Activity

Trasmiras, circular por varias aldeas da montaña.

Download

Trail photos

Photo ofTrasmiras, circular por varias aldeas da montaña. Photo ofTrasmiras, circular por varias aldeas da montaña. Photo ofTrasmiras, circular por varias aldeas da montaña.

Author

Trail stats

Distance
11.24 mi
Elevation gain
1,188 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,188 ft
Max elevation
2,691 ft
TrailRank 
51
Min elevation
2,100 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 29 minutes
Time
6 hours 45 minutes
Coordinates
3165
Uploaded
September 13, 2020
Recorded
September 2020
Be the first to clap
Share

near Trasmiras, Galicia (España)

Viewed 128 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofTrasmiras, circular por varias aldeas da montaña. Photo ofTrasmiras, circular por varias aldeas da montaña. Photo ofTrasmiras, circular por varias aldeas da montaña.

Itinerary description

Interesante ruta cun só defecto: ten moito asfalto (cuestión de opinións, claro). Comezamos no núcleo capitalino do concello, descubrindo que a parte antiga garda varios elementos da súa configuración tradicional. Sucesivamente atoparemos as aldeas de Soutelo e Chamosiños (visita á súa igrexa de Santa Baia, interesante). A partir de aquí comeza a subida cada a zona máis montañosa pasando por por Queirugás (cruceiro e aldea) ata chegar a Vilar de Lebres, unha aldea con aires de vila polo menos na cara que mira á estrada OU-1107 xa que a parte antiga está moi abandonada. En saíndo da aldea, coma a un quilómetro, atopamos unha pequena xoia románica: a Igrexa Vella, ou de San Salvador. Suponse que dos séculos XII-XII, ten poucas reformas posteriores polo que conserva a súa traza e moitos elementos orixinais: portada, xanela na cabeceira, canzorros... Dende alí continúase ata a aldeíña da Serralleira e máis tarde á de San Andrés. Por estas zonas imos vendo unha boa panorámica da Limia e a contorna: Serra do San Mamede, do Larouco... A continuación imos cara o Castelo, ese picacho que se ve pasando pola A-52 e que pola súa parte traseira é tan accesible. Aquí está a aldea do Mesmo nome.
Agora xa toca baixar cara Vila do Rei, ou Viladerrei, e seguindo a estrada voltar ao punto de comezo.
Todo o percorrido se fai por estradas, pistas ou camiños ben limpos (polo menos neste momento). En xeral é bastante descuberta, atención á días de moito sol, que pode ser desagradable! Nas aldeas adoita haber billas onde coller auga. O perfil non é matador, polo que podería ser camiñado por calquera persoa cunha mínima preparación e equipamento. Non é unha ruta marcada, polo que o uso de GPS é moi útil.
Como queda apuntado, é unha ruta moi "visual", na que poderemos gozar da arquitectura, da arte e das paisaxes.
Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/trasmiras-comarca-da-limia-ourense-ruta-por-trasmiras-19875810 aínda que con algunha variación.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,112 ft
Photo ofInicio Photo ofInicio Photo ofInicio

Inicio

Todo ao longo da travesía de Trasmiras hai onde estacionar.

PictographMonument Altitude 2,157 ft
Photo ofForno Photo ofForno Photo ofForno

Forno

PictographReligious site Altitude 2,179 ft
Photo ofCruceiro Photo ofCruceiro Photo ofCruceiro

Cruceiro

PictographReligious site Altitude 2,212 ft
Photo ofIgrexa san Xoán de Trasmiras Photo ofIgrexa san Xoán de Trasmiras

Igrexa san Xoán de Trasmiras

Parece interesante para visitar...

PictographPhoto Altitude 2,173 ft
Photo ofSoutelo

Soutelo

PictographIntersection Altitude 2,249 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 2,232 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographMonument Altitude 2,260 ft
Photo ofSanta Baia de Chamosiños. Photo ofSanta Baia de Chamosiños.

