Activity

Travesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)

Download

Trail photos

Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa) Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa) Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)

Author

Trail stats

Distance
13.63 mi
Elevation gain
3,412 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,138 ft
Max elevation
3,980 ft
TrailRank 
32
Min elevation
1,433 ft
Trail type
One Way
Time
6 hours 57 minutes
Coordinates
2069
Uploaded
August 28, 2014
Recorded
August 2014
Be the first to clap
Share

near Sesantes, Galicia (España)

Viewed 453 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa) Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa) Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (1ª etapa)

Itinerary description

Edito en xaneiro de 2021
Esta ruta continúa con esta outra: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/travesia-do-faro-de-avion-desde-paredes-a-barciademera-2a-etapa-7669144
Conséguese así atravesar a Serra do Faro de Avión (ou de Melón) e ir dende a zona de Leiro ata a de Covelo, rematando na localidade de Barcia de Mera, ou Barciademera. En total, veñen sendo uns 42 quilómetros. Loxicamente cómpre transporte dende o fin da ruta, ou ata o comezo da mesma (dous coches ou quen transporte). Non houbo problema en deixar coches en ambos os extremos; son aldeas tranquilas e de veciñanza acolledora.
Esta primeira etapa transcorre por pistas despexadas e ten un perfil netamente de subida, mais esta é regular, sen dentes de serra. Se cadra, o treito algo máis tapado de broza é o que vai dende a área de lecer de Pena Corneira ata a estrada OU-0306. Porén, dando co sendeiro, pódese chegar doadamente ao cruce desta coa OU-212, máis ou menos.
Podemos aprovisionarnos de auga na citada área de Pena Corneira (a carón da igrexa das Lamas), nas adeas de Balde e da Serra ou no curro das Laceiras, uns tres quilómetros antes do fin da etapa. Bastante parte do percorrido vai descuberto e sen sombra por mor dos lumes que queimaron o arboredo.
A meta desta primeira etapa é o refuxio da Comunidade de Montes de Prado, onde se pode pasar a noite. Aquí hai auga e dentro ten cheminea onde se pode facer lume. Ten porta e o principal defecto é que resulta húmido en tempos de choivas porque ten filtracións por unha parte.
En querendo acurtar esta etapa, tamén se pode comezar na aldea da Serra, co que serían uns 9 quilómetros menos.
As paisaxes que se dominan no percorrido son moi interesantes. Dende o Alto do Faro chega a verse (aparece nunha das fotos) as illas Cíes e outros lugares da costa.
Igualmente o Alto do Faro é un lugar idóneo para a contemplación das estrelas. De feito, na actualidade hai instalados algúns elementos de observación astronómica.
A ruta non está marcada. Podes seguirse con mapas ou coa axuda do GPS. Tecnicamente é doada e tan só presenta algunha dureza polo desnivel.

Comments

    You can or this trail