Activity

Travesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (2a. etapa)

Download

Trail photos

Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (2a. etapa) Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (2a. etapa) Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (2a. etapa)

Author

Trail stats

Distance
13.66 mi
Elevation gain
2,972 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
5,722 ft
Max elevation
3,766 ft
TrailRank 
34
Min elevation
702 ft
Trail type
One Way
Time
7 hours 53 minutes
Coordinates
2270
Uploaded
August 29, 2014
Recorded
August 2014
Be the first to clap
Share

near Prado, Galicia (España)

Viewed 227 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (2a. etapa) Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (2a. etapa) Photo ofTravesía do Faro de Avión desde Paredes a Barciademera (2a. etapa)

Itinerary description

Edición de xaneiro de 2021
Esta ruta é continuación desta outra: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/travesia-do-faro-de-avion-desde-paredes-a-barciademera-1a-etapa-7660181 En conxunto é un percorrido entre as localidades de Paredes (Leiro) ata Barciademera (ou Barcia de Mera), no concello do Covelo.
Comeza no refuxio da Comunidade de Montes de Prado, a carón do Alto do Faro. Ao comezo descorre polas pistas dos eólicos e nun punto (Coto das Soleiras) bótase monte a través e logo por camiños veciñais ata chegar á localidade de Pardellas. A partir de aquí aproveita tanto camiños (e algún treito de estrada) coma rutas previas a carón do río Tea. No quilómetro 15 está o cámping de Maceiras onde (de funcionar) se pode facer un descanso con baño e bar. Naquela altura ningún punto do percorrido presentou grande dificultade para transitar por culpa da maleza (ollo á data de realización; pode que o mato medrase e haxa obstáculos posteriormente).
O remate está no centro da localidade mais unha vez aquí non pode deixar de visitarse a reitoral e a igrexa. Se for un día de misa é posible que o cura deixe aberto para visitar o interior da reitoral, un pazo barroco de impresionante fachada e rico interior.
Esta etapa é netamente de baixada con algunha mínima subida. É un pouco máis difícil que a primeira por ter tramos polo monte ou por sendeiros á beira do río. Nada do outro mundo para alguén con experiencia sendeirista. Neste percorrido o uso do GPS é imprescindible.
A travesía resultou unha boa experiencia dado que o tempo tamén axudou. O refuxio é un valor importante por poder pasar a noite a resgardo.

Comments

    You can or this trail