Santa Baia de Chamosiños.

PictographReligious site Altitude 2,326 ft
Photo ofIgrexa e casarío eclesial de Santa Baia Photo ofIgrexa e casarío eclesial de Santa Baia Photo ofIgrexa e casarío eclesial de Santa Baia

Igrexa e casarío eclesial de Santa Baia

PictographIntersection Altitude 2,166 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPhoto Altitude 2,181 ft
Photo ofChamusiños, ou Chamosiños. Photo ofChamusiños, ou Chamosiños.

Chamusiños, ou Chamosiños.

PictographMonument Altitude 2,203 ft
Photo ofCapela e antiga escola. Photo ofCapela e antiga escola. Photo ofCapela e antiga escola.

Capela e antiga escola.

PictographIntersection Altitude 2,333 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographReligious site Altitude 2,605 ft
Photo ofCruceiro, Queirugás Photo ofCruceiro, Queirugás Photo ofCruceiro, Queirugás

Cruceiro, Queirugás

PictographMonument Altitude 2,664 ft
Photo ofVilar de Lebres Photo ofVilar de Lebres

Vilar de Lebres

PictographMonument Altitude 2,669 ft
Photo ofPraza e igrexa Photo ofPraza e igrexa Photo ofPraza e igrexa

Praza e igrexa

PictographReligious site Altitude 2,624 ft
Photo ofIgrexa Vella de Vilar de Lebres ou de San Salvador. Photo ofIgrexa Vella de Vilar de Lebres ou de San Salvador. Photo ofIgrexa Vella de Vilar de Lebres ou de San Salvador.

Igrexa Vella de Vilar de Lebres ou de San Salvador.

Pequena igrexa de orixe románica, con engadidos posteriores, situada a un quilómetro do núcleo de Vilar de Lebres. Ten unha nave e unha ábsida cuadrangular, posuíndo un tellado a dúas augas con cuberta de tella curva. Na súa fachada, destaca unha portada decorada con motivos vexetais e de animais, así como cruces inscritas en círculos, estando coroada por unha pequena espadana. O segundo elemento máis destacable, son os canzorros que aparecen na súa ábsida, con variados motivos de animais, persoas e outras figuras. Collido de: http://patrimoniogalego.net/index.php/103539/2019/11/igrexa-de-san-salvador/

PictographMonument Altitude 2,654 ft
Photo ofA Serralleira. Photo ofA Serralleira. Photo ofA Serralleira.

A Serralleira.

PictographPanorama Altitude 2,676 ft
Photo ofSan Mamede Photo ofSan Mamede Photo ofSan Mamede

San Mamede

Co lume que leva aceso dende a véspera, no Rebordechau.

PictographIntersection Altitude 2,554 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographMonument Altitude 2,389 ft
Photo ofSanto André Photo ofSanto André Photo ofSanto André

Santo André

PictographIntersection Altitude 2,430 ft
Photo ofSeguir pola estrada. Erro.

Seguir pola estrada. Erro.

PictographFountain Altitude 2,620 ft
Photo ofO Castelo Photo ofO Castelo

O Castelo

PictographSummit Altitude 2,651 ft
Photo ofBanco

Banco

PictographReligious site Altitude 2,658 ft
Photo ofCapela Photo ofCapela Photo ofCapela

Capela

PictographSummit Altitude 2,689 ft
Photo ofVértice Photo ofVértice Photo ofVértice

Vértice

PictographIntersection Altitude 2,528 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographWaypoint Altitude 2,206 ft
Photo ofCamiño

Camiño

Todo el ben rozado.

PictographTunnel Altitude 2,172 ft
Photo ofPaso inferior

Paso inferior

PictographMonument Altitude 2,146 ft
Photo ofViladerrei Photo ofViladerrei Photo ofViladerrei

Viladerrei

PictographMonument Altitude 2,134 ft
Photo ofEscola vella Photo ofEscola vella Photo ofEscola vella

Escola vella

Comments

    You can or this trail