Activity

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 4: De CONCEADO a AUGASMESTAS e VILACHA DE SALVADUR.

Download

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 4: De CONCEADO a AUGASMESTAS e VILACHA DE SALVADUR. Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 4: De CONCEADO a AUGASMESTAS e VILACHA DE SALVADUR. Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 4: De CONCEADO a AUGASMESTAS e VILACHA DE SALVADUR.

Author

Trail stats

Distance
10.47 mi
Elevation gain
2,887 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,834 ft
Max elevation
1,998 ft
TrailRank 
32
Min elevation
728 ft
Trail type
One Way
Time
10 hours
Coordinates
1544
Uploaded
May 30, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Quintá de Lor, Galicia (España)

Viewed 45 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 4: De CONCEADO a AUGASMESTAS e VILACHA DE SALVADUR. Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 4: De CONCEADO a AUGASMESTAS e VILACHA DE SALVADUR. Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 4: De CONCEADO a AUGASMESTAS e VILACHA DE SALVADUR.

Itinerary description

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
RUTA DO OSO CAVERNARIO
DO CAMIÑO DE SANTIAGO POLO LOR AO SIL E VOLTA POLOS VALES DO POÑENTE

Que mellor área xeográfica natural en Galicia que a Serra do Courel para facer un treking. É o único espazo natural galego coa categoría de geoparque e como tal foi recoñecido pola UNESCO no 2019. Neste geoparque deseñamos a ruta do Oso Cavernario que consta de sete etapas das que a segunda, a terceira e a metade da cuarta corresponden coa antiga Baixada do Lor, ruta que historicamente une O Cebreiro, nos altos da Serra de Rañadoiro, polo que decorre a parte de máis altitude do Camiño de Santiago ata a desembocadura do Lor no Sil en Augasmestas (Quiroga). A segunda parte da cuarta etapa e as tres últimas consisten en subir polo Courel do Poñente percorrendo en parte bacías do Loureiro e do Lóuzara, ámbolos dous afluentes do Lor. Para a primeira etapa danse dúas alternativas diferentes, a primeira que vai ao encontro do Lor por Esperante e que ten uns 4 quilometros de estrada, e a segunda por Noceda e a mina da Toca.
O nome da ruta “Oso Cavernario” ven de que o Courel foi poboado por osos dende hai moitos milenios e como proba están a cantidade de osamentas de oso cavernario atopadas nas covas do Courel, moitas sitas a vista de paxaro de onde discorre a ruta.

Etapa ORIGEN DESTINO SEGUNDO orux maps
DISTANCIA DESNIVEL + DESNIVEL -
1A por Esperante Hospital da Condesa Seoane do Courel 18,71 km 437 m 1041 m
1A por A Toca Hospital da Condesa Seoane do Courel 17,7 km 620 m 1224 m
2 Seoane do Courel Froxán 22,51 km 699 m 872 m
3 Froxán Conceado do Lor 18,29 km 540 m 737 m
4 Conceado de Lor Vilachá de Salvadur 16,54 km 633 m 430 m
5 Salcedo Vilamor 15,63 km 650 m 607 m
6 A Pendella Paderne 22,17 km 1180 m 693 m
7 Paderne Hospital da Condesa 21,49 km 1130 m 790 m
TOTAL 135,34 km 5269 m 5170 m
Saímos de Conceado comezando unha lixeira subida que nos leva a aldea de San Pedro, onde temos boas vistas do val. Cruzamos o Lor en Margaride onde hai un bar a carón da estrada xeral. Xa na aldea visitaremos as descoñecidas Covas do Medo. Algunhas das casas desta aldea aséntanse na chaira que deixou unha explotación aurífera dos romanos. No fronte da explotación hai tres covas como mostra do proceso de “ruína montiun” que empregaban para a extracción do ouro, das que unha contén un sinxelo museo etnográfico. O camiño empolícase ao enfouzarse de novo o val, regalando despois unhas vistas marabillosas do estuario que forma o Lor ao desembocar no Sil formando unha península onde se asenta o poboado de Augasmestas. Na aldea de Covas veremos unha casa tipo castelo e preto de alí comezámola derradeira baixada, cruzando logo pola última das pontes sobre o río. En total con esta haberemos pisado 2+3+3+2, ou sexa 10 pontes sobre o Lor ao longo destes 4 días. Dende a aldea de Parada, que conta con dúas casas habitadas, despedímonos do Lor e dámoslle a benvida ao Sil. Unha casa en ruínas sita nun promontorio con boas vistas. E que mellor para saudar ao Sil, senón facendo unha ruta entre os bancais milenarios no que se cultivan as cepas que lle deron merecida sona aos viños desta Ribeira Sacra. Cando xa levamos percorridos uns cantos bancais chegamos ao lugar chamado Os conventos, con restos recentemente escavados dun mosteiro. E así iremos cara as adegas medievais de Vilanova de Salvadur, as máis antigas constatadas. Eran 40 adegas, dependendo do Mosteiro de Montederramo, que foron rehabilitadas hai unhas 30 anos con fondos Feder. Alí unha emprendedora, dona da súa pequena adega Val do Frade, fará de anfitrioa, ensinándonos o lugar e a súa historia e aínda nos falará dos restos recentemente descubertos do enigmático mosteiro. Tamén nos ofrecerá unha degustación dos seus viños cunha tapa por un custe testimonial.

DATOS DE INTERESE.
En Vilachá Puri da adega Val do Frade pódenos ofrecer unha degustación (Tf: 616243250).
Iván Taxista (Tf: 6172128699 pode facer o único traslado obrigatorio de toda a ruta dende Vilachá ata Salcedo.
En Salcedo Hotel O Forno - Casa rural A Salanova ofrece aloxamento e mantenza (tf: 982430501)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,983 ft

Adega Museo

PictographWaypoint Altitude 878 ft

Bar Margaride

PictographWaypoint Altitude 1,968 ft

Bodegas de Abelaira (conjunto etnográfico)

PictographWaypoint Altitude 1,012 ft

Casa en ruínas nun saínte

PictographWaypoint Altitude 883 ft

Castillo tipo Exin

PictographWaypoint Altitude 1,150 ft

Comezo tramo con xestas

PictographWaypoint Altitude 742 ft

Complejo Turístico de Augas Mestas

PictographWaypoint Altitude 984 ft

Covas do Medo

PictographWaypoint Altitude 920 ft

HOSTAL RIO LOR

PictographWaypoint Altitude 1,082 ft

Los Conventos

PictographWaypoint Altitude -0 ft

Parada

PictographWaypoint Altitude 1,408 ft

Pista.

PictographWaypoint Altitude 958 ft

Pista4

04-ENE-20 14:20:22

PictographFerry Altitude 817 ft

Ponte do Lobaño

PictographWaypoint Altitude -0 ft

Regueiro de Trasmonte

PictographWaypoint Altitude -0 ft

Regueiro do Lobaño

PictographWaypoint Altitude 731 ft

Río Sil1

PictographWaypoint Altitude 1,116 ft

subir outra vertente aqui

PictographWaypoint Altitude 1,918 ft

Trasmonte

PictographWaypoint Altitude 1,975 ft

Vilachá de Salvadur

PictographWaypoint Altitude 890 ft

Vista adegas Vilacha

PictographWaypoint Altitude 1,077 ft

Viñedos de la Ribeira de Vilachá

Comments

    You can or this trail