Wikiloc will stop soon for maintenance

Activity

TREKING POLO geoparque montañas do COUREL. Ruta do oso cavernario. Etapa 1A de HOSPITAL DA CONDESA A SEOANE DO COUREL

Download

Trail photos

Photo ofTREKING POLO geoparque montañas do COUREL. Ruta do oso cavernario. Etapa 1A de HOSPITAL DA CONDESA A SEOANE DO COUREL Photo ofTREKING POLO geoparque montañas do COUREL. Ruta do oso cavernario. Etapa 1A de HOSPITAL DA CONDESA A SEOANE DO COUREL Photo ofTREKING POLO geoparque montañas do COUREL. Ruta do oso cavernario. Etapa 1A de HOSPITAL DA CONDESA A SEOANE DO COUREL

Author

Trail stats

Distance
11.56 mi
Elevation gain
1,647 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,625 ft
Max elevation
4,302 ft
TrailRank 
32
Min elevation
1,849 ft
Trail type
One Way
Time
7 hours 36 minutes
Coordinates
1750
Uploaded
May 30, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Hospital, Galicia (España)

Viewed 93 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofTREKING POLO geoparque montañas do COUREL. Ruta do oso cavernario. Etapa 1A de HOSPITAL DA CONDESA A SEOANE DO COUREL Photo ofTREKING POLO geoparque montañas do COUREL. Ruta do oso cavernario. Etapa 1A de HOSPITAL DA CONDESA A SEOANE DO COUREL Photo ofTREKING POLO geoparque montañas do COUREL. Ruta do oso cavernario. Etapa 1A de HOSPITAL DA CONDESA A SEOANE DO COUREL

Itinerary description

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
RUTA DO OSO CAVERNARIO
Do Camiño de Santiago polo Lor ao Sil e volta polos vales do poñente.

Que mellor área xeográfica natural en Galicia que a Serra do Courel para facer un treking. É o único espazo natural galego coa categoría de geoparque e como tal foi recoñecido pola UNESCO no 2019. Neste geoparque deseñamos a ruta do Oso Cavernario que consta de sete etapas das que a segunda, a terceira e a metade da cuarta corresponden coa antiga Baixada do Lor, ruta que historicamente une O Cebreiro, nos altos da Serra de Rañadoiro, polo que decorre a parte de máis altitude do Camiño de Santiago ata a desembocadura do Lor no Sil en Augasmestas (Quiroga). A segunda parte da cuarta etapa e as tres últimas consisten en subir polo Courel do Poñente percorrendo en parte bacías do Loureiro e do Lóuzara, ámbolos dous afluentes do Lor. Para a primeira etapa danse dúas alternativas diferentes, a primeira que vai ao encontro do Lor por Esperante e que ten uns 4 quilometros de estrada, e a segunda por Noceda e a mina da Toca.
O nome da ruta “Oso Cavernario” ven de que o Courel foi poboado por osos dende hai moitos milenios e como proba están a cantidade de osamentas de oso cavernario atopadas nas covas do Courel, moitas sitas a vista de paxaro de onde discorre a ruta.

Etapa ORIGEN DESTINO SEGUNDO orux maps
DISTANCIA DESNIVEL + DESNIVEL -

1A por Esperante. Hospital da Condesa Seoane do Courel 18,71 km 437 m 1041 m
1B por A Toca. Hospital da Condesa Seoane do Courel 17,7 km 620 m 1224 m
2 Seoane do Courel Froxán 22,51 km 699 m 872 m
3 Froxán Conceado do Lor 18,29 km 540 m 737 m
4 Conceado de Lor Vilachá de Salvadur 16,54 km 633 m 430 m
5 Salcedo Vilamor 15,63 km 650 m 607 m
6 A Pendella Paderne 22,17 km 1180 m 693 m
7 Paderne Hospital da Condesa 21,49 km 1130 m 790 m
TOTAL 135,34 km 5269 m 5170 m

ETAPA 1 DE HOSPITAL DA CONDESA A SEOANE DO COUREL – Opción A (por Esperante).

Comezarémola ruta no camiño e Santiago, cando pasa polo desgastado cordal da Serra de Rañadoiro, xusto en Hospital da Condesa, co bule-bule dos romeiros que van a Santiago. Deixaremos de contado este balbordo de xente para comezar a baixar cara ao Courel. Nuns quilómetros atopamos a aldea de Seixo, que é berce de gaiteiros, onde aínda funciona a única panadaría do Courel, que visitaremos e que conta con pagada sona xa que vende os seus moletes de trigo galego tan lonxe como en Barcelona. A andaina segue cara abaixo ata Lousadela onde poderemos ver ao lonxe a bacía do Lor. Aquí comeza a aproximación ao Lor que decorre a bacía que está a nosa esquerda. Seguindo pola estrada teremos que rexeitar varios dos carreiros que van cara o gran río do Courel xa que indefectiblemente están pechados de vexetación, debido ao abandono das administracións do secular carreiro que o vertebraba.
Despois de albiscar as cabanas de Paparón abandonaremos a estrada nas casa dabaixo da aldea de Piñeira para cruzar por primeira vez o Lor que aquí xa é algo grandiño. Gozaremos dun merecido descanso no bonito camping de Esperante. So queda subir a traveso dun mesto bosque a aldea que leva o seu nome coa súa forte igrexa para baixar entre soutos á unha ponte nova de madeira. So queda unha última subida que nos leva á Aula da Natureza da Universidade de Santiago, adicada a estudos courelianos, xa nas aforas de Seoane. Nesta etapa cruzaremos o Lor 2 veces.

ALOXAMENTOS E DATOS DE INTERESE: En Hospital da Condesa Bar o Tear. En Seoane Casa Ferreiro (tf: 697 18 79 95) de turismo rural da pensión completa. Tamén hai o Restaurante Anduriña, outras dúas casa de turismo rural e dous supermercados.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,918 ft

Acampamento do Courel

PictographWaypoint Altitude 2,015 ft

Aula Natureza do Courel

PictographWaypoint Altitude 1,928 ft

Bar do Acampamento

PictographWaypoint Altitude 3,280 ft

Camin Ancho

18-JUN-20 12:16:19

PictographWaypoint Altitude 2,312 ft

Carretera Local E

PictographInformation point Altitude 2,589 ft

DESVIO RUTA 3

PictographWaypoint Altitude 2,020 ft

Desvío Aula Nat

PictographWaypoint Altitude 2,230 ft

Esperante

PictographWaypoint Altitude 4,123 ft

Font2

20-JUN-20 19:05:08

PictographWaypoint Altitude 3,755 ft

Foonte

20-JUN-20 17:52:38

PictographWaypoint Altitude 4,032 ft

Hospital

PictographWaypoint Altitude 4,032 ft

Hospital da Condesa

PictographWaypoint Altitude 1,960 ft

Igrexa de Esperante

PictographWaypoint Altitude 4,058 ft

O Tear bar

PictographWaypoint Altitude 3,716 ft

Panaría do Courel

PictographWaypoint Altitude 2,624 ft

PIÑEIRA

PictographFerry Altitude 1,855 ft

Ponte das Covas

PictographFerry Altitude 1,894 ft

PONTE VELLA

PictographWaypoint Altitude 3,824 ft

Seixo

Comments

    You can or this trail