira. O track e a sinalización sobre o terreo xa están modificados.

A ruta parte da poboación de Baldomir e durante o primeiro tramo atravésanse as poboacións da Pendella e O Touzón. Unha vez se chega á Ponte de Sudrios e se cruza o río Lóuzara, atopámonos a bifurcación da que parten os dous camiños que se poden empregar, sendo recomendable optar polo camiño da esquerda para a ida e volver posteriormente polo da dereita.
A partir deste punto o camiño comeza a ascender pola ladeira dereita do río Lor e poderemos desfrutar dunhas boas vistas panorámicas do profundo val. Seguiremos por este camiño ata chegar a aldea de Sobredo. Máis adiante atópase o Castro da Torre, recentemente escavado e un bo exemplo da influencia romana.
Deixado atrás o Castro da Torre o camiño descende ata o leito do río Lor, e segue o seu curso pasando por debaixo de Folgoso. Finalmente voltaremos ó tramo inicial do sendeiro para regresar a Baldomir.

Comments

    You can or this trail