Activity

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 3 de FROXAN a CONCEADO DE LOR

Download

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 3 de FROXAN a CONCEADO DE LOR Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 3 de FROXAN a CONCEADO DE LOR Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 3 de FROXAN a CONCEADO DE LOR

Author

Trail stats

Distance
11.09 mi
Elevation gain
2,448 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,084 ft
Max elevation
1,941 ft
TrailRank 
34
Min elevation
891 ft
Trail type
One Way
Time
9 hours 11 minutes
Coordinates
1688
Uploaded
May 30, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Froján, Galicia (España)

Viewed 24 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 3 de FROXAN a CONCEADO DE LOR Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 3 de FROXAN a CONCEADO DE LOR Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 3 de FROXAN a CONCEADO DE LOR

Itinerary description

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
RUTA DO OSO CAVERNARIO
DO CAMIÑO DE SANTIAGO POLO LOR AO SIL E VOLTA POLOS VALES DO POÑENTE

Que mellor área xeográfica natural en Galicia que a Serra do Courel para facer un treking. É o único espazo natural galego coa categoría de geoparque e como tal foi recoñecido pola UNESCO no 2019. Neste geoparque deseñamos a ruta do Oso Cavernario que consta de sete etapas das que a segunda, a terceira e a metade da cuarta corresponden coa antiga Baixada do Lor, ruta que historicamente une O Cebreiro, nos altos da Serra de Rañadoiro, polo que decorre a parte de máis altitude do Camiño de Santiago ata a desembocadura do Lor no Sil en Augasmestas (Quiroga). A segunda parte da cuarta etapa e as tres últimas consisten en subir polo Courel do Poñente percorrendo en parte bacías do Loureiro e do Lóuzara, ámbolos dous afluentes do Lor. Para a primeira etapa danse dúas alternativas diferentes, a primeira que vai ao encontro do Lor por Esperante e que ten uns 4 quilometros de estrada, e a segunda por Noceda e a mina da Toca.
O nome da ruta “Oso Cavernario” ven de que o Courel foi poboado por osos dende hai moitos milenios e como proba están a cantidade de osamentas de oso cavernario atopadas nas covas do Courel, moitas sitas a vista de paxaro de onde discorre a ruta.

Etapa ORIGEN DESTINO SEGUNDO orux maps
DISTANCIA DESNIVEL + DESNIVEL -
1A por Esperante Hospital da Condesa Seoane do Courel 18,71 km 437 m 1041 m
1B por A Toca Hospital da Condesa Seoane do Courel 17,7 km 620 m 1224 m
2 Seoane do Courel Froxán 22,51 km 699 m 872 m
3 Froxán Conceado do Lor 18,29 km 540 m 737 m
4 Conceado de Lor Vilachá de Salvadur 16,54 km 633 m 430 m
5 Salcedo Vilamor 15,63 km 650 m 607 m
6 A Pendella Paderne 22,17 km 1180 m 693 m
7 Paderne Hospital da Condesa 21,49 km 1130 m 790 m
TOTAL 135,34 km 5269 m 5170 m

ETAPA 3: DE FROXAN A CONCEADO DE LOR

Saímos de Froxán bebendo da fonte do Milagre antes de continuar pola marxe dereita por unha ladeira con albarizas. Entre elas, trataremos de recoñecer cal foi a reconstruída durante a rodaxe de Calleja no Courel. O río enfóuzase entre altos noiros anunciando que val do Courel está a rematar. En fronte unha ollada á derradeira aldea do Courel, a belida Castro Portela. Se cadra seremos quen de albiscar na beira contraria o furado que deixou a mina romana de Rendar. O camiño chega ao Souto de Paramedela co seu sequeiro rehabilitado pola Xunta, cruza o segundo afluente máis importante do Lor, o Loureiro, para chegar a un refuxio de pesca coa súa ponte colgante sobre o Lor. Queda unha subida por unha ampla pista que pasa polo miradoiro de Penas Altas. Xa en baixada acadamos o casarello das Laceiras onde vive un artesán que nos pode ensinar o seu pequeno museo do coiro e madeira. Alí poderíase ter posibilidade de pasar a noite en caso de necesidade se se contase con avituallamento. En todo caso pódese coller auga na súa fonte agochada nunha cova. Un estreito carreiro construído polo artesán permite baixar a empinada encosta para chegar de novo á beira do Lor. Ao pouco aparecerá un acceso ao río que nos permitirá tomar un baño nun remanso de paz. Unha nova ponte colgante e chegamos ás ruínas da Ferrería de Barxa de Lor. Máis adiante aparecen as ruínas dea aldea de Barxa, para logo na aldea da Ponte de Barxa de Lor ver a seu magnífica ponte medieval. Aquí o bacía do Lor deixa a estreitura das pasadas xornadas para conformar un amplo val. So quedan uns 2 quilómetros para chegar a Conceado do Lor, final de etapa, que nos fixemos pola estrada xeral.

Datos de Interese:
En Conceado Hostal Río Lor (Tf 650969299) ofrece aloxamento e manutención. Antes na Ponte de Barxa de Lor está o Hostal Pacita (Tf: 982430008), no que hai que preguntar antes, xa que pode estar pechado.
Nas Laceiras pódennos ofrecer durmida en caso de necesitala.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 932 ft

ANTIGO HOSTAL RIVERA

PictographWaypoint Altitude 1,455 ft

Arbores caídos

PictographWaypoint Altitude 1,587 ft

AS LACEIRAS

PictographWaypoint Altitude 1,116 ft

BAIXAR AO REFUXIO E A PONTE COLGANTE

PictographWaypoint Altitude 984 ft

Ferreria de Barxa de Lor

PictographWaypoint Altitude 1,519 ft

Fonte agochada

PictographWaypoint Altitude 1,537 ft

Fonte do Milagre

PictographWaypoint Altitude 1,475 ft

Froxán

PictographWaypoint Altitude 968 ft

HOSTAL PACITAS

PictographWaypoint Altitude 920 ft

HOSTAL RIO LOR

PictographWaypoint Altitude 1,005 ft

INICIO BARXA D

PictographWaypoint Altitude 1,451 ft

Limite concellos

PictographWaypoint Altitude 1,703 ft

Mirador sobre o Lor

PictographWaypoint Altitude 1,574 ft

Museo de artesanía

PictographWaypoint Altitude 1,236 ft

Poblado romano de Rendar

PictographWaypoint Altitude 1,001 ft

PONTE COLGANTE

PictographFerry Altitude 1,039 ft

Ponte colgante sobor do Lor

PictographWaypoint Altitude 1,045 ft

Ponte colgante sobre o Lor

PictographFerry Altitude 958 ft

Ponte Medieval de Barxa de Lor

PictographWaypoint Altitude 1,246 ft

Sequeiro de Paramedela

PictographWaypoint Altitude 987 ft

Zona de banho

Comments

    You can or this trail